1/07/2008

Festa Beliscos do porco-Apocalipse pequeno

O venres 18 tedes unha cita ineludible ca noite blogomilleira.

A blogoesmorga estará unha vez mais na Coruña no pub 14!, en Orillamar na rúa San Vicente de Paul na Coruña.

Os blogues Beliscos pequenos e máis Apocalipse do porco decidiron unir as súas forzas cunha boa causa: a festaaa!

Non vai estar Pocholo, así que precisaremos de ti para que a noite estea completa. Contaremos ca música que pincharán algúns dos mellores djs da Galiza, que casualmente tamén fan parte do blogomillo e das nosas axendas de contactos e, para os que se porten ben pode que haxa algunha sorpresiña.




Para os que ainda non coñezades o 14!, probablemente sexa un dos mellores locais de Galicia, e esa noite non haberá ningunha dúbida, será o mellor.


Se liches isto xa estaś convidado, e se cho contaron, tamén.


14 comentários:

Prosciutto Mourente disse...

Já sabes, conta comigo e... coa minha irmã: a ver se vos encasqueta um apartamentinho em Perilho que o sector do tixolo anda fatal hehe

besbe disse...

Encantadísimos todos coa vosa presenza, xa o sabes :) Bicazos e vémonos!

Anónimo disse...

Hai posibilidade de levar alias, delegadas, propias, deudas, embaixadoras? Prometo credenciais (clearwater revival) seguras.

besbe disse...

A dúbida ofende arume (pero miraremos as credenciais) ;)

A rapaza do arco disse...

Música e sorpresas...mmm... haberá que ir logo, e portarse ben ;)

besbe disse...

Si, si, moitas sorpresas, que queremos que sexa unha cousa de todos e para todos :) Ímolo pasar moi ben!

Son Unha Xoaniña disse...

Pero Eu ¿porque vivirei no outro recuncho do país que nunca podo ir a esas superfestas?
Algún día vou a ir, seguro.
Unha aerta e pasadeo bem

ictioscopio disse...

si, si, todo isto está moi ben, pero.... a que carallo de hora hai que estar por alí?

O´Fartura disse...

Os boletos agraciados no Sorteo CM da Amizade Galego-Portuguesa celebrado hoxe sábado 12 de Xaneiro de 2008 na Libraría Sisargas exercendo de man inocente o noso libreiro Roberto Castro, son os seguintes:
1- Joao Quaresma- Lanchas e dornas
2- mch- O Patrimonio Marítimo de Galicia
3- Julio Quirino- O Bote Polbeiro de Bueu
4-Rute&Joao- A Odisea

Os amigos e amigas que participando nos blogues promotores de Portugal tivéchedes a sorte do voso lado, tendes que porvos en contacto cos promotores do sorteo a través de calquera dos nosos blogues, para proporcionarnos os vosos enderezos postais e procedermos ao envío por correo do libro que vos corresponde.

O pastor eléctrico disse...

Eu conto con poder ir, que ando algo descolgado ultmamente. Non puiden estar presente onte en Compostela, así que terei que desprazarme até A Coruña logo.

besbe disse...

Eu onte tampouco puiden ir, así que conto con velos o venres tamén. E xa sabes pastor, se traes compaña, benvida será :)

Pequeño Rock&Roll disse...

Pois haberá que pasarse... e atopar o local!

Anónimo disse...

Ei, alí estaremos se nada o impide...

besbe disse...

en resposta ao que preguntaba ictioscopio: 23:00 no 14!, sédenos puntuais, eh?