Dorvisou xa fotografara algúns destes exemplares cando estiveran expostos o ano pasado en Compostela, o de Paco Lareo, o de Armindo Salgueiro e o de José A. Fondevila García que foi o que máis lle debeu gustar ao alcalde José Crespo, xa que mesmo aparece ao seu carón no folleto de presentación.

Ao meu ver non é a mellor fotografía para un alcalde, pero é entroido e todo vale.
4 comentários:
Onte estiven a piques de pasar por lalin...pero como xa fun o sabado pasado optei por outro sitio...teño ganas de ver a porcosición (gosto máis deste nome que do que ten...perdon) saúdos e apertas
Pobre porco... de pe e sin paxarela. Menos mal que lle puxeron o micro diante ;)
Parece o porco risquiano a piques de consumar a súa visibilidade.
Paréceme xenial, eu mesmo son coleccionista de Art Toys e teño un amigo que tamén os colecciona e está entusiasmado inda que vexo duas pegas:
A primeira é que me parece un pouco fora de lugar que se algúns deses porcos os convertiran en vaia publicitarias cando se supón que se trata dun movemento artístico.
E a segunda é que a xente é un pouco brutiña, está ben que se trata de "arte de preto" pero ver como os pais axudan aos seus fillos a montarse nos porcos paréceme cando menos irrespetuoso.
Enviar um comentário