Así para informar un pouco, dicir que Mourente e Dj Pezunhitas foron baixa, un por mor da febre que voltaba subir e outro por problemas de axenda que lle impediron estar con nós, moi ao noso pesar, porque estabamos moi ilusionados coa súa presenza. De todos os xeitos temos que darlle as gracias porque o traballo e a escolma musical xa a tiñan feito. Ao final picaron música Dall´aí Common Boy, Dillei SK e Dillei Sak, xa que Dj Helena tivo problemas técnicos tamén e non foi posible escoitar a súa selección (xa vedes, todo atado e requeteatado e sempre hai sorpresas de última hora) o cal tamén foi unha mágoa.
Sak ofreceunos unha sesión de música electrónica galega xenial e non se quedou atrás SK, que fixo as delicias de todos, así como Common Boy que trouxo música libre, co cal a SGAE...pensándoo mellor, para que imos falar da SGAE mal se foi ela quen, da man de Zerovacas, nos proporcionou o Libro de Visitas no que os asistentes firmaron.
E a cousa non quedou aí, posto que todo aquel que veu levou de agasallo dúas crachás, unha de cada blogue, puido comer empanada a fartar e bolachas cantas quixeran (por certo, non quedou nada de nada). Ao final da festa sorteamos uns agasallos que tiñamos preparados: 3 cd´s con música libre escollida por Common Boy, 3 cd´s de Alddao en primicia para a festa e 3 exemplares de Proxecto Identidade, do que xa falaremos máis adiante, que lle temos que adicar unhas cantas liñas máis a este proxecto que, como esta esmorga, pretendeu ser algo para todos, contando con todos e entre todos.
Rematou a festa no 14! e seguímola no Patachim para darlle o remate no Velvet.
Foi unha boa noite, ao meu ver, e eu persoalmente quero darvos as gracias a todos os que viñestes, sobre todo a aqueles que máis vos costou porque sei que moitos fixestes un esforzo (máis grande ou máis pequeno) para estar alí, á xente de corublogs que tamén nos veu facer unha visita, gracias a aqueles que máis mareamos cos preparativos, aos dilleis todos polo ben que o fixeron e polo entusiasmo que puxeron (mesmo aqueles que ao final non puideron poñer a súa música), aos nosos "patrocinadores" c´ommons baby! e Alddao, a zerovacas por ese libro de visitas tan orixinal e que lle será devolto, a todos os que participan en Proxecto Identidade, aos rapaces do 14!...que vou dicir, que me encantou ver que somos un bo grupo e que para esta e outras cousas, ao final, precisamos os uns dos outros. Moitas gracias!
Fotos da festa Beliscos do porco-Apocalipse pequena
Libro de visitas
(Isto vai sen ligazóns, xa as porei...) Ah, os que non poidestes asistir...estade atentos que hai máis!!
8 comentários:
Bravo pola rotunda festa. Mágoa non ter podido ir. Para outra será :)
Envexa, teño envexa das cousas túas, como na canción do grande Machín. Bicos from be go.
Obrigada polo convite, desculpas polos problemas técnicos e.. que nos vemos na próxima!! :)
La pase muy bien, me anoto para la proxima.
Foi un pracer coñecerte e a moita máis xente da que só tiña constancia da súa existencia pola Rede. Dende xa apúntome á seguinte!
:wq!
Roberto Brenlla
Foi unha boa noite. Quedei coas ganas de voltar por eses lares. Xa andarei atento a próximos eventos.
Saúdos.
Eu tampocuo puiden ir, pero soa fantástico. Que envexa!
Bicos... foi grande :D
Enviar um comentário