1/19/2007

2.000 razóns para esquecerme de todo

Como na vida gañarei un Xerais, voume contentar con plaxiar, reversionar, copiar ou adaptar ao meu gusto o último. Este intento fachendoso vaise chamar 2.000 razóns para esquecerme de todo.

Chegamos á idade madura cando habendo para escoller dúas tentacións, escollemos a que nos permite chegar á casa máis cedo. D.B.

Á miña nai, a meu irmán que a día de hoxe escangallou 3 ou 4 coches (xa non sei) e a meu pai que nos atura e aturamos e a quen quero crer que lle debo a afección de ler. As/os demais xa sabedes, se compartimos unha noite xuntos, xa sodes da familia.

Dorian-A cualquier otra parte

1/17/2007

e-music, o programa que todos deberían escoitar


Onte e-music emitiuse dende o CentroOn na Coruña, era a primeira vez que deixaban o estudo da CuacFM (Club de Universitarios Activos...o Cuac significaba algo) e déronse cita moitos dos colaboradores do programa, que acompañaron a Sak: anxo, maria lado, superxis (Risto Meijide é unha copia barata deste home), ascárida e o zimmer 103 que fixo o seu acompañamento vía telefónica. Ghanito estivo de observador xunto co home que nos descubriu as camisolas sitas en alegoria (que non sei como se chama, que fomos tan maleducados que non nos presentamos).

O conto foi que eu escoiteinos dende o traballo e creo que fixen subir a audiencia do programa polo menos en cinco persoas (hai que promocionar os bos traballos) e despois baixei cara o Cantón Pequeno onde ghanito, tan majo coma sempre, me foi buscar ata a Fundación Caixa Galicia. Na Barrera uníusenos SugarKane e alí estivemos falando de todo un pouco, de ferretes, do second life, de Sono-Tone, de libros, etc.

Marcharon ascárida e ghanito e, despois doutra rondiña, cambiamos de sitio e fomos A Cova Céltica onde estaba Pedro que nos tomou nota do que queriamos e alí continuamos dándolle a lingua, escoitando música techno da nintendo-ds featured by Sak e do móbil do SugarKane, rimos un montón coas historias de María e tamén falamos de aterraxes en avión no aeroporto da Coruña y otros lugares, que somos gente viajada.

E para rematar todo isto:

Punto un: se nalgún baño, aseo, WC ou como lle queirades chamar, vedes pegatinas de e-music, é que algún de nós estivo alí. Co cal, a escoitar e-music.
Punto dous: a comisión de festas do e-music está comezando a traballar nunha. Agardamos convocatoria.
Punto tres: Supercablekis (onde se meteron?) que saíron reseñados na mondosonoro en papel dentro dos grupos galegos a destacar do 2006. Co cal, a berrear todos o Axe Effect:

Supercablekis-Axe Effect




Don't you know
You are always waiting
Waiting something you
can't do

Where did you go
I really try to say it
I'll be waiting for you

I don't know where I go
Where I go to see you
Where i go to find you out

It's very hard to see you
Very hard to find you

Where did you go
It's very hard to beat you
Where did you go
It's very hard to fuck you

Uh yeah!

* Esquecíaseme, débolle cartos a un par de persoas, pero como habemos de quedar outra vez, heillos de devolver.

1/14/2007

Ño! Cabaret!


Pois fomos ao final ao The Dog´s Bollocks ou os "Collóns do can", como dixo Pepa, a ver o grandioso espectáculo de Davide Salvado (canta razón oko), Pepa Yañez e Nacho Muñoz. Non tiña nin idea do que me ía atopar no Cabaret d´aquí e resultou ser toda unha experiencia.

Chegamos aos Collóns do can e fastidiounos algo que as poucas mesas que había estivesen reservadas, co cal dispuxémonos a pedir algo na barra e estando alí tiven un anaco longo para escoitar a X.S. , a unha rapaza que ten un aire a Paula Carballeira e a outro mozo que non sei quen era (téñome que poñer ao día co famoseo galego) falar de A Roda, ese sitio mítico en Malpica, de Bravú e máis cousas das que xa non me enterei.

