3/14/2007

Seica hai unha festa



A festa de e-music, este venres 16 no pub 14, na rúa San Vicente de Paul,nº 13 e comeza a eso das 12 da noite.

E digo eu que se tanta xente fala dela, será que vai ser boa cousa, non?
Eu non penso perdela, Colectivo Oruga, breogán de dj, främe coas súas video proxeccións e toda a xente que vai acudir fan prometer un venres de infarto.

Que ben.

3/12/2007

Vanitas vanitates et omnia vanitas

Aproveitando esto que dixo X, e referíndome ao que escribiu a rapaza do arco maila rainha vermella vou e repítome ata a saciedade caendo no pecado da vanidade aproveitando as utilidades dun blog.


E asino como besbellinha porque o ñ non existe no mundo anglófono e porque meu irmán cando me enfado con el sempre me di "non te enfurruxes, pequena besbella" (e nessuca quería comezar de novo).

Os meus "que pasaría se" materialízanse no desexo de querer vivir tódalas miñas vidas posibles anque signifique andar bailando dun lado para outro, deixar atrás moitas cousas rematadas ou sen rematar e ter a certeza de que poido voltar a elas porque eu así o quero. Pódese tomar como non-constancia, inmadurez ou vai ti a saber que, tanto me ten.

Beliscos pequenos son iso, pequenas pegadas, bocadiños ou petiscos que diría outro, calquera cousa que se me ocurra sen transcendencia ningunha. E como xa contei, a canción é o que di o primeiro no amor son os bicos/ o segundo os beliscos pequenos/ o terceiro ben achegadiños/ e ó remate sonche os nenos



A fotografía é un silencio, un non digas nada, un non querer que se saiba, un segredo anque sexa a voces ou unha complicidade buscada.

Vanidade,todo é vanidade á fin. E orgullo e inseguridade e falta de recoñecemento e necesidade de que nos fagan caso. Non hai máis.

Bueno si, hai unha revista.

Certezas

Tes a certeza de que calquera cousa que fagan certas persoas, van estar ben feitas. É o caso del e aproveitando un post de W. Sobchak deixo unha mostra aquí.

Erika Svensson

3/11/2007

De azuis, de lagoas, de cormoráns e doutras historias

Pois como hoxe o ceo andaba así de azul celestial, quixemos ir ás lagoas de Cospeito a facer avistamentos de aves, pero non demos coas lagoas que nos perdemos por aí. E antes das lagoas e falando de azuis e avistamentos, lembro a furgoneta azul cerúleo de Expediente X, non sei se vos tamén, pero é algo que se me quedou grabado.
Ao final resulta que o azul cerúleo ou celeste ou cian, obtense de mesturar estanato de cobalto e magnesio. Qué de colores e non hai máis que mirar aquí.

Ao que ía, que ao final demos cunhas lagoas en Rábade e o que vimos foron garzas reais e cormoráns.

A min sorprendeume o dos cormoráns, pero polo visto é unha ave que é habitual aquí en Galicia, polo que vin nestes tres sitios, e de feito os de aquí veñen de Gran Bretaña e son unha especie protexida.

Estes da foto de arriba habitan na ría do Burgo e a fotografía forma parte dunha serie que amosa a cópula entre eles, xa se sabe que a primavera...

Todo iso lembroume a un xeito de pescar que teñen en China con estes animais, atanos polo pescozo e cando os cormoráns se mergullan a pescar os peixes non lle poden pasar pola gorxa embaixo e quedan os pescadores co botín. Aproveitando os recursos naturais, vamos.

E así foi o día de hoxe, que me veu moi ben para airearme. Para outra vez a ver se damos coas lagoas de Cospeito e se non, tanto ten, que ben que me gusta conducir e perderme por aí.

Detalle musical do día: "música para o coche" facíame pensar en Brian Wilson , hai pouco algúen me fixo pensar en Mastretta
.

