9/14/2008

A telenovela das vieiras

"Tal vez, pensó Axel Jordache mientras trabajaba en el sótano, debería echar veneno en uno de los panecillos. En broma. Porque sí. Les estaría bien empleado. Sólo una vez; sólo una noche. A ver a quién le tocaba.

Echó un trago, directamente de la botella. Al terminar la noche, la botella estaría casi vacía. Estaba enharinado hasta los codos, y tenía harina en la cara, donde se había secado el sudor. Soy un maldito payaso, pensó, pero sin circo."

Hombre rico, hombre pobre de Irwin Shaw.

Cando lin este libro, convertido despois nunha exitosa serie, e concretamente este parágrafo, quedoume moi claro que coas cousas de comer non se xoga.



Estes días, co problema das vieiras, lembreime de novo destas liñas que tan desacougantes foran naquel momento para min. Non creo que Toñi Vicente nin o resto dos cociñeiros supostamente implicados quixesen facer coas vieiras intoxicadas a broma macabra que Axel Jordache tiña en mente cos panecillos, pero o resultado sería máis ou menos o mesmo, unha tortilla rusa de vieiras e a ver a quen lle toca o veleno.

O que si conseguiron foi o circo que Jordache non tiña, comezando por un barullo mediático desordeado e seguinto cun manifesto un tanto absurdo segundo o meu punto de vista. Eu so digo que cando un fai algo mal, agradécese o apoio dos amigos e compañeiros, pero ese apoio ten que ser coherente: aceptar que o amigo fixo algo mal, dicirlle que o fixo mal, estar con el neses malos momentos e discreción, moita discreción.

Ao que non vexo sentido é a ensalzar o mal feito, porque se non, o día que outro Jordache envelene de verdade un bolo de pan, por coherencia tamén teremos que defendelo e non nos vai gustar nada.



10 comentários:

Ghanito disse...

Coido que neste asunto todo foi moi desmedido.
Ela (e outros) fixeron mal en mercar a vieira ós furtivos, se está proibido non é por capricho, que semella que todos queremos saber sempre mais que ninguén. Ainda que hai que saber que moita xente pensa que comer esas vieiras non é perigoso.
Mais a persecución que se lle fixo pola prensa tamén foi esaxerada, se ela pensara que estaba a envelenar ós seus clientes abofé que non o faría.

A miña conclusión é semellante á túa: fixo mal, e non hai que defendela por iso, porén os medios tampouco tiñan que destruila coma se fora unha asasina.

Anónimo disse...

O que é evidente é que ela estaba a vender un producto tóxico e que por el estaba a quitar un beneficio bestial (seica as mercaba a 1 euro e vendía o plato a vintepico)
Eu xornais de papel non leo. Nos da internet tampouco vin linchamento ningún.
E o do manifesto de apoio é esperpéntico.
COmo dicía a minha avoa: non as fagas, non as temas

Trebi disse...

De acordo como ves o tema:Non se pode mexar fora da vacenilla.....
Ser amigo, non supon defendelo esperpenticamente.
Un teu lector de New York
Trebi

Zerovacas disse...

Os medios van ao que van, sempre. Pero en calquera caso, o do manifesto foi unha parvada enorme, tendo en conta os problemas reais que hai no mundo e no pais

Roi Buligan disse...

eu tampouco vin linchamento ningún...e do apoio dos amigos...espero que a inocencia da cociñeira lles de a razón, porque senón con que lexetimidade apoiaran a seguinte causa??

Anónimo disse...

Un espectáculo bastante patético, si, parece ser que según quen... ten ou non ten que ser consecuente cos seus feitos.

Anónimo disse...

Eu, ainda nom lhe vim a todos esses "intelectuais" promover algumha actividade (mesmo que só fora umha carta ao director de algum jornal), por, por exemplo, o conflito do mexilom na Arousa, por citar algum caso culinariamente relacionado.
Além disso, o que necessitará a Toñi Vicente será um avogado (seguro que já o tem) e pasta gansa para pagar-lhe (e seguro que isto também o tem).

Anónimo disse...

De entrada, subliñar que, sen dúbida, os regulamentos sobre os alimentos deben ser cumpridos, ademais de que para iso están, porque, efectivamente, estamos ante unha serei de productos que requiren dun tratamento especial.

Outra cousa é xa o do manifesto... bufff.

A min iso de asinar manifestos comeza a parecerme un síndrome. Chéirame, ademais, a que máis que “rebeldía” ou “espírito subversivo” (diso parece ser do que van) haiche neles moito máis gregarismo, algo así como hipotecar os miolos propios a beneficio dun pensamento en manada que acaba dando (polo menos a min) certo repelús.

Creo que era Elias Canetti o que dicía que a humanidade podía ser sublime, pero a masa sempre é abxecta. Dos asinantes de manifestos non di nada, pero creo que comezan a estar máis preto do segundo que do primeiro.

Anónimo disse...

Pero que lle pasa ao home ese da foto?
Se vas ver VCB, mira ver onde atopas o cartel da CNT.

Anónimo disse...

Non ho: é brincadeira. Pero pode tamén. Veña. Se o atopas, mándoche un libro sobre WA. E se non, mándasmo ti. O que ti queiras.