E despois dese momento "anda, dame unhas pintas" e de cutre-lercheo apareceron Nacho no piano e Pepa e Davide que comezaron cuns leves problemas cos micrófonos que continuarían toda a noite pero que, gracias á súa espontaneidade e bo humor, aínda nos fixeron rir máis.

Fixeron unha perfecta deconstrucción do folclore galego, salamantino, andaluz e mesmo o occitano. Neste último, sacáronme(nos) ao escenario (todo por dicir que na Coruña non había Alameda se non Xardíns) a bailar con Pepa, cun alumno de Davide e cunha rapaza que se chamaba Mónica un baile occitano: que ben o pasamos e ata nos chamaron riquiños ^^!

O sitio estaba cheo e, como dixeron eles, ben daba para encher o Fórum Metropolitano aquí na Coruña, non deixaron de facer referencias aos pijos coruñeses, a descubrirnos o rueiro coruñés da man de Marcial de Adalid...xeniais, tan xeniais que nos fixeron cantar con eles, quecer as mans de tantos aplausos que lles demos, admirar o corpo de Davide en todo o seu esplendor e mesmo o de Pepa, que tamén tivo momentos "cárnicos", e sen que lle pareza mal a ninguén, teño que dicir que o de Sue Ellen igual vai ser cousa de familia (anque os demais tampouco nos quedamos atrás).

En definitiva, un espectáculo a recomendar e non sabedes canto me rin.

1/11/2007

Namorados ata as porcas



Estes dous mozos, Natalia e Mariano, fugáronse o día de Reis. Seica á familia dela non lle gustaba que saíse con el e que comezara a descoidar os estudos, o resultado foi que decidiron escapar da casa "porque están enamorados hasta las tuercas". Din que os viron na estación de tren da Coruña, que poderían estar en Compostela e mesmo hai quen sostén que xa andan en Portugal.

Nova en El País, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. Se os vedes, avisade as autoridades, non vaia ser que lles pase algo.

Seica cando te namoras a esas idades (16, 17 anos) segundo o psicólogo Julio Prol "so se ve á persoa á que se quere, non se atende a razóns, e pode chegar a mudar a maneira de ser completamente. O amor nesta idade é moi influínte."

Miña nai sempre me dicía que a vida non era coma nas películas cando me via así media ensoñada. Eu antes enfadábame e agora penso que a vida é sempre moito mellor que as películas e, anos despois desa frase, sigo facendo burradas por amor, por cariño, por gusto, por diversión...Nunca cheguei a fugarme de sitio ningún, como moito unha noite enteira ata o día seguinte, unha fin de semana, cinco días por aí...cousas así, onde ninguén sabía onde estaba máis que a persoa coa que compartía eses momentos.

O amor é bonito cando te empapas da outra persoa (e non me sexan revirados co de empaparse) porque deso vai, de aportar, de dar, de coller o mellor de cada un, de rir e de vivir con eses subidóns de emocións e de hormonas, de que cada día sexa unha festa, de vivir na eterna adolescencia onde non hai problemas ou polo menos non os andas buscando, pero non nesa adolescencia de traumas, críticas, complexos e tendencias suicidas...non, refírome a adolescencia de amigos, de lercheo, de festa continua, de irresponsabilidade, de alegría e de benestar, que mentres non morra ninguén, nada é un problema.

E cando remata todo iso, rematou, pero que ben o pasamos, non? Que bonito é estar namorado ata as porcas!

Gracias ao fedello as "tuercas" son a partir de agora "porcas":

porcas.f. Peza de metal en forma de prisma cunha cavidade en espiral no centro onde se enrosca o parafuso. Aperta ben a porca coa chave inglesa.

