12/30/2006

Cea de nadal: a gran fartanza


Ghanito, o noso seleccionador, xa fixo a súa crónica sobre o once inicial e as xogadas maxistrais da noite. Fómonos atopando todos, primeiro Moinante mais eu para dirixirnos a agardar xunto con fer, que fixo a súa labor de ceibador de libros, á expedición compostelana formada por xorna, Snob, Modesto e postscriptum. Ascárida xa estaba alí e Pawley acompañounos logo da chegada de ghanito e mourullo ata o Rodicio onde estaba Arduina toda preocupada pensando que chegaba tarde.

No Rodicio comemos a fartar e menos mal, porque a noite prometía. Ifrit non sabes o que te perdeches e sabes que te queremos (e o mesmo lle digo a ictios, a dorfun, a Calidonia, a shs, a Berto, a orsinia, a nemtele, a opaco, a oko...a todos !).

O conto é que comemos moito, cumplimos bastante ben o plan que había, temos fichado ao mozo de Arduina, fer e xorna foron tomar o aire nun momento dado da noite e o resto quedamos no Desquite bailando en plan destroy e como xa era 30 de decembro cumplimos moi ben o tema este das apertas gratis: fregámonos canto quixemos, con moito amor, con moito cariño, con moito alcol, con nocturnidade e con alevosía.


Fala ghanito da versión do himno, nazón de Gatocán e teño que dicir que a versión reggaeton nazón de Breogán-Yasuri Yamileth xa a tiñan nas súas mans Sak e Gustavo Harvey a noite anterior.

Eu tamén retirei pronto que estaba que non me tiña, e quedaron Moinante (de veras que o sinto, pero xa quedaremos outra vez), Modesto, mourullo, Snob (que home, que lombo, que todo...o mundo vese doutro xeito encima de ti!), ascárida e postscriptum.

Hoxe estou coa voz crebada pero da igual, a gorxa desfeita, vou enfermar, non vou chegar a anonovo: preciso glucosa en vena.




Foi unha noite para non esquecer e anque as fotos non se corresponden coa realidade, que máis terá!!!

11 comentários:

Anónimo disse...

oes eu nom queria dizer nada mas.... que guapos saides todos nas fotos :-D

besbe disse...

é que cando nos maqueamos un pouco estamos esplendorosos :)

oko disse...

vaia... agardo que na próxima xantanza haxa tamén desas fregas amorosas!!!! :)
Feliz ano novo e biquiños mil!!!!!!!

besbe disse...

oko e con quen te quererías fregar??? :DD (non o deixes de contar) Feliz ano bonita!!

Anónimo disse...

Vaia! Despois do blogueo, as dúas versións concordan (a de Ghanito maila túa). É bonito ver que a xente blogueira se divirte. Parabéns a todos e todas. Feliz aninovo.

besbe disse...

Pasar pasámolo ben e menos mal que as dúas versións concordan que a noite foi longa e dou para todo!Graciñas e bo ano para vos tamén

Anónimo disse...

A verdade, somos todos moito mais guapos do que saimos nas fotos, ainda que estea mal que o diga.
E foi unha noite caralluda, abofé que si.

Anónimo disse...

E sorprendeume a comida, mellor do que agardaba.
Isto mais co pecado da gula era o pecado da carne.

besbe disse...

A min tamén e mira que me gusta, pero tanta xunta...vamos, pra repetir outra vez pecaminosas comidas destas!

Anónimo disse...

Non lembro que se fixeran tantas fotos :D
Nen lembro como nen quen me trabou no pescozo.. nen quero saber.. ;D
"la noche me confunde" ou será o alcol?..

besbe disse...

A min non me mires que eu non fixen nada e sobre do alcol...que rica estaba a auga! XD
Investiga, que ti non quererás saber pero eu si. un bico!