
O venres fomos á inauguración no MACUF de Foto [espacios] da Colección MUSAC. Chabolas caraqueñas que non difiren moito dos galpóns que hai aquí, desertos chilenos que me recordan a emereci, esceas que quedan tras guerras que son reais e non so imaxes, mulleres de paraíso, American Nights totalmente poéticas, unha praia masificada, igual a calquera outra, na que alguén nos puido ter retratado algunha vez... de todas, a que máis me gustou é esta de Nicolai Howalt da serie How to Hunt, quizais porque era a única na que aparece un animal, un esquío fuxindo do home.
Despois houbo pincho e, como dixo unha coñecida que atopei, parece que a metade da xente ven a papear. Dúas cañas e falsomovemento con evasèe e främe remataron o día.
3 comentários:
Tés razón. Esa case sombra pequena de esquío enche o cadro todo e dálle vida.
Estupenda foto. Aínda que tamén nos suxira algo de desacougo.
pufff a min a vegadas danme ganas tamen de fuxir, pero no fondo, como moitos outros supoño, sonche un medoñento. Saudos e bicos, certamente a foto é fermosa :)
Enviar um comentário