1/06/2007

Regalos que aínda non teño

Eu perdín a cámara e os Reis dixéronme que me habían traer unha, igual non hoxe, pero que tería outra e a ver se despois saen unhas fotos tan chulas coma as do libro que me dixeron que tamén me ían regalar.



O libro é "Digital Diaries", de Natacha Merrit, unha rapaza que comezou a sacar fotos da súa intimidade e da dos seus amigos coa cámara dixital. Eric Kroll, fotografo fetichista, atopouna polas fotos que colgaba na rede.

Os de Taschen din que, vendo estas fotos, un pode reflexionar sobre a intimidade, a publicidade e o narcisismo nestes tempos da idade dixital, mesmo chegar a algún tipo de autoexploración coa axuda da cámara. A Merritt di que ela atopou un xeito de masturbarse a súa maneira no novo milenio.

De momento no flickr non teño fotos desas e mañá agasallareille a alguén "Tres segundos de memoria" de Diego Ameixeiras ... pero quero ter Digital Diaries e unha cámara dixital na man xa!!

Ah, deixáronme carbón, pero como non teño cámara non poido demostralo.

1/02/2007

Regueifa va, regueifa viene

Regueifas no 4 caminhos-Alalá



Non vou ser eu a que diga o que é unha regueifa que xa o explican moi ben arriba, e o Gustavo Harvey (rapaz, que me das, que ultimamente so falo de ti) máis eu, que gustamos moito de facer trangalladas xuntos dos xeitos máis inverosímiles, puxémonos a regueifar e esto foi o que saiu:

Estaba a falar con Txiki,
un rapaz como non os hai,
"Escapa del, escapa filla"
sería o que diría calquera nai

A minha nai já me avisa
do perigo das rapaças,
pra colher-lhes o sabor
há que tomar duas taças

Para tomarlle dúas tazas
hai que volver a velas
e o malo das cativas
e que nunca chegas a coñecelas

Quase melhor nom saber
o que pensam essas lerchas,
que te usam pra umha noite
e logo deixam-te na percha

E se te deixan ben colgado
tampouco llo tomes a mal,
porque a ver a que home
non lle gusta unha comida sen sal

A comida sem sal, nena,
nom é para este gourmet
que gosta do bom vinho
e muito mais do bom comer

E a ver que andas comendo,
que ben se che ve na cara,
que o teu é trabar na carne
e darlle pouco a cuchara

Nom lhe dou muito à "cuchara"
pois gosto mais da culher
e ainda mais gosto
de comer boa mulher

A ver se atopas unha desas,
que che faga boa comida
e que entre perol e perol
che dea boa vida

Nom sei se é possível
a boa vida ao meu lado,
mais se me comem com bo jeito
serei homem engraçado

Pois con esas trazas que levas,
a ver a onde a vas buscar,
que muller tan completa
é complicado atopar

Eu nom ando à procura
de mulher que me merece,
me conformo com algumha
que nem rosme nem rece

Renega das santas mulleres
e búscaas de mala vida,
ti o que buscas
seguro que é unha querida

Tal cousa nom e certa
mulher meiga e teimosa,
que o que busca o superxis
é umha companheira animosa!

Pouco durmiría a compañeira
en semellante compaña,
que o que lle gusta a este malandro
é andar de troula e de farra

Mala imagem estou a dar
polas terras da Corunha
pois o que este homem quere
é umha boa carne para esta unha

Mira que comer carne
sempre é pecado en coresma,
e a imaxe que ti das,
paréceseche ben á miña mesma

Eu fartei de comer carne
e nom gosto do pescado
assim que desde agora mesmo
fago-me vegetariano

Come cenouras e come pepinos
pero nunca comas ovos
(non vaias gostar deles)
nin te mestures con isolinos

Som as isolinas pátrias
adoradoras dos pepinos,
mas este anarco-reintegrata
gosta do canibalismo

Xa dicía eu que era un veleta:
agora herba, agora carne,
non hai quen se aclare
con este home mangante

Este home gosta da carne
se pode lame-la antes
seja de porca, de vaca
ou de galega-falante

Pois se gosta da carne,
cónvidoo a unha enchenta,
véñase con toda a fame do mundo
o sábado a Compostela

...y si dios no lo remedia, alí estaremos coma reis que somos, o 6 de xaneiro no concerto da Sala Capitol de The Meteors+The Tumbitas+Los Santos.

