10/01/2007

ILSa e New York

New York, New York comezou sendo un blog en internet que , créndose esencial na vida dos que a rodeaban, ILSa escribiu para relatar aos amigos en Galicia as andanzas pola cidade de Nova York, á que marchou en setembro de 2005 por cuestións de traballo. Deste xeito, evitaba botar tediosas horas repetindo mil veces a mesma historia en innúmeros e-mails.

Souben quen era Inma, pode que o ano pasado, cando un amigo que a coñecía ma sinalou unha noite na Reixa e souben de New York, New York nos andeis das librarías e porque presentaba o libro xusto antes que Mario, aquel día na Feira do Libro da Coruña.

Ao final rematei mercándoo nunha segunda oportunidade (a primeira vez mudeino por Os libros arden mal)e non me arrepinto. A historia é contada dun xeito moi fermoso, pode que por ser vivencias persoais, e é un gusto deixar os ollos nela porque te embebedas dun xeito de vida e sitios comúns sen sequera coñecelos, pero que gracias a ILSa che resultan familiares.

Non poido facer máis que recomendalo.

New York, New York. Inma López Silva (Editorial Galaxia)

9 comentários:

Anónimo disse...

Se alguen a mira que llo diga:
"Besbe, volve a casa ( ainda que non sexa navidade)..."

paideleo disse...

Terei que facerme co ese libro...Para lembrar vellos tempos...

TXARI disse...

se o recomendas haverá que che façer caso, ló!!

Son Unha Xoaniña disse...

Xa me entrou a curiosidade, así que teño que o ler.
un saúdo.

Anónimo disse...

Pois a verdade é que lle fas unha estupenda publicidade, haberá que mirar de lelo...

torredebabel disse...

si si, non sei se o libro é fermoso pero o que si sei é que fixeches un traballo de animación á lectura que moitos quixeran.

Anónimo disse...

Vou correndo!!! e gracias Besbe pola recomendación, ando un pouco orfa de lecturas apetecibles.Un bico newyokino.

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Inma López Silva foi convenientemente advertida deste entusiasmo. E ela está igualmente encantada. Son noticias que me veñen vía interposta. E bicos, moitos bicos desde Vigo.

besbe disse...

(xa vou, madriña, xa vou)

nótase que hai fame de libros :D e moitos máis bicos a quen corresponda dende a Coruña.