12/30/2006

Cea de nadal: a gran fartanza


Ghanito, o noso seleccionador, xa fixo a súa crónica sobre o once inicial e as xogadas maxistrais da noite. Fómonos atopando todos, primeiro Moinante mais eu para dirixirnos a agardar xunto con fer, que fixo a súa labor de ceibador de libros, á expedición compostelana formada por xorna, Snob, Modesto e postscriptum. Ascárida xa estaba alí e Pawley acompañounos logo da chegada de ghanito e mourullo ata o Rodicio onde estaba Arduina toda preocupada pensando que chegaba tarde.

No Rodicio comemos a fartar e menos mal, porque a noite prometía. Ifrit non sabes o que te perdeches e sabes que te queremos (e o mesmo lle digo a ictios, a dorfun, a Calidonia, a shs, a Berto, a orsinia, a nemtele, a opaco, a oko...a todos !).

O conto é que comemos moito, cumplimos bastante ben o plan que había, temos fichado ao mozo de Arduina, fer e xorna foron tomar o aire nun momento dado da noite e o resto quedamos no Desquite bailando en plan destroy e como xa era 30 de decembro cumplimos moi ben o tema este das apertas gratis: fregámonos canto quixemos, con moito amor, con moito cariño, con moito alcol, con nocturnidade e con alevosía.


Fala ghanito da versión do himno, nazón de Gatocán e teño que dicir que a versión reggaeton nazón de Breogán-Yasuri Yamileth xa a tiñan nas súas mans Sak e Gustavo Harvey a noite anterior.

Eu tamén retirei pronto que estaba que non me tiña, e quedaron Moinante (de veras que o sinto, pero xa quedaremos outra vez), Modesto, mourullo, Snob (que home, que lombo, que todo...o mundo vese doutro xeito encima de ti!), ascárida e postscriptum.

Hoxe estou coa voz crebada pero da igual, a gorxa desfeita, vou enfermar, non vou chegar a anonovo: preciso glucosa en vena.




Foi unha noite para non esquecer e anque as fotos non se corresponden coa realidade, que máis terá!!!

12/29/2006

Post ás presas, comunicado e apertas de gratis


Que no, que a nena non vai vir ao mundo desta vez, que vai quedar para outra, e agora, resacosa e sen durmir, síntome mala persoa como ben di Fer. Síntollo moito, que máis quixera eu que aumentase a natalidade na Galiza, pero vai ser que non (solidarízome cos inocentes porque eu normalmente creo todo o que me contan e síntoo moito).


Que o partido psé, pero paseino moi ben anque chegaramos algo tarde. O resto da noite doume para ver as novas bandeiras do paseo marítimo da Coruña, para perder a cámara de fotos na noite coruñesa sen menoscabo do bo humor, para falar largo e tendido de endogamias e lercheos varios e, creo, para facer moi boas amistades e para dar un lote de apertas ao longo de toda a noite... Ah, e eso de ter 23 anos mola moito :)
En definitiva, unha noite para a lembranza, a todos os que a compartistes, un bico, sodes os mellores!
E súmome ao chamamento de Arduina se me dou erguido se ao final hai cea. Sei dun que podía pasarse por alí, que xa sabe que me ía facer moita ilusión, que o outro día me quitou o sono e, como dixo el, "será que non tes outras preocupacións" para rematar pensando nel esa noite. Vente!. Apertas, apertas, apertas e de balde, que máis se pode pedir!!!

12/28/2006

O que tiña que pasar, pasou

Xa falara do tema aquí, e daquela non andaba eu moi convencida, pero ao final, se buscas...atopas. E ao final chegou a hora, creo que a nena cando veña ao mundo chorará o himno galego de tantas veces que o escoitou estes días, non sei se aflamencado, en versión pop ou en plan siareiro galego nun partido da selección. Nin música de Mozart nin nada, terruño puro e duro.

De tódolos xeitos, ha de ser unha nena que fale en galego. Un bico a todos que estou moi contenta e hoxe vémonos nos partido!!!

12/24/2006

Noiteboa



Agardo que a mesa desta noite teña mellor pinta ca esta, que tampouco está mal de todo se a ten parecida. Foi na festa de La Fonográfica General, que estivo moi ben, o resto da noite na compañía de Gustavo Harvey e amigos estivo xenial: Ferrol me mata!!

E sen máis, boa noiteboa a todos!!

12/22/2006

Solsticio de inverno

Howard Stern este ano descubriulle o Sybian a Jenna Jameson, a Carmen Electra e a Valentina Vaungh. Pero a min sígueme gustando máis Kylie e a súa vestimenta.