Bueno e todo esto aprovéitoo para darlle a noraboa a ese home que é o regueifeiro e a todo o seu traballo na Regueifa e a toda a xente de Sono-Tone que é unha pasada, que están facendo un traballo de medo e que da xenio ver como o equipo funciona e a cantidade de cousas que nos están descubrindo: música galega, música extranxeira, música de hoxe e de sempre, videoclips, reseñas de libros, de cinema, entrevistas, os gustos musicais de persoas da nosa terra, sorteos, humor, foros...que máis se lle pode pedir, que máis se lle pode pedir A Revista Galega de Música??? Pois que dure, que medre e que nos siga embelesando moito tempo con eses sons musicais que nos achega cada semana.

12/31/2006

E dentro de nada comeza outro ano!

Poderíame poñer aquí a nomear a toda esa xente que este ano volvín atopar por aquí, a toda a que coñecín, o cariño que lles collín e darlle mil gracias e todo iso, pero penso que xa o saben e se non, que se vaian enterando, que son horas: así que dádevos todos e todas por aludidos.

Foi un ano xenial en tódolos sentidos e, por outro lado, non imaxinaba o que podía dar de si a historia esta dos blós e da rede social de chuza! A todos: que as cousas sigan indo igual de ben ou de mal (que de masocas viven os sádicos) e que a min os Reis xa me foron deixando este ano agasallos e sorpresas con nome propio e agardo seguir conservando a toda esa xente arredor moito tempo. Que me poño modo borracha-melancólica e aínda non probei o champán...así que para ambientar a noite, música de hai 10 anos, que define moi ben moitas cousas que penso (a todo esto que o Danny Boyle dixo que faría unha secuela de Trainspotting dez anos despois e xa está tardando):

Iggy Pop-Lust for life




Here comes johnny yen again
With the liquor and drugs
And the flesh machine
Hes gonna do another strip tease.
Hey man, whered ya get that lotion?
Ive been hurting since Ive bought the gimmick
About something called love
Yeah, something called love.
Well, thats like hypnotizing chickens.

Well, Im just a modern guy
Of course, Ive had it in the ear before.
I have a lust for life
cause of a lust for life.

Im worth a million in prizes
With my torture film
Drive a gto
Wear a uniform
All on a government loan.
Im worth a million in prizes
Yeah, Im through with sleeping on the sidewalk
No more beating my brains
No more beating my brains
With liquor and drugs
With liquor and drugs.

Well, Im just a modern guy
Of course, Ive had it in my ear before
Well, Ive a lust for life (lust for life)
cause of a lust for life (lust for life, oooo)
I got a lust for life (oooo)
Got a lust for life (oooo)
Oh, a lust for life (oooo)
Oh, a lust for life (oooo)
A lust for life (oooo)
I got a lust for life (oooo)
Got a lust for life.

Well, Im just a modern guy
Of course, Ive had it in my ear before
Well, Ive a lust for life
cause Ive a lust for life.

Here comes johnny yen again
With the liquor and drugs
And the flesh machine
Hes gonna do another strip tease.
Hey man, whered ya get that lotion?
Your skin starts itching once you buy the gimmick
About something called love
Love, love, love
Well, thats like hypnotizing chickens.

