8/18/2008

Megalitismo en Galiza dende Andalucía

Acaba de chegarme á casa o PH67, un boletín gratuíto monográfico do Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico, que desta vez trata do Patrimonio Megalítico na Península. A parte que lle corresponde á Galicia desenvolveuna Fernando Carrera Ramírez, da Escola Superior de Conservación Restauración Bens Culturais de Galicia. E falo disto porque non hai unha sen dúas e mesmo, ás veces, dúas sen tres.

Volve a anunciarse que a Consellería de Cultura e Deporte vai declarar BIC 48 cámaras megalíticas e supoño que seguirán as propostas que neste monográfico Fernando Carrera propón, baseadas todas elas na protección patrimonial e na limitación dos recursos destinados ao patrimonio arqueolóxico, que como el di, ata o de agora "Si nos referimos a los cuidados que merecen los ortostatos con arte prehistórico, el análisis se vuelve bochornoso: se trata de la más antigua expresión artística hoy por hoy conocida en Galicia, que desaparece poco a poco ante la apatía general". A ver se desta vai.

Ademais diso, dicir que a foto que abre a sección do megalitismo en Galiza fíxena o día que fomos visitar Dombate.




2 comentários:

A Madriña Asociados Ltd. disse...

Gran tipo Fernando Carrera, excelente y "elegante" profesional (cotilleo, la última vez que lo ví coincidimos en las rebajas de adolfo domínguez).
PD. Muy recomendable "Arqueoloxia de Galicia".Xulio Carballo. Edita Nigra-Tea (guia de rutas arquelóxico paisaxística en Galicia).
Bicos de os cavernícolas de Vigo

Zerovacas disse...

Xa remataches as vacances, rapaza?