Tamén hai versión para home e chámase Venus 2000... Pois eso, feliz solsticio e a ver se entre todos conseguimos a paz mundial.

Sobre a lotería...igual me toca.

12/21/2006

Avaliando a vida

This Is My Life, Rated
Life:
8
Mind:
8
Body:
7.2
Spirit:
7.7
Friends/Family:
4.3
Love:
7.7
Finance:
8.7
Take the Rate My Life Quiz



É o que ten ser algo exhibicionista despois de facer cuestionarios ao tuntún (a Cosmopolitan era do que non había, todo hai que dicilo). Claro está que as tandas de preguntiñas estas nunca che descubren nada novo e o único que me fastidia neste caso é ese 4.3 tan feo no tema "amigos e familia", pero son moi desconfiada e sempre tendo a pensar que a xente pasa abondo de min, que hai moita falsedá no mundo, actitudes chaqueteras por aí y como te digo esto, te digo lo otro...e non, non son unha autista de la vida, nin tiven unha terrible infancia, nin me zoupaban de pequena, pero nestas datas tan entrañables non da gusto ningún un 4.3.

De feito os resultados indicanme moi amablemente que consolide a miña rede social reafirmando vellos contactos, que busque novas amizades que me proporcionen a recompensa que preciso e que probe a usar MeetUp.com para atopar xente preto de min que comparta os mesmos intereses. Eu diríalles que a ver como non teñen en conta chuza! e toda a rede de blogs galegos para o tema das relacións sociais (que porcier, hai cea chuza-blogomilleira)

Outra recomenda que me fan é que considere unirme á comunidade 4thKingdom.com. Andaremos e veremos.

E véñenme outros dous test á cabeza que xa moitos coñecen: The Dating Persona Test (/me) e o Estudio sobre conducta e preferencias sexuais dos usuarios de internet en España (o "premio" do 5 non o levou ninguén aínda, bicos seven guos mai namber)

This is my life, rated visto en moderno de merda (que ghuapo, ghuapo non é, pero ten un pelaso)

12/18/2006

Vai de cómics: Snob, Alberto García Ariza e Alita news

Snob, Megalove neurótico e aficionado aos comics, Alberto García Ariza (turuto) ilustrador e amigo do noso ghanito e os responsables de Alita news respostan hoxe a outra quenda de preguntas:

Antes de falar de cómics , temos que falar das historietas e dos tebeos, que era o que liades de pequenos?

Snob: Eu era superfan de Asterix, cando aínda non sabía nin escribir trababa as cubertas da miña colección para marcalos como meus. Tamén dos clásicos do comic humorístico español: Superlopez, Mortadelo y Filemón, o Anacleto de Vázquez... Devoraba volumes de Super Humor, canta revista caese nas miñas mans, saldos retapados, reliquias dos 70 e 80 rescatadas dalgún desván. De cando en vez atopaba un Cimoc ou El Jueves, inzado de tetazas e referencias crípticas para a miña mente prepúber, que me provocaban extrañas e adictivas sensacións. E xa nunca me puiden quitar o vicio do corpo.

Alberto García: Yo creo que menos escritos de ensayo, leía de todo. Aunque lo que más me gustaba eran los tebeos, sin duda.

Alita news: Copito, Esther, Batman, Thor, Astérix, Tintín, Lucky Luke, Mortadelo, Zipi yZape.

Cómic ou banda deseñada, que nome escolledes?

Snob: Comic, banda deseñada é un palabro supergallego e francófilo, dúas das peores cousas que se pode ser neste mundo.

AG: Si me das a escoger, prefiero llamarles comics o tebeos. Lo de banda deseñada, además de no gustarme nada, me parece un mal remedio a evitar llamarlos con una palabra inglesa. Banda deseñada viene del francés bande dessinee que significa tira dibujada, y dibujar en gallego es debuxar, no deseñar, que se refiere al diseño. Con lo que me parece una diferenciación un tanto forzada.

AN: Nos gusta más cómic, pero banda deseñada está bien. Nos gustan "historieta"y "tebeos". Y fumetti, y bande desinée, da lo mismo.

O comic está plagado de personaxes (Mafalda, Lara Croft, Spiderman, Superlopez, Esther, Gardfield, Naruto, Lobezno) de todos e todas cantos hai cales son os vosos favoritos?

Snob:
Mafalda? Lara Croft??? Spider Jerusalem is the name, bitch!

AG: Cuando era un chaval sí que me fijaba mucho en los personajes, pero a medida que se va madurando te fijas más en los autores, y es difícil no ver al autor en el personaje. No sé, supongo que me podría quedar con Calvin.

