1/17/2008

Sorteo CM da Amizade Luso-Galega/Galego-Portuguesa

Lembrádesvos o Sorteio da Cultura Marinheira? A causa desta bonita iniciativa surxiu a entrevista a Rafa Villar pola publicación do seu libro "Memorias de Ahab", na nova colección Edoy Leliadoura de Sotelo Blanco, levada a cabo por O´Fartura, Homes de pedra en barcos de pau e unha servidora. Esta entrevista mereceunos ser aos tres, os blogues do día segundo A Nosa Terra.

Pois nese sorteo que levaban a cabo blogues lusos e galegos caracterizados pola súa unión co mar (que por desgracia está moi presente estes días a causa dos naufraxios) e grazas á man de Xabier Queipo, gañei un libro: A Campanha do Argus, de Allain Villiers que Joao me fará chegar. O meu agradecemento e os meus parabéns a tan bonita iniciativa.

Máis información e gañadores do sorteo:
Sorteo CM da Amizade Galego-Portugues nas Sisargas
Sorteo CM da Amizade Luso-Galega na Orfeu

E con isto lembrarvos de novo que na festa Beliscos do porco-Apocalipse pequena (correxido) tamén haberá agasallos e sorpresas relacionadas coa cultura (que a festa non se leva mal con ela), así que xa sabedes...venres 18 ás 23:00h no 14!.

O 14! xa nos está anunciando a festa, o mesmo Vieiros e algúns dos nosos dilleis.

Agardámoste!


6 comentários:

Veloso disse...

Pasádeo moi ben na festa. Brindarei por vós na distancia.
Ah, e o luns quero ver fotos no blog. Un saúdo.

joao madail veiga disse...

O teu premio já vai a caminho de A Corunha.

besbe disse...

Gracias veloso, eu polo menos brindarei por ti tamén :) Un biquiño

Joao, mil gracias, agárdoo impaciente.

torredebabel disse...

se se pode, tamen eu quero fotos, crónica e todo!!! tende piedade dos que estamos un chisquiño lonxe ;-)

Anónimo disse...

ai, que putada non poder ir!!! facede outra festaza na primavera! xD pasádeo moi ben!

Anónimo disse...

Noraboa Besbe polo libro que tes acadado no sorteo.

Eu tiñalle gañas a algun deles , pero non puido ser.

Pasadeo ben na festa e cando argalledes unha para os da terceira idade ¡EJEM! avisadesme.

Apertas mariñeiras