Well, Im just a modern guy
Of course, Ive had it in the ear before
And Ive a lust for life (lust for life)
cause Ive a lust for life (lust for life)
Got a lust for life
Yeah, a lust for life
I got a lust for life
A lust for life
Got a lust for life
Yeah a lust for life
I got a lust for life
Lust for life
Lust for life
Lust for life
Lust for life
Lust for life

12/30/2006

Cea de nadal: a gran fartanza


Ghanito, o noso seleccionador, xa fixo a súa crónica sobre o once inicial e as xogadas maxistrais da noite. Fómonos atopando todos, primeiro Moinante mais eu para dirixirnos a agardar xunto con fer, que fixo a súa labor de ceibador de libros, á expedición compostelana formada por xorna, Snob, Modesto e postscriptum. Ascárida xa estaba alí e Pawley acompañounos logo da chegada de ghanito e mourullo ata o Rodicio onde estaba Arduina toda preocupada pensando que chegaba tarde.

No Rodicio comemos a fartar e menos mal, porque a noite prometía. Ifrit non sabes o que te perdeches e sabes que te queremos (e o mesmo lle digo a ictios, a dorfun, a Calidonia, a shs, a Berto, a orsinia, a nemtele, a opaco, a oko...a todos !).

O conto é que comemos moito, cumplimos bastante ben o plan que había, temos fichado ao mozo de Arduina, fer e xorna foron tomar o aire nun momento dado da noite e o resto quedamos no Desquite bailando en plan destroy e como xa era 30 de decembro cumplimos moi ben o tema este das apertas gratis: fregámonos canto quixemos, con moito amor, con moito cariño, con moito alcol, con nocturnidade e con alevosía.


Fala ghanito da versión do himno, nazón de Gatocán e teño que dicir que a versión reggaeton nazón de Breogán-Yasuri Yamileth xa a tiñan nas súas mans Sak e Gustavo Harvey a noite anterior.

Eu tamén retirei pronto que estaba que non me tiña, e quedaron Moinante (de veras que o sinto, pero xa quedaremos outra vez), Modesto, mourullo, Snob (que home, que lombo, que todo...o mundo vese doutro xeito encima de ti!), ascárida e postscriptum.

Hoxe estou coa voz crebada pero da igual, a gorxa desfeita, vou enfermar, non vou chegar a anonovo: preciso glucosa en vena.




Foi unha noite para non esquecer e anque as fotos non se corresponden coa realidade, que máis terá!!!

12/29/2006

Post ás presas, comunicado e apertas de gratis


Que no, que a nena non vai vir ao mundo desta vez, que vai quedar para outra, e agora, resacosa e sen durmir, síntome mala persoa como ben di Fer. Síntollo moito, que máis quixera eu que aumentase a natalidade na Galiza, pero vai ser que non (solidarízome cos inocentes porque eu normalmente creo todo o que me contan e síntoo moito).


Que o partido psé, pero paseino moi ben anque chegaramos algo tarde. O resto da noite doume para ver as novas bandeiras do paseo marítimo da Coruña, para perder a cámara de fotos na noite coruñesa sen menoscabo do bo humor, para falar largo e tendido de endogamias e lercheos varios e, creo, para facer moi boas amistades e para dar un lote de apertas ao longo de toda a noite... Ah, e eso de ter 23 anos mola moito :)
En definitiva, unha noite para a lembranza, a todos os que a compartistes, un bico, sodes os mellores!
E súmome ao chamamento de Arduina se me dou erguido se ao final hai cea. Sei dun que podía pasarse por alí, que xa sabe que me ía facer moita ilusión, que o outro día me quitou o sono e, como dixo el, "será que non tes outras preocupacións" para rematar pensando nel esa noite. Vente!. Apertas, apertas, apertas e de balde, que máis se pode pedir!!!

12/28/2006

O que tiña que pasar, pasou

Xa falara do tema aquí, e daquela non andaba eu moi convencida, pero ao final, se buscas...atopas. E ao final chegou a hora, creo que a nena cando veña ao mundo chorará o himno galego de tantas veces que o escoitou estes días, non sei se aflamencado, en versión pop ou en plan siareiro galego nun partido da selección. Nin música de Mozart nin nada, terruño puro e duro.

De tódolos xeitos, ha de ser unha nena que fale en galego. Un bico a todos que estou moi contenta e hoxe vémonos nos partido!!!