AN: Esta es difícil. Algunos nombres que surgen: Alfred Pennyworth. Garfield.Phoncible Bone. Barbarella. Mazinger Z. Hopey y Maggie. Elektra. Carlitos. Hellboy. Y por supuesto ¡Alita!

Un debuxante que vos guste especialmente.

Snob: Éme imposible escoller só un, cando son moreas os nomes que me veñen á cabeza, e por riba pareceríame moi inxusto non poñer ao mesmo nivel a figura do guionista.

AG: Muchos. Me encanta desde Steve Rude(Nexus) a Jose Luis Munuera (Navis), pasando por Franquín (Spirou), Jeff Smith (Bone) Jaime Hernández (Locas) Cyril Pedrosa (Shaolin Musaka que solo me gusta a mí) ... creo que me pasé.

AN: Lo que hace ahora Maitena.

Unha novela gráfica imprescindible.

Snob: Palabra cool cun significado moi vago... Supoño que aquí cabe Predicador, de Garth Ennis e Steve Dillon.

AG: Bone (Jeff Smith)

AN: Vuelan los trastos... Veamos: La tragedia de P. No... V de Vendetta. O... Batman: Return of the Dark Knight. O El cometa de Cartago. La linea de fuego. De varios volúmenes: Adolf. Akira. Calvin y Hobbes.

Moitas historietas foron adaptadas ao cine, a mellor e a peor adaptación que lembredes.

Snob: Sin City paréceme mellor película que comic. E como a peor, sen remexer na lama das adaptacións oitenteiras de baixo presuposto, escollería Constantine. Porque se hai algo que define ao protagonista do comic é a súa britanicidade, e se hai algo menos británico que os dentes limpos, ese é Keanu Reeves.

AG: Es difícil elegir la peor, últimamente se hacen muchos méritos: Elektra o Daredevil son buenos ejemplos.
De la mejor quizás me quede con la peli de Superman de 1978 o el coloquialmente conocido Batman de la Gallega.

AN: No la peor, pero sí un chasco tremendo, V de Vendetta. Alguna vocecita ahogada decía La liga de los extraordinarios caballeros, pero la hemos hecho callar. La mejor adaptación, American Splendor. Aunque alguna vocecita ahogada dice"Sin City", que tiene su gracia.

Da banda deseñada en Galicia a quen e que obras destacariades?

Snob: Impresiones de la Isla, de Portela e Iglesias, é algo bastante bonito de ver.

AG: Hay muchos y muy buenos autores gallegos, Miguel Robledo, David Rubín, Victor Rivas, Kiko da Silva, Jacobo y Norberto Fernández, y obviamente Miguelanxo Prado.
De obras recomiento sin dudar "Trazo de Tiza" de Prado, y "Vilaberzas" de Robledo.

AN: Hay que barrer para casa. Manel Cráneo, Miguelanxo Prado, Alberto Vázquez,David Rubín, Kike Benlloch, Jano...

Unha recomenda para nenos pequenos.

Snob: Groo El Errante, ou calquera outra obra de Sergio Aragonés é unha delicia para todas as idades. Pero calquera neno o vai pasar moito mellor cun vello comic de Lobo, co Wanted de Mark Millar ou con alguna porcarida de Manara. A ver se imos pensar que son moi diferentes a nós.

AG: "Vilaberzas" y "Bone"

AN: Titeuf, es graciosísimo.

Unha para os máis grandes.

Snob: Calquera obriña de manga gafapasta de Jiro Taniguchi faraos sentir aínda máis grandes de espíritu.

AG: "Bone", "Calvin y Hobbes", "Peter Pan" de Loisel

AN: La abeja reina... ¡Qué calores!

Arredor do cómic surxe un mercado incrible, as adaptacións ao cine e toda clase de obxectos promocionais relacionados. Que boneco/a, ou obxecto, relacionado co comic é o que máis vos gusta?

Snob: Que teña a man por aquí... a figuriña de Superman: Red Son, o bobblehead de Alfred E. Neuman, unha Arale de Norimaki supercurriña, a bonequiña da Morte de Sandman que non saco da caixa porque lle cae o pelo...

AG: Nunca he comprado nada de ese tipo de merchandising. Bueno, ahora que lo pienso tengo un par de tazas de Star Wars que uso de lapiceros.

AN: Los bolsitos de Emily Strange.

E seguindo co relacionado co cómic, que opinades sobre o furry fandon e o cosplay?

Snob: Por máis que lle dou voltas non atopo a relación entre ler comics e bater puñetas pensando en animais antropomórficos. O cosplay ven sendo coma o tunning dos friquis, non só nin especialmente dos que len comics. Y es de enfermos.

