
Pois si, nin hora menos nin fuso horario distinto. Se me mantivesen esta hora (GTM +2, que bonito que é o verán), ben contenta que quedaba, porque quero horas de luz ao saír de traballar. E dame igual ir desfasada respecto ao sol, porque non soporto tanta escuridade xunta.
Pola contra, dame que haberá que mudar de novo os reloxios. Non me apetece nada.
*Outra opción sería madrugar máis, erguerse co sol e ter xornada continua, pero iso tampouco depende de min.
Pola contra, dame que haberá que mudar de novo os reloxios. Non me apetece nada.
*Outra opción sería madrugar máis, erguerse co sol e ter xornada continua, pero iso tampouco depende de min.
4 comentários:
Amola moito máis o outro cambio.
Un belisco grandeiro!
O peor é ir a traballar de noite e volver á casa de noite. Conste que eu sonche rariño e me gusta moito en inverno que comece a escurecer a iso das sete... Compostela luce distinta á noite.
Estou contigo, besbe. De feito ía escribir algo semellante
Estas tardes que rematan ás 5 amolan a calquera. E total, pola mañá a min madrugar cústame igual, sexa día ou noitexo
totalmente a favor, eu gosto da oscuridade, mais pra sair de festa!!!
Enviar um comentário