
O venres fomos á ópera a ver
Don Pasquale de Gaetano Donizzeti, unha ópera bufa. Nunca fora antes e resultou ser unha experiencia do máis agradable que non me importaría repetir. O Palacio da Ópera estaba practicamente cheo e, na miña ignorancia, pensaba que ía estar copado de xente estirada, mais non foi así, loxicamente. Entre as persoas que ían vestidas como se fosen a unha festa, había unha boa morea do tipo "arreglado pero informal", xente máis maior, xente máis xove e para a miña sorpresa, nenos de arredor de 8 anos.
E comezou a Orquesta Xove da Sinfónica de Galicia, baixo a batuta de Marcello Panni, a dar o La e aí comezamos a disfrutar da ópera. A interpretación das personaxes foi xenial, destacando a un Don Pasquale (Alfonso Antoniozzi, barítono) moi gracioso e considerado como "o mellor barítono bufo italiano" según
Il Corriere della sera e a unha pizpireta Norina (Patrizia Ciofi, soprano) que non deixaba de saltar, corretear e moverse polo escenario mentres un chorro de voz impresionante saía do seu corpo. Gustoume moito tamén a personaxe de Doutor Malatesta (Fabio María Capitanucci, barítono) e por suposto Ernesto (Celso Albelo, tenor), tremenda voz que ten este home. Polo que puiden saber é un tenor lírico, como era Alfredo Krauss, e ten unha voz clara, aguda...preciosa, en definitiva. A destacar tamén, a actuación de Pablo Carballido (tenor) no papel de notario que actualmente é profesor na Escola Municipal de Música da Coruña e que no seu día realizou a estrea, en recital, do aria de Pedro da ópera
Inés e Bianca, de Marcial de Adalid, nunha gala a beneficio dos damnificados polo
Prestige. Sen entender de voces, disfrutei moito dos cuartetos que se marcaron os cantantes e, moi especialmente, de Ernesto e Norina cantando xuntos. Tamén o coro foi espectacular, 40 persoas cantando ao unísono cunha posta en escea moi divertida.

En total durou 3 horas, con descanso incluído, que non se fixeron pesadas en absoluto. Gustoume moito e quedei admirada do tremento traballo que supón facer un espectáculo coma este e a cantidade de xente involucrada, a Orquesta (magnífica), os cantantes, o vestiario, a escenografía, iluminación etc

Entre asistentes ilustres destacar a Brais, cantante de
Loretta Martin, e a González-Garcés, todo feliz pululando e saudando no descanso.
Sinopse de Don PasqualeGonzález-Garcés no seu esplendor