AG: No sé lo que es.

AN: ¡Que el mundo no puede estar sin ellos, por supuesto! ¿Qué es esto? ¿Una preguntra trampa?

E sobre o manga opinades…

Snob: Un estilo, ou un mundo de estilos, máis. Unha boa parte da miña dieta comiqueira. Unha afición que ocupa moito espazo. Por desgracia, un ghetto para moitos dos seus críticos e moitos dos seus fans. Case sempre, o equivalente comiqueiro da comida basura. E que ben sabe.

AG: Hay algunas obras muy buenas, pero soy incapaz de leerlos porque están al revés.

AN: Otra pregunta trampa, ¿no? El manga es lo mejor que le ha pasado al cómic en las últimas décadas: Toriyama, Tezuka, Otomo...

Catro cómics que regalariades este nadal para despois pedir prestados?

Snob: Facer iso é de pobres.

AG: Los frikis acabaríamos comprandolos. Si nos gusta algun comic, tenemos que tenerlo. De lo que se deduce que los comics que regalamos, si no los tenemos es que no nos gustan lo suficiente. De hecho estas navidades voy a regalar el libro "La física de los superheroes", y supongo que lo pediré prestado.

AN: Por ejemplo estos cuatro: Louis Riel, Saigón/Hanoi, 20th Century Boys y Las luces del Amalou.

E para os que queiran ir a revolver, unha librería de referencia na vosa cidade.

Snob: A Gata Tola en Santiago de Compostela.

AG: Sin dudarlo, apunten: BD. Banda Deseñada, r/ Cataluña, 27 Vigo, 36.206 Tlf. 986 129571. Y no me dan comisión.

AN: Alita Comics en la Ronda de Nelle o Alita Comics en la calle del Orzán,tanto monta, monta tanto.

Moitas gracias polo voso tempo, e se hai algo máis que dicir…a escribir.

Alberto García (turutu): Nada más. Muchas gracias a tí por acordarte de mí, y Feliz Navidad a todos y todas.

Alita News: Que ninguna lectura puede superar a los mejores cómics del mundo. Saludos cordiales.



12/13/2006

E ti, es ghuapo/a?


Que che saque alguén unha foto mentres ti pos os índices a altura dos buracos das orellas e colocas a cabeza de xeito que a parte baixa dos teus iris coincida e estea aliñada coa liña imaxinaria que une o borde superior dos teus índices. Boca pecha, cara relaxada... e despois a comparar. O tamaño ideal da foto:18x13 cm ou 20x26 cm.




Canto máis encaixen os nosos rasgos nos trazos das máscaras, máis nos achegamos ao suposto ideal de beleza.



E por bonito, a lotería debería caer no número 1.618, o número Phi ou número áureo, que seica é o que define as proporcións que dan beleza a tódalas cousas.

O que non se mide con isto é a beleza interior, non? Pero esa ben se ve, penso eu.

Ligazóns:

Marquardt Beauty Analisys

Golden number

Fibonnacci numbers and the golden section

Fibonacci numbers in nature

Los trucos de Fibonacci: matemáticas recreativas

Número áureo - Golden ratio

12/10/2006

Cine a barullo: ifrit, Pawley, Kabukiman e Supernena


Ifrit, Pol, Yann Breoc, Diefer Casan, Don Vitto, Godzilla sama, O Druida, Giménez Espantos e Fagot que deixa o seu bló A peli do día (http://apelidodia.bitacoras.com ) para unirse ó lado oscuro, son os galegos de Cinema Friki onde, como eles mesmos din, preséntannos todo o relacionado co cine de aventuras, acción, fantástico, ciencia ficción, terror, medo, ultraviolencia, chineses, HK, anime, serie B, serie Z, clásicos, series…

Ifrit, Pol, Yann Breoc, Diefer Casan, Don Vitto, Godzilla sama, O Druida, Giménez Espantos i Fagot i que deixa el seu blog A peli do dia (http://apelidodia.bitacoras.com) per unir-se al costat fosc, son els gallecs de Cinema Friki on, com els mateixos diuen, ens presenten tot allò relacionat amb el cinema d'aventures, acció, fantàstic, ciència ficció, terror, por, ultraviolència, xineses, HK, anime, sèrie B, sèrie Z, classics, sèries ...

Por outra banda en días estranhos, "o diario dun enfermo rencoroso de cinefilia que debería estar na túa lista negra, no caso de tela", está Martin Pawley colaborador no programa Extrarradio e que sempre nos ilustra coa súa opinión. Martin Pawley e ifrit participaron en xullo nunha mesa redonda no CGAI en xullo no ciclo MUTACI(O)NES: Novas perspectivas do cine contemporáneo.

