10/17/2007

Galeguia



Yolanda Castaño vai ser o tema da semana e é por iso que vou procurar non perderme o recital que ofrecerán ela, María Lado, Lucía Aldao, Estevo Creus, Enma Couceiro e Xavier Vásquez Freire este venres 19 ás 19.00 horas no Kiosco Alfonso na Coruña.

Este acto e outros na Galería Sargadelos e na Facultade de Ciencias da Comunicación en Compostela e no CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar) en Vigo forman parte de Galeguia que ten como obxectivo dar a coñecer en Galicia cada ano un país de fala galego-portuguesa. Este ano tócalle a Cabo Verde.

Pois iso, coa polémica servida, vou ir ver recitar a Yolanda, que nunca a vin e apetéceme.

De paso recomendar esta carta que escribe Calidonia: Un erro non amaña outro erro.

4 comentários:

Anónimo disse...

Mágoa non estar aquí este venres á tarde porque o evento ten on morbaso da ostia.

Xa contarás que tal!

Roi Buligan disse...

Pois é unha boa recomendación, ver esa recital de poesía, e Yolanda ten unha parte mediática que a beneficia e perxudica según para que cousas pero ten fermosas poesías e eso está ahí. Cabo Verde é unha debilidade miña, vivir tan perto de Burela é case vivir ao lado dun cachiño de Cabo Verde e da súa cultura. Especialmente atractiva cantantes novas como Mayra Andrade, Sara Tavares...Estiven en Coruña 15 días pero non me coincidiu con Man Ray :(

torredebabel disse...

e os seus lectores ao lonxe teremos crónica desa presentacion??

Mario disse...

Si que ten morbo a cousa, xa nos contarás como correu.