3/09/2007

Carlos Casares

Súmome ao convite de Marcos Valcárcel para facerlle a nósa pequena homenaxe a Carlos Casares. Lembro a súa columna, que lía tódolos días tal como hoxe leo os blogues de todos (ou case) vós. O seu pasamento, hai hoxe 5 anos, non me deixou indiferente anque non o coñecese máis que polas súas verbas, que non é pouco. Non sei por que un día( hai case 10 anos) recortei do xornal dous dos seus artigos que aínda gardo nun cartafol cheo de anacos de xornais, revistas etc e que mellor momento para deixalos hoxe aquí, facéndolle a miña pequena homenaxe ao Carlos.

-Á MARXE-
A morte dun golfo
CARLOS CASARES
Acaba de morrer en Inglaterra un dos golfos máis grandes de Europa, o periodista Jeffrey Bernard, un auténtico crápula. A pesar de ser diabético, bebeu o que quixo: non menos dunha botella de vodka diaria. Foi un dos últimos actos da súa vida. Pouco antes de morrer, na cama, sen a perna que lle amputaran había uns anos, pediu unha copa e un pito. Faltoulle o tereiro lado do triángulo, que non é difícil de supoñer. Por esa parte, casou catro veces, pero como dicían os seus amigos, tivo moitas mulleres, incluídas as propias.
A súa célebre columna do semanario The Spectator fíxose famosa, en primeiro lugar, polas súas moitas virtudes: era un gran periodista. Non era menos coñecida, sen embargo, pola nota de redacción que aparecía frecuentemente cando non se publicaba. Dicía "Jeffrey Bernard está indisposto". É dicir, que estaba borracho.
Hai uns días aínda, lin unha das súas columnas. Contaba a historia dun rapaz novo e inexperto, fillo dun editor londinense, que bebeu tanto nunha festa dada polo seu pai que fixo unha desgracia polos pantalóns abaixo. Con disimulo, saíu á rúa e dirixiuse a uns almacéns para mercar uns pantalóns novos. A continuación colleu o tren de cercanías, meteuse no lavabo, quitou a prenda destragada e tirouna pola ventá. O malo foi que cando abriu a bolsa do comercio para cambiarse, atopou un xersei. Mañá contarei o resto.


-Á MARXE-
Final dunha historia
CARLOS CASARES
No artículo de onte, dedicado a reseñar a morte do periodista inglés Jeffrey Bernard, comentaba eu aquí unha das últimas columnas que escribiu, na que narraba a historia dun rapaz borracho. Como se recordará, o mozo, descontrolado pola bebida, acabou tendo unha desgracia nos pantalóns, polo cal foi rapidamente a un comercio a mercar outra prenda coa intención de cambiarse canto antes. En vez de volver á festa, pois o seu corpo despedía un escándalo, meteuse no tren, foi ó lavabo e dispúxose a resolver o problema.
Tal como explicaba eu ó final do artículo, o rapazote, despois de adecentarse, tirou os pantalóns suxos pola ventá e abriu a bolsa coa intención de coller os limpos, recén mercados. A sorpresa e o susto deberon ser tremendos cando o pobre infeliz se decatou de que en vez de pantalóns lle deran, por confusión , un xersei.
Aí remata a historia, tal como lla contaron a Jeffrey Bernard. O que sucede é que un ser tan divertido e maligno como este célebre periodista non podía contentarse cun final tan incerto, cortado precisamente no momento máis atractivo do disparate. Por eso se puxo a especular. Imaxinou entón que o rapaz resolveu a papeleta metendo as pernas polas mangas do xersei, unha decisión bastante lóxica. Menos fácil de adiviñar, segundo conta Jeffrey Bernard, é saber se o mozo colocou o pico do suéter para adiante ou para atrás.


Merecemos ser recordados tal e como fomos en vida, e Carlos Casares para min era un home alegre, sinxelo, que non se daba máis importancia e imposible de separar do seu Samuel. Un saúdo e un sorriso e gracias Marcos por esta oportunidade de voltar a recordalo.