Per altra banda en días estranhos, "al seu diari d'un malalt rencorós de cinefilia que hauria de ser a la teva llista negra en cas de tenir-la", es troba Martin Pawley, col·laborador al programa Extrarradio i que sempre ens il·lustra amb la seva opinió. Martin Pawley i Ifrit van participar al juliol a una taula rodona al CGAI dins el cicle MUTACI(O)NES: Noves prespectives al cinema contemporani.

Para que non se diga que todo é endogámico tamén temos, vidos de oriente, a Kabukiman e a Supernena, como representantes de Cinemafriki.bloc.cat, un blog de cine que tenta aportar o seu gran de area dando a súa opinión sobre o mundo do terror, o fantástico, os superheroes e calquera boa ou mala película que se lles poña por diante.

Perque no es digui que tot és endogàmic també tenim, vinguts d'orient, a en Kabukiman i la Supernena de Cinemafriki.bloc.cat, un blog de cinema que intenta aportar el seu granet de sorra donant la seva opinió sobre el món del terror, el fantàstic, els superherois i qualsevol pel·lícula, bona o dolenta, que se'ls posi per davant.

Ifrit, que é unha reseña?

ifrit: Unha reseña son un par de líneas ou de ideas sobre unha película coa que se pretende facer un pequeno resumo e invitar ó lector a vela ou non. Decir que a maioría das veces nosoutros non facemos nin reseñas nin críticas (inda que así as chamemos) senon simple opinión sen outro criterio máis que o que nos gusta ou non.

Pawley, que é unha crítica?

Martin Pawley: Iso quixera saber eu! Chamámoslle crítica a calquera artigo no que se expresan opinións máis ou menos argumentadas sobre un filme, e nese caixón de xastre entra todo, desde os textos telegráficos acompañados dun certo número de estreliñas que sacan os xornais, até os artigos de moito peso das publicacións especializadas. Supoño que unha crítica debe servir de referencia para o lector/espectador, que poderá fiarse ou non do que dicimos, pero que ten que acabar sabendo despois de ler o texto se a película é recomendábel ou non. Outra cousa é facer unha análise, digamos: un pode comentar e destripar calquera película polo miúdo, á marxe de que dispoña ou non de valores cinematográficos; pero o obxectivo final de toda crítica é dar pistas, dicirlle á xente "vai ver isto que está nesta sala" ou "non perdas tempo e cartos vendo ese bodrio". Penso que por moito que algúns pretendan obxectivizar os seus criterios, no fondo non deixa de ser unha cuestión de gusto persoal. Refinado, se queres, e tratando de evitar certos vicios e inercias, pero gusto ao fin e ao cabo.

A todos nos gusta ver bos filmes pero, vendo a cantidade de anotacións adicadas ao tema non me queda outra que preguntar cantas horas da vosa vida adicades ao cine.

ifrit: Moitísimas menos das que querería e incluso moitas menos das que debería.

MP: Calculo eu que verei unhas dez películas cada semana. De media soio ir unha vez á semana aos cines "comerciais", e tres ou catro veces (depende da temporada, ás veces máis e ás veces menos) ás proxeccións do CGAI ou do Fórum Metropolitano na Coruña. Logo está o que vexo na casa, claro. Nun festival as cifras soben, claro; os tres anos que levo indo ao de Donostia mantívenme nunha media de catro películas diarias, e o mesmo hai pouco no de Xixón. Catro ao día non é difícil de levar, aínda que no meu caso confeso que a acumulación de títulos acaba volvéndome algo máis cruel do que xa é habitual.

Kabukiman: No tantas como me gustaría. No tengo tiempo de ir al cine todo lo que quisiera, y me sabe mal ver como las películas desaparecen de la cartelera tan rápido. Me mantengo informado a través de revistas y webs especializadas.

Supernena: Suelo ir al cine una vez por semana, pero en casa, en lugar de ver la televisión, vemos películas o series en DVD.

Cal foi o primeiro filme que fostes ver ao cine?

ifrit: "A Guerra das Galaxias. Episodio V. O imperio contraataca". Menuda dor de cabeza...

