
Xogamos este domingo o III All Stars e, ao igual que o ano pasado, foi moi emocionante. Ver como este deporte xunta a tanta xente nun ambiente tan agradable é moi satisfactorio. O sorriso e os abrazos e bicos eran obrigados cando chegaron Xermán, Zidane, David, Toño, Carmiña, Calvete e toda a tribu do NorLeste.
A Conferencia NorOeste non se amilanou ante a chegada da Laranxa Mecánica e dou guerra ata o final. Todo o partido foi moi emocionante, posto que ata o último momento estando ao borde do infarto, a Conferencia NorLeste non logrou facerse coa victoria (Markitos, lembrarémoste toda a vida). Despois concurso de mates, de varados e a comer.
Teño moi bos momentos grabados do partido. A emoción de xogadores do NorLeste que confesaron que esta era a primeira vez que xogaban todos xuntos contra outro equipo sen ter que prestalles xogadores aos contrarios. O momento no que me confesaron que se me notaba a melloría dun ano para o outro, posto que no anterior All Stars "parecía que estabas matando conexos" e neste polo menos fixen dous puntos de tres. Na comida volver a ser nena con Juan Pedro, o meu pícaro preferido, e rir un anaco con Carmiña cando acordamos entre as dúas que para o ano tiñamos nós que ir xogar ao Norleste.
Agora a prepararse para o Play Off 2008 na Alameda de Compostela o 25 de maio.
E sen máis unha aperta para Zidane, máis ca nada porque o pasou algo mal na comida (que non fose nada).
Outro deporte é posivel (gracias á ilusión de todos, a Vieiros e a Novas da Galiza)
7 comentários:
Pois si, Brasil gañaranos ao futebol, pero que proben con isto se se atreven!!!
Quedoulle recado para un meme no meu blogue. Un bico.
Ei, temos unha entrevista pendente. Tería que ser mañá como moi tarde. Chámote por tlfn ao mediodía
feliz dia da mulher
feliz dia da mulher
feliz dia da mulher e perdão que nao sabia e mandei como ines eheheheheheh
Gostaríame ver ese encontro de billarda, seguro quen é tan moitísimo máis divertido co dichoso futbol.
Apertas.
Moitisima sorte :)
Enviar um comentário