1. Un xersei rosa cantoso desa lá que pica, de cuello super-alto.
2. Un bolso de man de Tous que cadra máis con outra persoa calquera que comigo.
3. Outro bolso de cor rosa pau, moi chusco o bolso se non fose pola cor.
Agora que me decato, os tres regalos foron feitos pola mesma persoa e os tres son rosa. O problema é que esa persoa dame que ten un concepto de min totalmente errado e que, anque me gusta moito o rosa, non acertou nas tonalidades.
Agora ando pensando como facer frente a outra argallada que comezou cunha fotografía de oko feita por Caufield, pasou a fer, converteuse en meme cun comentario de Modesto e que ghanito acaba de seguir.
8 comentários:
Onde podo atopar a tonalidade "rosa pau"?
(Confésome un daltónico intelectual)
vaia catro, e? ;)
ops... cinco!
a ver se se anima máis xente :D
sube ao blog a cor rosa na tonalidade desexada para futuros agasallos equivocados
O rosa é unha mala, mala, mala escolla. Só válida para barras dos beizos e roupa interior (e isto último depende).
:D discrepo raíña vermella, prefíroa para roupa interior (como ben di roi buligan, na tonalidade desexada) e non para barra de beizos.
E si, a ver se subo a tonalidade desexada.
á minha filha deram-lhe de presente o dia que nasceu uma boneca de agatha ruiz de la prada, rosa pau, cabelo amarelo e corazom hiper mega refashiom metida num berce portatil verde chartreuse. se apertavas na barriga ria-se e acho que era de nós...
Enviar um comentário