4/07/2008

Aprender de Islandia

Vexo en Chuza! unha nova falando de Islandia, do que podemos aprender.

Islandia ten, segundo a Wikipedia, 313.376 habitantes e non sei cantas vogais. Galiza ten 2.772.533 e 7 vogais. O que acontece é que en Islandia é que 1 de cada 10 islandeses publicará un libro ao longo da súa vida.

Ao meu ver, temos que aprender diso: temos máis lectores potenciais e máis facilidades á hora de espallar contidos na nosa lingua.

Icelandic Literature


2 comentários:

paideleo disse...

Tamén din que son o pobo máis feliz da terra.
Benvida de novo ao blogomillo.

besbe disse...

Eu con iso dos autores quedei abraiada, e gracias pola benvida...que ando un pouco Guadiana, como xa dixen.