3/19/2007

Billarda: outro deporte é posíbel!


E tanto que é un deporte con posibilidades esto da billarda, eu xa me enganchei. Aínda non recuperada da noite do venres pero facendo caso ao que as camisetas de e-music nos inculcan e con medo a ver que era eso da billarda, achegueime o domingo pola mañá, invitada por Sak, ao lado da CUAC.fm alá na "Pateira" bautizada así por un dos integrantes da Liga Nacional de Billarda.

Celebrábase o II All Stars da Billarda e resultou todo un éxito: o equipo do Leste conta o do Oeste, laranxas contra azuis, e fixémolos sufrir: Sak, David, Aitor, Toño, Leti, Anxo, Calve máis eu, integrantes do equipo azul do Oeste podemos estar orgullosos do traballo realizado, que non sei como demos para tanto sendo tan principiantes como eramos, non todos, pero si a maioría.

No encontro coñecín a David, rapaz a mar de feito onde os haxa, e semifinalista do concurso de mates (que non de triples) de billarda, a ilustres mandriles das ondas coma Zimmer 103 e durante a comida tivo lugar o encontro con ese gran home que fai posible A Randeeira, e cando digo gran home quédome curta. Canto da de si o blogomillo, eh?

Despois de encher ben os bandullos e tomarlle o obrigado licor café de sobremesa dirixímonos ao Patachim onde voltamos a lembrar a noite do venres no 14 con Rubén que nos agardaba detrás da barra.



Eu dende aquí non poido facer máis que darlle a miña noraboa e as gracias á xente do Varal por todo o que andan a facer con eses campionatos a través da LNB (Liga Nacional de Billarda), polo ben que se pasa con eles, pola boa xente que son e porque si, porque me da a gana e porque me meteron as ganas do corpo de xogar máis a billarda, onde tamén hai un equipo feminino, as Fanecas Bravas que animan calquera celebración en menos de nada.

E a prepararse todo o mundo que eu trouxen para casa con que entrenar, e a ver se imos pensando en montar un equipo aquí na Coruña porque hai canteira, e eso, que esto vai en serio, así que a prepararse que xa sabedes onde conseguir todo o que fai falla para xogar, so falta poñer as ganas e eu teño moitas.



O dito, todo un placer e unha marabilla de día :) e agardo que toda esa xente chegara ben a casa guiada polo conductor da guagua.



E a quen botamos de menos desta vez foi ao Gustavo Harvey, non sei que excusa tería, pero tamén lle perdoamos a ausencia.

13 comentários:

Anónimo disse...

¡carallo, non perdes unha!

Zerovacas disse...

Todo o que me perdo. Para a próxima, me secuestrades, metédesme no maleteiro dun coche e me levades á festa. Nin Josele nin nada.

Anónimo disse...

Alégrome moito que che gustase a billarda pero non fagas que me poña colorado.
Un bico e moitas grazas por ternos axudado.

besbe disse...

Así me gusta zerovacas, que vaias entrando en razón :) e que te vas poñer colorado randeeiro, se os piropos son poucos.

Encantoume a billarda e de feito teño maniotas hoxe no brazo dereito, incrible pero certo. Un bico e as gracias a vos, que sodes todos un encanto.

Anónimo disse...

Molesten as desculpas: eu xoguei algunha vez á billarda, entretido-entretido xogo, pero os paos non eran tan sofisticados, Besbe, que eses da foto parecen de marca.

ZIMMER103 disse...

un millón de chuchos para todos os palanadores e palanadores que participaron niste histórico all stars na Pateira, billarda-LNB o deporte que belisco a belisco arrinca os chantos!!

Anónimo disse...

Unha fin de semana como hai moitas que non recordo, igual é pola camisola que vestín (a da primeira foto). Ver como medra o deporte nacional non é a guinda, é un pastel en si mesmo e degustalo coa xente do Varal un luxo ao alcance de todos os que queiran repetir para o ano que ven.

A crónica, excelente, como non!! A ver se con crónicas desas, para o ano echemos riazor!!! :D

David disse...

Outro que se pon colorado... :P
Grande día, si! Estou agardando a poder montar a equipa da Coruña e xuntarnos de cando en vez, hehehe... Moi boa crónica, mañán pola tarde poñerei a miña :D.
Bicos!
PS: Entendérache que tiñas o enderezo de correo no blogue, mais non o vexo por aí... :D Vou volver mirar, que son algo despistado, e senón o atopo póñoche o meu e pasamos as fotos ;).

besbe disse...

ai de la highway 61, que estes paus levan a marca do Varal rapaz e xa te podes ir animando a xogar que como ben di Sak, este vai ser o deporte nacional e imos desbancar á Selección Galega en canto a siareiros.

Zimmer 103, nin rei das tartas nin rei do cubata: rei dos palanadores por excelencia e versiono esa tremenda frase "encántame o ruido dos paus da billarda pola mañá. O ruido, xa sabedes, ese ruido de madeira. Sona a victoria" sacado de "Billarda now".

David témosvos que facer un monumento a Aitor e a ti e nada de deixarse fichar pola Confederación Leste, eh? E si, quero fotos, fotos, fotos e agardo ler a túa crónica :) E ti tampouco te poñas colorado ho ahahahaha

Prosciutto Mourente disse...

Polo que se vê, esse 16-M reforçou os vínculos blog[omilh]eiros! Interessantes esses vídeos de bilharda. Da bilharda só sabia que era um desporto tradicional...

Anónimo disse...

Que conste que se vos ve máis ociosos que deportistas. Este sería unha boa continuación do post pro-ociosidade, dito sexa cos maiores respectos ao lexítimo dereito de pasalo ben.

Saúdos

Anónimo disse...

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2936&pIdSeccion=5&pIdNoticia=124595&rand=1174369580877

besbe disse...

Prosciutto Mourente, a próxima non tes que perdela, temos que facer cadrar as axendas :)

Larvós, o ocio está pero que moi moi ben, pero como xa dixen por aí, hoxe (martes) aínda teño maniotas no brazo de darlle ao palán, incrible! Únete a nos, home.

ois, gracias anónimo/a pola ligazón...así que impagables crónicas de euforias nocturnas...Está moi ben o artigo, cita a un montón de blogues, lereino atentamente e con detalle :)