Facebook. Ademais de engadir a coñecidos e descoñecidos como amigos, ás veces fago tests. É sabido que no seu día facía os da Cosmopolitan por ver de ser unha muller ata que me decatei de que, por ser muller, a Cosmopolitan so me ofrecía tests. Hoxe ía facer un, pero a primeira pregunta era Cal é a túa cor favorita?: vermello, negro, verde, amarelo, gris, azul, branco, rosa, violeta, celeste (por que non puxeron o laranxa). Foi unha mágoa que non puxesen a resposta válida: depende. Non conseguín seguir adiante. Era para saber en que serie de televisión me darían un papel protagonista.
Si fixen un que me dicía a que personaxe de Lost me parecía máis (cal é a miña cor preferida? Gústame o vermello e o negro e o verde para vestir) e estes días ando rematando a 5ª tempada. Parecíame unha vergoña non ter aínda acabado de ver a serie(no seu día o azul gustoume moito, o celeste estaría nas últimas posicións e o violeta nas primeiras) ata que un amigo me dixo que so vira a 1ª tempada e xa non me sentín tan rara. A primeira serie que me enganchou foi Al salir de clase. Por vela teño latado a aulas sendo xa "universitaria" (por aquel entón vestía moito de gris: lembro unha chaqueta gris, un xersei gris, moitas saias de gris e botas con remaches metálicos tamén; ata que me gustou un xersei amarelo dunha compañeira de piso e comecei a ver a luz).
Saiume Sawyer. Sawyer pode ser detestable (gústame o rosa, moito), ou non. A Sawyer véxoo moito lendo e fun mirar a ver se a alguén se lle ocorrera facer unha lista cos libros que saen en Lost e claro que se lle ocorreu a alguén.
Comecei co facebook e alí, nunha conversa, falouse do aposto que era Bioy Casares e por curiosidade merquei La invención de Morel (de pequena facía trampas, escollía o xeral para conseguir o concreto, seguro que diría que o branco é a miña cor favorita por iso de poder pintar despois por riba a cor que me dese a gana), sorprendinme logo ao ver que era un dos libros que Sawyer andaba lendo.
Non sei cal é a miña cor favorita.
Obras literarias que aparecen en Lost
4 comentários:
Eu tampouco sei cal é. Igual é que teño demasiadas...
Sawyer non é mal tipo, a fin de contas, só un pouco gilipollas ás veces.
Eu querería ser Locke, mais seguro que se fago o test ese tócame algún repelente, coma o pai de Walt (Waaaaaalt!) ou calquera outro pringao...
Pa'que dighan que o facebook non vale para nada.
A miña cor favorita varia segundo moitas cousaas, o rosa , o vermello, o bioleeta...pode ser calqueira,...se non queres ver todo perdidos podoche escarallar todo dicindote o final difinitivo...non mo invento...seino. Bicos a moreas.
Curiosas coincidencias!
Abrazos.
Enviar um comentário