MP: No catálogo da exposición Erice-Kiarostami que montou o CCCB de Barcelona e a Casa Encendida de Madrid hai un artigo de Miguel Marías que comeza dicindo " Es raro, al menos entre los verdaderos aficionados, que uno olvide la primera vez que fue al cine: no sólo recuerda, por muchos años que lleve sin contemplarla de nuevo, la primera película que vio, sino el lugar exacto y las circunstancias precisas que rodearon esa experiencia inaugural, siempre determinante, en algunhos casos decisiva ". Pois ben, eu debo ser un deses raros afeccionados, porque non teño recordo preciso de cal foi a primeira vez que fun ao cine. Sospeito -pero é máis unha estimación que outra cousa- que debeu ser unha das moitas reposicións de "Brancaneves e os sete ananiños" no desaparecido Cine Avenida da Coruña.

KM: Tengo un vago recuerdo de ir a ver “La guerra de las Galaxias” cuando se estrenó, pero eso sería el año 78, y sólo tenía 4 años, por lo que no estoy muy seguro…

SN: El libro de la Selva. Ahí descubrí que los musicales no eran de mi agrado (exceptuando Moulin Rouge)…

E o último?

ifrit: Acabo de chegar de ver en Cineuropa "Shortbus", un filme que hai que ir sen estar avisado para que sexa realmente eficaz. Sen dúbida recomendoo, en especial ós fans de Yo La Tengo. (Se me preguntaras onte diría Babe. O porquiño valente)

MP: En salas comerciais, "El camino de los ingleses", o pretencioso espanto dirixido por Antonio Banderas e pavorosamente escrito por Antonio Soler. No CGAI, hai unhas poucas horas, "Salmo vermello", de Miklós Jancsó, a primeira entrega do ciclo "Novos Cinemas do Leste".

KM: En cines, "Borat" (por segunda vez). Una experiencia irrepetible (porque pagar tres veces sería una tontería).

SN: "El perfume". Hay que estar al día de las novedades en asesinos en serie.

As redes p2p facilítannos o acceso a algúns filmes que non se estrean nas grandes salas ou aos que rara vez temos acceso mediante os medios de distribución convencional, que opinades sobre iso?

ifrit: Actualmente as redes para compartir arquivos son as mellores amigas tanto para cinéfilos como para cinéfagos. Podes estar ó tanto das últimas novidades e ó mesmo tempo recuperar clásicos, e o gasto é mínimo. Doutra forma este sería un vicio extremadamente caro.

MP: Opino que os usuarios das redes P2P merecen o Premio Príncipe de Asturias á Cooperación Internacional, como mínimo. As redes P2P permítennos ter acceso a filmes que doutro xeito non chegariamos a coñecer, porque mercar DVDs no estranxeiro non é algo que estea ao alcance de todo o mundo e porque ás veces nesas redes atópanse obras que nin sequera están editadas comercialmente, grazas á xenerosidade de usuarios que dedican tempo e esforzo a convertir en ficheiros "avi" as súas gravacións televisivas de filmes de Glauber Rocha ou de Jean Marie Straub e Danielle Huillet. "No quarto da Vanda", do imprescindíbel Pedro Costa, non foi editada en DVD en Portugal (de España xa nin falamos), e porén está disponíbel no eMule. Hoxe ademais hai un tipo de cinema cuxa viabilidade non depende da súa explotación convencional en salas e para o cal as redes P2P acaban sendo unha táboa de salvación, pola súa enorme capacidade para difundir unha obra. Lisandro Alonso sabe perfectamente que as súas películas non farán pasar a máis de catro ou cinco mil espectadores pola billeteira en Arxentina, e que no resto do mundo as proxección fican case limitadas en principio a festivais e filmotecas, así que está encantado con que os seus filmes se vexan dun xeito ou doutro. Eu díxenlle que vira "Los muertos" nunha copia baixada do eMule e respondeume que para el iso era un piropo.

KM: Es una excelente forma de dar oportunidades a directores que no puedan acceder al circuito comercial. En ese aspecto, youtube también está aportando mucho.

SN: Muy a favor. Si no nunca hubiésemos accedido a perlas como “Karate a muerte en Torremolinos”. Aunque se estrenó comercialmente, nunca hubiese tenido oportunidad de verla. Las series como “Qué vida más triste!” o “Cálico Electrónico” también están revolucionando el mundo de la distribución audiovisual.

Cal é o voso filme favorito?

ifrit: Non son moito de elexir favoritos, nin de facer listas. Pero se teñen sangue, tiros, zombies, algo de sexo, un monstro xigante e un malo malísimo xa me ten gañado. Decir que tamén me gustan outro tipo de filmes fóra do xénero :p

MP: O meu favorito indiscutíbel, por unha morea de razóns, é "The night of the hunter" ("A noite do cazador"), o único dirixido polo actor Charles Laughton. Ademais, profeso unha devoción absoluta por John Ford, e chamándome Martin Pawley é evidente que gardo unha debilidade especial por "The searchers" ("Centauros do deserto"), pero tamén por "Sergeant Rutledge" (O sarxento negro), "The grapes of wrath" (As uvas da ira) e outras moitas (de feito, das que lle coñezo só hai unha que non me gusta, "A ruta do tabaco").

