12/10/2008

O home está triste, que terá o home?

Neste tempo no que non se venden coches e proliferan os ERE por canto sitio hai e nos que Ana Botella nos obsequia con cousas como que o planeta está ao servizo do ser humano porque o ser humano é o centro, vénseme á cabeza unha lenda:

"E o home estaba sentado so. Empapado ata os osos na tristura. E achegáronselle todos os animais e dixeron: Non nos gusta verte tan triste. Pídenos o que queiras e teralo.
O home dixo: Quero ter boa vista. E o voitre respostoulle: Terás a miña. O home dixo: Quero ser o máis forte. O xaguar dixo: Serás forte coma min.. Despois o home dixo: Desexo saber os segredos da Terra. A serpe respostoulle: Eu ensinareichos.
E foi así con todos os animais. Cando tivo todos os dons que lle podían dar, marchou. E o moucho díxolle aos outros animais: Agora o home sabe moito e pode facer moitas cousas. De súpeto sinto medo. O cervo dixo: Xa ten todo o que precisa. Agora a súa tristura acabará. Pero o moucho respostou: Non. Vin un buraco no home, profundo como unha fame que nunca saciará. Faino triste e fai que sempre queira máis. Seguirá tomando e tomando ata que un día o mundo diga 'Xa non existo máis e non me queda nada que dar'"

Non sei se Mel Gibson a inventou ou lla contaron, pero pensei que viña ao caso.


3 comentários:

Anónimo disse...

Curioso. Hoxe lembrei desa película noutro contexto.

A lenda si, vén moito ao caso. É certeira. Malia que quen nos dera saber todas as astucias animais para non colapsarnos a nós mesmos.

Bicas.

PD/A casilla de verificación de palabras pídeme "marne". Marne. Case Marnie, a ladroa. Podería ser un bonito personaxe...

An disse...

Non che entendo como unha persoa pode estar triste. De boa fe trato de facelo, pero non o entendo, podes estar triste cando che morre un irmán, ou cando ves unha guerra inxusta...pero, polo menos a min logo me pasa...creo que non asei estar triste, serio si pero triste....o home é egoista por natureza e a ESper, parva de collons, e perdoa o exabrupto pero é que ponme dos nervios que o máis idiota sexa sempre quen manda...por que? Saúdos e bicos a moreas

paideleo disse...

Eu penso que o home é un depredador e así nos vai.
Menos mal que non está sempre guerreando e nos descansos crea música, poesía, amor e felicidade.