De todos é xa sabido que o 25 de novembro denúnciase toda clase de violencia contra as mulleres. A miña aportación desta vez é un microrrelato titulado O coitelo do Matachín que vén de gañar o VII Certame de Microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña, que me parece que andan a estrear nova páxina.
Foi unha gran sorpresa e alegría saber a nova e dende aquí quería agradecer o apoio dos amigos á hora de animarme a facer aquelo que quero, á Lonxa Literaria polo traballo que fan, ao xurado do certame e tamén compartir a miña ilusión con todos vos.
An manda un meme, o do libro galego e portugués, comezado por Manuel. Sortearase un libro entre todos os que comenten nesta entrada o día 30 de novembro. Manuel apuntaba que sería ben que o libro escollido para sortear fose dalgún autor ou autora da zona.
Vivo na Coruña e foi aquí, da man de María, onde coñecín a Diego Ameixeiras. Así que, como o rapaz me caeu ben, decidín que o libro que vou sortear será Dime algo sucio.
Suponse que debería pasar o meme a outras persoas, pero como a blogomorgue anda moi morrida, os zombis que anden por aí e lean isto, se lles apetece unirse a este meme, que se unan, e se non a comentar neste post, mortos vivintes, que se sortea un libro!!
Michel L´amour e outras mozas espidas, libros coma O retrato de Dorian Gray, Lolita, poemas de Neruda e Sylvia Plath, cancións de Leonard Cohen ou o último de Nick Cave: A morte de Bunny Munro, aforo de 50 persoas e ás veces música en directo. Todo iso é o show Naked Girls Reading.
Se iso non é unha campaña de animación á lectura, a min que me maten.
Quero mozas espidas lendo. Ou mozos espidos lendo.
Por moito que Jaureguízar insista na súa última actuación, Todo o que sempre quixo saber sobre a literatura e ninguén lle contou, que discrepa da prosa "sonora" de Caneiro, non me disgustaría escoitar a un mozo limpo de roupa, sentado e lendo ao Xosé Carlos "Quita a roupa aos poucos, anda, deixa, vou quitarche eu a blusa, o pantalón, déixame a min, cariño, non vou tratarte coma un oso de peluche, non, esta vez non, permite que os meus dentes rompan a seda negra que cobre a túa pube..." ou, eu que sei, mozas a recitar a María do Cebreiro ou Berta Dávila mentres tomas un café.
Non sería ningunha tolería posto que xa nos teatros temos visto a máis dun e dunha espidos ou case (e lémbrome de Davide Salvado) e non sei como resultou Palabras Contadas Long Play con Camilo Franco e Magín Blanco nas Crechas, pero xa é outra maneira de achegar a literatura á xente.
E ti que lerías espido? E que che gustaría que che lesen?
Eu vou agardar por Ameixeiras e o seu Dime algo sucio que é un bo título para quedar sen roupa.
Nocilla Dream realmente é iso, un bote de Nocilla con leite, cacao, avelás e azucre. É unha mestura de posts con ligazóns, con citas, con contos e cun fío conductor: un álamo que me enfeitizou.
En efecto, técnicamente su nombre es US50. Está en el Estado de Nevada, y es la carretera más solitaria de Norteamérica. Une las localidades de Carson City y Ely atravesando un desierto semimontañoso. Una carretera en la que, hay que insistir, no hay nada. Exactamente nada. 418 km con 2 burdeles en cada extremo. Conceptualmente hablando, en todo el trayecto sólo una cosa recuerda vagamente a la presencia humana: los cientos de pares de zapatos que cuelgan de las ramas del único álamo que allí crece, el único que encontró agua.
Enfeitizoume ese álamo, a historia que Agustín Fernández Mallo lle regala e o feito de que me faga lembrar Espectro e Big Fish.
Dixo hai uns días unha amiga que Inditex decidiu esta tempada que as adolescentes serían rockeiras/punkis. Tati Mancebo está propoñéndonos que esta tempada sexamos Culturpunkis.
A min paréceme unha moi boa idea, eu tamén quero Culturgal 2009.
Este para min é un mes de remexer: remexer nas fotos, remexer nos recordos, remexer nos días de vacacións, remexer nos festivos que quedan por diante, remexer entre os números do almanaque, remexer ideas na cabeza.
Hoxe tocou remexer agosto e despois de moito buscar botei de menos o Artenativa. Tiven que recurrir ao consabido baúl dos recordos e atopei a Projecto Mourente e a The Homens (sen raias, por espontáneos) tamén remexidos.
Festivalga (porque Valga era unha festa)
Xa sei, hai festivais a fartar, pero neste pasábase tan ben...
Desacóugame. A el inquietouno o Ensaio sobre a Cegueira de Saramago. Entón póñome a pensar en libros que me desacougasen, que me revolvesen as tripas anque so fose un pouquichiño e fago unha lista pequena na que se admiten suxerencias:
1.Ensaio sobre a cegueira-José Saramago 2.El señor de las moscas-William Golding 3.Pedro Páramo-Juan Rulfo 4.Crimen y castigo-Fiódor Dostoievski 5.A sangre fría-Truman Capote 6.El tambor de hojalata-Günter Grass 7.La identidad-Milan Kundera 8.Diario:una novela-Chuck Palahniuk 9.Cuentos Completos-Julio Cortázar 10.Putas asesinas-Roberto Bolaño 11.La larga marcha-Stephen King (cando escribía baixo o pseudónimo de Richard Bachman) 12.La carretera- Cormac McCarthy
Despois doume conta de que as seis primeiras novelas xa teñen as súas correspondentes películas adaptadas. Ensaio sobre a cegueira
El señor de las moscas
Pedro Páramo
Crimen y castigo
A sangre fría
El tambor de hojalata
Kundera e Palahniuk teñen outras novelas que tamén foron convertidas en filmes.
La insoportable levedad del ser
El club de la lucha
Tamén hai un montón películas baseadas en contos de Cortázar, que semella ir competindo con Stephen King en canto a fonte de inspiración á hora de adaptar guións, de feito vin que hai unha curta que se basea en La noche boca arriba(Final del juego) de Julio Cortázar e no segundo volume da saga La torre oscura de Stephen King.
Blow Up (baseado no relato de Cortázar Las babas del diablo)
Perseguido (baseado en El fugitivo, tamén escrita baixo o pseudónimo de Richard Bachman e con Schwarzenegger de protagonista)
Seica Frank Darabont para o 2010 terá lista a versión para cine de La larga marcha e a Bolaño adaptaranlle Los detectives salvajes, seica.
E agora, de tanto rebuscar, remato atopando a Viggo Mortensen en La carretera