KM: Es como preguntar si quieres más a mamá o a papá. Depende del día tengo ganas de ver “Star Wars”, “Robocop”, “Starship Troopers”, “Toma el dinero y corre”, “La princesa prometida”, “Batman Begins”, “V de vendetta”...

SN:Posesión infernal” y “El ejército de las tinieblas


O que tedes pensado ver?

ifrit: Agora mesmo estou a pensar se ir ou non ó maratón de cinema oriental de Cineuropa, nove filmes un detrás doutro, pero no momento en que leas isto coido que xa decidín que é unha matada para a que non teño tempo nin corpo neste momento, sempre pásame o mesmo... Do que hai agora nos cines quedo coas ganas de ir ver "Borat", "Saw III" (inda non vin a dúas), "Casino Royale" e deixo para DVD ou divx "D.O.A" (curiosida para un fan do xogo, non é unha boa excusa?) e "Infiltrados" (primeiro quero ve-la orixinal) E entre outras, no montón das pendientes, teño: "2 irmás" (terror coreano), "Dark waters" (terror italiano), "Legendary Weapons of China" (artes marciais), "The Gamers" (feito por frikis para frikis)... entre outras.

MP: O luns 11, no CGAI, e por segunda vez en quince días, "Juventude em marcha", de Pedro Costa, unha obra mestra diante da cal o mellor que pode facer un é axeonllarse en sinal de admiración e humildade. Antes hei de ver algúns outros, pero ese merece atención especial.

KM: Si todo va bien, hoy iremos a ver “Casino Royale”. Aunque la que quiero ver y todavía faltan cuatro meses es “300”.

SN: Estoy esperando el estreno de “Grindhouse” de Robert Rodríguez y Quentin Tarantino. Y “28 semanas después”, de Juan Carlos Fresnadillo.

O que máis medo vos dou?

ifrit: Eu non son de moito medo, máis de sustos ou de mal rollo... O que máis medo me soe dar son documentais, ou sobre corporacións, sobre guerras... en xeral sobre calquera cousa que amose o canibalismo da raza humana...

MP: De neno, os filmes británicos da Hammer, sobre todo os "Dráculas" que fixo Christopher Lee. Máis adiante, "O exorcista", pero revisada de adulto paréceme tan ultraconservadora e machista que estou intentando borrala da miña memoria. En calquera caso debo dicir que non acostumo a ver cine "de sustos".

KM: Una italiana muy mala: “Aquella casa al lado del cementerio”. Más de veinte años después no me atrevo a mirarla para no morirme de vergüenza…

SN:Posesión Infernal”, porque la vi en mi tierna infancia. Ahora disfruto riendo con ella.

Un filme de amor a recomendar a esas parellas tan namoradas sería…

ifrit: Falo en nome de todo CINEMA FRIKI cando digo que non pode haber parella que non vira "A Princesa Prometida" :)

MP: "Two for the road", de Stanley Donen, sen dúbida.

KM:Cuando Harry encontró a Sally” o “La princesa prometida”.

SN:Moulin Rouge” hasta la mitad. No recuerdo cómo acaba.

Un infumable

ifrit: Hai tantas... Así a bote pronto... "Campo de Batalla A Terra" e "The Wishmaster".

MP: "Alatriste", por exemplo. Ou "Crash", o que gañou este ano o Oscar á mellor película.

KM:”Underworld 2”. Da miedo que Len Wiseman esté dirigiendo “Jungla de Cristal 4”!.

SN:Carretera Perdida” de David Lynch. Vaya tomadura de pelo!

Vense de rematar a rodaxe do filme Despois da choiva, unha película para a tv coproducida por productoras de Galiza e Catalunya e as televisións autonómicas TVG e TV3. Recomendades algún filme, curtametraxe ou traballo dalgún actor, director galego ou catalán?

ifrit: Eu o último que vin galego así que me interesara foi a curta do colega Ozo, que ninguén debe perder (http://video.google.es/videoplay?docid=3951232897728729209) [viva a endogamia!] e xa estamos agardando po-la próxima que está en producción agora mesmiño. Tamén tiña ganas de botarlle un ollo á de Miguelanxo Prado, que eso non se pode ver nun ordenador.E de Cataluña pois pouca cousa me ven así agora á cabeza... quero ir a Sitges, pero iso non ten nada que ver :D