3/07/2007

Gracias, muller

Mañá celébrase o Día da Muller Traballadora e moitas gracias a tódalas mulleres que antes loitaron para que hoxe en día eu me atope así de ben (non me sinto marxinada, nin infravalorada, nin son executiva) e ás que siguen loitando para que outras XX coma min o consigan.

E como algún día a igualdade será plena, como ten que ser, prefiro pensar en todas esas mulleres traballadoras contentas co seu traballo, cos seus dereitos recoñecidos e tratadas de iguais en tódolos ámbitos, disfrutando do seu tempo de ocio merecido como é debido.

Adicado pois a tódalas mulleres (e homes) que son e serán ociosas/os despois da xornada laboral do seu traballo digno e cos seus dereitos recoñecidos.

3/06/2007

Liberdades e opinións de pensamentos, obras e omisións

"...¿qué me molesta de Stallman? En pocas palabras, su intolerancia con los que no piensan como él.""Sin querer entrar en una guerra de licencias (yo prefiero la BSD, una licencia generosa de verdad), lo verdaderamente perverso de la GPL es que niega el derecho de los programadores a decidir qué es lo que puede hacerse con su código (aunque sea el código derivado del trabajo de otro)..."

De aquí, vía chuza!

"...El fiscal jefe del TSXG advierte a los políticos que cuando esa investigación se haga pública, "quien denuncie tramas incendiarias, deberá hacerlo con pruebas"."

"P. Los investigadores de los incendios dicen que si hubiese tramas organizadas sería más fácil perseguir a los pirómanos.
R. Lo que nos transmiten los cuerpos de seguridad es que en el caso de que hubiese tramas organizadas, podrían desmontarse, porque en determinados momentos se harían visibles, a través de sus medios de actuación o de las comunicaciones entre sus miembros. La policía estaría en condiciones -como lo hace en otros delitos en los que sí operan mafias- de descubrirlas. Si existiesen, estaríamos en condiciones de descubrirlas."

De aquí, vía chuza!

"De todo lo que se ha dicho sobre la esperanza-decepción del plan Barrerras para devolverle la vida al astillero de Fene, me quedo con una desoladora imagen que circula en Internet y que puede que hayan visto: la desbandada de diputados en el Congreso cuando el representante del BNG se dirige al púlpito a hablar de la situación de Navantia y de la propuesta de privatización que ha sido respaldada por unanimidad en el Parlamento gallego. Cuando Francisco Rodríguez intenta hablar, no puede por el ruido que hacen sus señorías al levantarse de sus asientos, no por rabieta o protesta como otras veces, sino para pedir fuego, comentar el Betis-Sevilla o la última diatriba radiofónica sobre el 11-M. Pocos de ellos se quedan a demostrar algún interés por el futuro de la comarca de Ferrol, y entre los que se van podemos contar a varios diputados gallegos del PP y del PSOE."

De aquí, vía chuza!



So penso que cada un é moi libre para dicir e facer o que lle peta, pero non hai que ser intransixentes, nin botar a boca a pacer e ser consecuente co que se fai e co que se di. Máis nada, espero que sexa a primeira e última vez que me meto en asuntos destes dos que nada entendo.

3/04/2007

Yo quiero ser moderna y gafapasta, que es guay

Estaba lendo o tremendo post de el duende sobre A constante do Maycar e como non tiña que facer volvín mirar a ligazón que deixaba API de viruete sobre o gafapastismo. Teño que dicir que seguía sen ter moito que facer e pareime a ler os comentarios sobre o tema e descubrín un xeito de convertirme en guay, como di a canción, ser cool ou megatrendy e facer que estou superpuesta en todo. Mentres o moderno de merda non nos da clases, apañémonos con esto para ser gafapastas de proveito:

