3/17/2007

Crónica dunha festa anunciada

A festa anunciada e moi esperada por moitos (polo menos por min) foi a de e-music e botando man da sabiduría popular: pasou o día, pasou a romería. Pero que ben pasou.

Os meus momentos previos á festa paseinos traballando, co cal paso ampliamente de comentar a divertida xornada laboral ata altas horas da noite que me da que non procede. O que si procedía, unha vez ceada e lista para baixar, era chamar e localizar a xente. Ghanito, Modesto, aluguer, ictios e ascárida estaban ceando a típica comida galega que chamaremos kebab e Gustavo Harvey, Sak e os rapaces do Colectivo Oruga estaban na pizzería Roma preto do lugar do evento.



E cando cheguei ao 14 xa estaba Breogán pinchando e todos felicitando a os rapaces do proxecto-ds polo deseño dos flyers e das camisetas de e-music, a mar de chulas. E así en menos de nada o local foise ateigando de xente: os habitantes do kebab chegaron acompañados de Calidonia (vámonos de viaxe, rapaz!), chegaron tamén maria de mallou máis Lucía Aldao que andaban de celebración, Vincent Jalo e compañía, lourixe e amigos, maceirax, xente de arredemo, xente de Radio Fusión, os amigos ferroláns de Gustavo Harvey, xente que non coñecía de nada e coñecidos doutras noites coruñesas que si acudiron á chamada e foron recibidos con moita alegría.



Tocaron e sonaron xenial os rapaces de Colectivo Oruga ao tempo que se facían as proxeccións, despois Breogán seguiu pinchando, Vincent Jalo (máis majo) repartiu as chapas da sono-tone, ascárida e ghanito fixeron de fográfos oficiais coas cámaras de Modesto e de maria e foi todo un bailar, falar e non parar todos xuntos e revoltos dun lado para outro.



Ao final uns tiraron cara o Soho, outros cara o Patachim, outros cara o Puticlú, que ten uns baños vermellos e divinos a máis non poder, sendo o punto de encontro a altas horas da noite o Playa a onde chegamos poucos e por episodios, que cada un anda ao seu ritmo. Eu fun dos primeiros episodios en chegar e despois de botar un anaco perdida en compañía na pista do Playa sen localizar ao resto da xente (véxase maria, Lucía, Sak e Gustavo Harvey)e cantando eso de "Let´s make love and listen to death from above", ao final o grupo reuniuse para seguir baila que te baila. Pecháronnos o Playa, ante o cal Sak dixo a verdade da noite, que nos estaban a botar de tódolos garitos e decidimos ir a pechar outro local mítico, Soweto, que señores e señoras ten relación con Joaquín Sabina e esa canción mítica de "nos dieron las mil". E a partir de aí uns marcharon e o resto fomos a Casa Mallou a botar unhas risas.

Onte foi a ocasión que máis utilicei o móbil en toda a miña vida, se non fixen mil chamadas non fixen ningunha: ao Gustavo Harvey, a Ghanito, a mariside, a Gustavo Harvey outra vez, aos Colectivo Oruga, a Modesto, a Sak, a Sak outra vez porque non os atopaba na pista...e Calidonia quedou sen chamar porque non lle sabía o número.

É dicir, pasei toda a noite perdida entre unha morea de amigos, compañeiros e xente coñecida e fíxoseme todo tan, tan, tan corto que andaba FRUSTRADIRMA(como me acaban de dicir que confirman as fotos). Hoxe cando espertei (eu quero ser rica e non traballar) so tiña moi bos recordos da noite e unha alegría inmensa no corpo ao decatarme da boa xente que sodes e de que noites así ten que haber máis. E á xente do 14, eso, que nos vemos!



Ah, por certo: non botastes de menos a SugarKane?? Pois eso, que me dou saúdos para todos (e foron dados) por non poder asistir. Pobriño, pensaredes. De pobriño nada, que estaba disfrutando das noites de centroeuropa e por esta perdoámosche a ausencia, pero que non se volva repetir!

Estou desexando ver as fotos, porque as que quitei co móbil foron da decoración do Puticlú. Ale, ata outra.

13 comentários:

Anónimo disse...

Semella incrible que o pasara tan ben, perdendo como perdín a metade da festa.

Zerovacas disse...

Función #345: Os blogs serven para para recordarlles aos que non foron a unha festa, todo o que se perderon e o ben que o tería pasado

paideleo disse...

Logo din que esta morto o blogomillo...Esta como di a cancion: no estaba muerto, estaba de parrandaaaaa...
Un saudo.

O Breogán de Gáidil disse...

Que me poñan a esta muller de Cronista Oficial de Saraos no Reino Galiza pero XA!

lourixe disse...

Grazas, anfitriona-chambelana-cronista, por me presentar a tanta boa xente chuzeira! (Que medo me da o da reportaxe gráfica!) Até outra!

Anónimo disse...

si señorita, un placer de noite. un exceso, tamén.
bicos (dos normais,je)
lucialdao@yahoo.es

Anónimo disse...

ai pois eu me aponto esse endereço que me mola como canta a Lucia.... vou montar um ghrupaso só pra que cantes tu!

besbellita!!!! Cronista oficial, já decidido... sinto ter estado bastante ausente toda a festa, se soubesses que houvo algumha mulher que a fixem entrar no 14 coas suas amigas de lacoru e nom lhes fixem nem caso.... em fim beijos pra tod@s!

parabéns aos organizadores! hahahahahaha

Anónimo disse...

Pena me deu a mim não ter podido estar!! A ver para a próxima! Isso sim, tomei-lhe uma copa à vossa saúde ;-)

besbe disse...

Toda a razón do mundo acedre, non está morto que está de parranda.

E aos que non viñeron, véxase zerovacas (que non foi por insistir...) e o breogán, agardámolos nas próximas edicións con ansias :)

Ghanito e lourixe, dígovos o mesmo que me di o Gustavo Harvey, estiven ausente entre tanta xente e igual tampouco vos fixen caso abondo, pero alédome de que o pasarades ben que era do que se trataba,a que si?

SugarKane, nos tomamos unhas cantas máis ahahahaha e a ver para outra se non andas por aí de viaxe, que foi unha pena.

Lucía que che vou dicir, o placer foi meu, falamos.

E a todos bicos, bicasos.

mariademallou disse...

unha festasa. si señor
;)

Anónimo disse...

Si, si, cronista oficial sen dúbida!!

Alégrome de que todos os pasarades ben, excesos incluidos :D

Mil gracias aos que axudaron en toda a preparación e realización, e visto visto o blogomillo revitalízase con festas :D

Cando será a próxima??

besbe disse...

Sak, eso tesllo que preguntar á concelleira de festas que como ben dixo nesta festasa: "Eu so dixen que había que faser unha festa e a festa fíxose soa!"

Xa sabes maria, queda nas túas mans :D que do resto xa nos encargamos os demais.

neno disse...

Ola!
Son Iago do colectivooruga...alédanos que gostaras do concerto; pra nós foi unha gozada tocar na Festa(za) E-music, nun local tan guapo e sobre todo para unha xente tan guapa (en tódolos sentidos)...
seguro que cadramos noutra festa para poder coñecernos.
por certo parabéns polo teu blog, que máis alá de ser famoso,ten unhas crónicas moi, moi boas.
um abraço