MP: En Catalunya están facéndose moitas cousas interesantes, moitas veces no gume que separa a ficción e a non ficción e ao abeiro do máster ese de documentais da Pompeu Fabra. Deste mesmo ano, cítoche tres: "Dies d'agost", de Marc Recha, que sen ser un prodixio paréceme moito menos cargante que outros traballos seus como "Pau e o seu irmán" ou "As mans baleiras"; "Honor de cavalleria" , de Albert Serra, quizá a mellor película española do ano, e para rematar deixo a Isaki Lacuesta, que fixera hai uns anos "Cravan vs Cravan", da cal paso bastante, pero que nos sorprendeu agradabilisimamente no 2006 con "La leyenda del tiempo". Vexo moi moi poucas curtametraxes, así que sería inxusto se citase algún nome porque o meu coñecemento da materia é moi tanxencial; e no campo da longametraxe non vin até hoxe nada que pague verdadeiramente a pena dentro da produción galega. Como moito pode haber algunha cousiña, pero o importante está aínda todo por facer.

KM: Es una asignatura que tengo pendiente…

SN:Cosas que nunca te dije” de Isabel Coixet es muy recomendable aunque tenga ya sus años.

Sobre os dominios .cat e .gal, como vedes a situación?

ifrit: Coido que son importantes para a promoción da cousas de cada país, pero tampouco creo que sexan a panacea para nada, os problemas están noutros sitios.

MP: Pois paréceme estupendo, pero realmente non é algo que me preocupe. Se o futuro do país pasa por termos un dominio propio de Internet ou por manexarmos un fuso horario diferente do do Bierzo, imos listos. Sospeito que ha de haber cuestións máis importantes.

KM: es un primer paso. Aunque aún falta mucho por hacer para normalizar el uso del gallego y el catalán en la red.

SN: nos gusta escribir en catalán porque es la lengua con la que nos sentimos más cómodos. Nos centramos en el público catalán y nos movemos en un entorno de blogs habitualmente en catalán.

Ata aquí chegamos, moitas gracias e se queredes contar algo máis, adiante!

ifrit: Aproveito para saudar a todos aqueles que me coñecen e para pedir perdón po-lo desatendido que temos ultimamente o chabolo... temos unha grande vida social. Así que se queredes estar ó tanto de todo non deixedes de ler a Uruloki ( http://www.uruloki.org/). Non o recomendo eu só, tamén Guillermo del Toro.



12/06/2006

Vive, en defensa do monte galego


Nunca imos sos a (case) ningún lado, estámonos parecendo aos mormóns (na poligamia tamén?). Mentres uns desertores ían en tropel á LaCoru, outros iamos ao concerto homenaxe aos voluntarios que traballaron arreo na extinción dos lumes deste verán. Aos teloneiros (se é que os houbo ao final, que non o sei) e aos The Pinkertones non chegamos, porque eso de facer os concertos tan cedo en días laborables é un pecado, sobre todo cando non vives nesa cidade (igual era tema de mudar tamén os fusos horarios dentro de Galicia).

Despois non decepcionaron para nada Asian Dub Foundation, que tiñan moi claro para que era o concerto e onde estaban, Santiago foi a palabra que máis se lles escoitou. Tremendo directo, nada máis que dicir, so... jump, jump, jump!!!. E logo tamén vimos a Lamatumbá, que como equipo local tiña máis aficionados no lugar. Por moito que digan: "non me gustan", "non son moi deles" e todo iso, para armar festa a min paréceme boa opción, moi boa, a verdade.


O Multiusos Fontes do Sar como que me gustou abondo, a única pega, por poñer algunha, o tema das escaleiras, polo demais moi ben o sitio. Por outra banda, moita xente, moita maruxa, moito de beber...buen rollito en xeral e "dous postes da luz" (ver imaxe superior), ben denominados así por ifrit, que anque non bailaron moito, recoñeceron que ADF están moi ben e que que sorpresa escoitar un carnavalito da man dun grupo galego que falaba de cumbia e verbena. Como nin conta me daba do que era un carnavalito, o youtube sempre nos ilustra: mostras enxebres de Umawaka e Tomás Lipán, que en Arxentina tamén hai floklore.

Como agasallo trouxemos de balde para a casa estas camisolas tan verdes patrocinadas por Vicepresidencia da Igualdade e Benestar (Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade), que a Xunta tamén sabe armar festa, vamos.
E para mostra un botón, conste que o directo está moitísimo mellor.

Dhol Rinse-Asian Dub Foundation