El dime que escriba. De calquera cousa. Pero que escriba. Eu dígolle que non teño nada que contar. Penso que levo un ano horrible e lémbrome doutro
el que di que medimos o tempo en anos e atrapamos así os sentementos desas épocas. Este ano non foi un bo ano. Véñome abaixo moi a miúdo. Continúa dicíndome que escriba, que o meu xeito de contar as cousas vai ser único. E sigo sen ter nada que contar. El insiste na frase e decátome do feito: non so é escribir, é algo máis.
Aí é onde comeza o longo proceso, tecleo, escribo e as palabras van saíndo, espallando, chegando a quen teñen que chegar.
E ninguén ten idea de canto me custa cada sms.
Despois lémbrome de
Estíbaliz e da súa
última entrada eliminada.
8 comentários:
Hai malas épocas pero teño claro que unha persoa tan alegre e extrovertida coma ti vai pasar esta racha.
Un saúdo.
Escribir é terapéutico. Sorrir aínda máis. Sen motivo? Tanto ten.
Dicía o mestre Serrat nunha vella canción: "Bienaventurados los que están en el fondo del pozo, porque a partir de ahí sólo cabe ir mejorando".
Arriba, Besbe, moito ánimo, que aínda hai sorpresas e loitas e brindes e bailes e batallas e derrotas e quen sabe se algunha mañá de sol con chocolate.
Ter a alguén que tire por unha pedíndolle que escriba xa non é pouco
quedoume pena de ir tomar algo con vós... e agora, lendo isto, muito máis. tampouco foi o meu mellor ano, pero eu sei que iso só significa que todo o que vén ten que ser mellor... mándoche un bico forte e animoso.
Ti dá-lhe à tecla que assi como hai anos maus também os haverá bons. Quando me vés fazer uma visitinha? Bicos!
Non son quen de aconsellar porque nestes últimos tempos tampouco escribo nada. E fódeme.
Mais el ten razón. Turra de ti, déixate turrar. Deixa a presión na gaveta, apousa o boli (ou o que sexa) e escribe. Para ti. E logo amósao.
Eu tentareino, agardo que ti tamén, egoistamente, porque me gusta lerte.
Un saúdo
A min gústame lela, se non escribe non me da vostede ese gusto.
Unha aperta, Besbelliña.
Enviar um comentário