Coolness


Ser é do ano 2005, pero penso que as leccións valen para os días de hoxe igual. E para festivais a discusión está na casa de Zerovacas, que se FIB, Summercase, Primavera etc etc :P. Encantoume a canción coa que remata esta curta: Modern Talking de L-Kan, que van sacar novo disco no 2007 (que puesta, oyes). E como me gustaron, aí quedan outros minutos musicais:

L-Kan-Aburrida de estar salida



De tódolos xeitos quédome co... soy tan moderno, me he comprado un traje de rododendro...yo no salgo nunca, la noche me parece de gente chunga...yo soy el más gay, menos cuando se acerca el bombón de Inés, pues yo soy bisexual, que es lo más de lo más fashion y total, pues hazte gayetera...this is a Modern Talking yeah!!! Non me poido resistir.

L-Klan-Modern Talking

3/03/2007

Outra noite máis

"Hola, somos Triángulo de Amor Bizarro y ya sabéis donde os podéis meter el dedo"

E menos mal que racharon coa lista de invitados e puidemos entrar ao concerto o Sak máis eu, porque se esgotaran as entradas. Alí reunímonos con estes dous elementos que estaban chorando cual plañideras a nosa ausencia e con Zerovacas e compañía, tivemos ocasión de asistir a un desmaio e desexamos que alguén se decatase de que existe algo que se chama aire acondicionado e que todo local debería ter, sobre todo en días nos que está ata arriba, porque se non a xente cae fulminada.


Supoño que alguén fará a crónica do concerto para Sono-Tone e mentres agardamos por ela, deixo aquí a miña valoración da noite.

O concerto: ben. As reivindicacións dos baños: ben. Zerovacas marchando: mal. SugarKane e Isa de TAB: ben. Gustavo Harvey metanonseique con pintopintogolgorito: ben. Sak marchando: mal. O 14: requeteben. O ron que se confunde con guisque: mal. O Telefunken case baleiro: mal. O Desquite nas mesmas condicións: pode valer. O Playa e toda a tropa: moi ben. Momento Melalcoholic: moi mal. Hamburguesas no Delicias: ben. Momento "que tristes son las despedidas pero xa é de día": ben. Traballar os sábados: fatal.



Volvín para casa con cousas que non son miñas pero xa terei ocasión de devolvelas outra noite destas. E hoxe estou que non poido co corpo (estades no meu pensamento, moucho branco e taranganho vermelho) e voume poñer en modo sofá gardando nas retinas A Princesa Prometida e coa cabeza posta na lúa eclipsada no seu saber facer.


A ensoñarse de novo (como desexes).

3/02/2007

Bizarradas varias



Ghuapa, eh? Pos é Jessica Drake a gañadora do premio a mellor actriz dos outros Oscars (non os Razzies que ese levouno este ano Sharon Stone), os da AVN. E o filme que non hai deixar que ver, segundo se ve nos premios da AVN , é "Manhunters" que levou o premio á mellor película. Nela sae esta moza e tamén o mellor actor, ademaislevou o premio á mellor escena de sexo anal, ao mellor guión e á mellor actriz de reparto. Todo un peliculón (que alguén se molestou en subir á rede e todo) .



Dicir, como curiosidade, que entre as categorías que teñen están a Mellor Comedia de Sexo e a Mellor Música que gañou este tema de Eddie Van Halen e Loren Alexander: "Catherine" (aquí Van Halen no youtube coa súa versión guitarreira). A película onde sae o tema, por se alguén lle interesa, é "Sacred Sin".

E agora pasamos ao tema das bizarradas con Fashionistas Safado: The Challenge que tamén levou algún premio(too much para o meu body).



E xuntando todo isto e sen vir moito a conto e porque me da a gana, o que sae é Triángulo de Amor Bizarro, que van dar esta noite un concerto na Mardi Gras. Será todo moi light en comparanza con todo o anterior, pero non por iso menos interesante. E vémonos alá, va que si?