This Is My Life, Rated | |
Life: | |
Mind: | |
Body: | |
Spirit: | |
Friends/Family: | |
Love: | |
Finance: | |
Take the Rate My Life Quiz |
É o que ten ser algo exhibicionista despois de facer cuestionarios ao tuntún (a Cosmopolitan era do que non había, todo hai que dicilo). Claro está que as tandas de preguntiñas estas nunca che descubren nada novo e o único que me fastidia neste caso é ese 4.3 tan feo no tema "amigos e familia", pero son moi desconfiada e sempre tendo a pensar que a xente pasa abondo de min, que hai moita falsedá no mundo, actitudes chaqueteras por aí y como te digo esto, te digo lo otro...e non, non son unha autista de la vida, nin tiven unha terrible infancia, nin me zoupaban de pequena, pero nestas datas tan entrañables non da gusto ningún un 4.3.
De feito os resultados indicanme moi amablemente que consolide a miña rede social reafirmando vellos contactos, que busque novas amizades que me proporcionen a recompensa que preciso e que probe a usar MeetUp.com para atopar xente preto de min que comparta os mesmos intereses. Eu diríalles que a ver como non teñen en conta chuza! e toda a rede de blogs galegos para o tema das relacións sociais (que porcier, hai cea chuza-blogomilleira)
Outra recomenda que me fan é que considere unirme á comunidade 4thKingdom.com. Andaremos e veremos.
E véñenme outros dous test á cabeza que xa moitos coñecen: The Dating Persona Test (/me) e o Estudio sobre conducta e preferencias sexuais dos usuarios de internet en España (o "premio" do 5 non o levou ninguén aínda, bicos seven guos mai namber)
This is my life, rated visto en moderno de merda (que ghuapo, ghuapo non é, pero ten un pelaso)
4 comentários:
Algo non rula na miña vida e eu con estes pelos.
Un miserable 5'2. Case me vai peor que ós políticos na enquisa do CIS...
7 e medio, non está mal.
Non sei por que me da un 5,2 en spirit (ou si o sei pero non estou dacordo)
Eu aprobo en friends family cun 6,6 e do resto moi ben, sen dar detalles que non fai falla ;-)
Comparada co moderno de merda tes umha vida expectacular! como ja lhe comentei a el, eu case que prefiro non faze-lo test (ía ser muito deprimente)
Bem!! Tic, tac, tic, tac :D
O concepto de hermosura e de vida chachi é moi relativo sempre hombres por dios, no deprimirse por lo que dicen los testes, que ademais sóltancho sen preparación psicolóxica previa.
Ghanito, queremos saber da túa vida espiritual e de paso...préstasme unhas cantas amistades??
Enviar um comentário