
Eu non vou poder ir á estrea e ben que me pesa, polo que non poido facer máis que animar á xente a que vaia vela. Pan, do equipo Volta e Dalle Teatro, está baseado na tradición da malla, pero como di Eliana Martíns, xefa de producción da obra "...non agardes ver unha recreación folclórica da malla. Neste espectáculo, esta tradición perdida simboliza a substitución do modo de vida rural, propio dos galegos e das galegas até hai poucas décadas, pola economía capitalista de hábitat urbano. Queremos un espectáculo moderno e vangardista que bota unha ollada con respecto sobre o que fomos e o que estamos a ser."
A obra ten catro directores que contan catro historias relacionadas coa malla e co modo de traballo que se ten nestas actividades: o traballo en equipo, pero desta vez levado á nosa época actual, ao noso modo de vida. Entre as actrices que se poderán ver encima do escenario estará María Lado.
Son moita xente implicada que fixeron un duro traballo de fondo e a cousa promete, mesmo haberá música en directo e danza. E anque nin este sábado nin o domingo poida ir ao Teatro Principal, gustaríame que alguén fose e mo contase despois. Vos me diredes, e mentres tanto moita merda para eles.
Pan no Teatro Principal
na de Elianinha
na casatlántica
nova en Galicia-Hoxe
nova en La Voz de Galicia
2 comentários:
Ai, que bonito!!!!
Despois deste espazo para a publicidade, mándoche un feixe de bicos para agradecercho. Cando volvamos por Oroso, prohíboche faltar, moza.
Ás súas ordes, xefa!
Enviar um comentário