
Xa todos teremos oído falar da fibromialxia, ese síndrome ou, como refiren por aí moi ben, entidade de etioloxía idiopática-descoñecida que afecta a un 2% da poboación, que se caracteriza por unha dor músculo-esquelética crónica. Sempre me chamou moito a atención porque ata o de agora non hai probas clínicas coas que confirmar o diagnóstico, co cal non é considerada enfermidade e si un síndrome (un conxunto de signos e síntomas).
E como non lle vou descubrir nada a ninguén pois comentar algo curioso: o transtorno de conversión, que é cando a nosa cabeciña expresa as súas cousas afectando ao noso corpo acabando nun estado nada saludable, similar á somatización, so que as conversións seméllanse máis aos procesos neurolóxicos. Hoxe falamos destes transtornos pero fai un tempo falaban de histeria cuns tratamentos que calquera rexeitaría e a conto de todo isto, cos avances da ciencia, resulta que os transtornos de conversión que antes se manifestaban en forma de cegueira, parálise dalgún membro etc comezaron a non ser tan frecuentes, posto que xa se podía saber se o problema era real ou non.
Hai por aí varios estudios sobre se a fibromialxia pode ser unha manifestación dalgún transtorno psicolóxico-psiquiátrico, o cal seguro que pode molestar a quen a sufre.
De momento quedamos co que di o American College of Rheumatology sobre os criterios diagnósticos.
10 comentários:
Estásme a asustar...
Esas cousas meten medo, pero tamén serven de estímulo: hai que gozar da vida, que nunca sabemos de que balcón nos vai caer a maceta. Saúde!!! Ah, que envexa dades os da Coruña cando vos poñedes a sacar os libros á rúa. Quen nos dera aos súbditos de Corina!
Non, si eu o digo por ela...
¬¬
aidiormio! pero isto ten cura, non?
á miña nai o médico contestoulle a tres hernias discais que eran manias súas, histerias. Vese que tres meses no leito fora por depresión...
como foi o dos globiños?
unha aperta
Nós ablámos Portugues, mas gostámos Mucho deste blog!
Passem pelo nosso blog, pois é mucho engraçado..
Ás veces por non mirar pásanse por alto moitas cousas, eu o que penso é que se alguén vai ao médico será porque algo lle pasa. Que se coide moito túa nai nemeth e sobre os globiños: xenial :), ía grabar en vídeo a solta dos 5000 globiños en María Pita pero resulta que non fun precavida e quedei sen batería. Fartamos de inchar globos para os nenos e trouxen un para a casa atado no bolso. Agora ese está de capa caída que o helio vese que non aguanta moito tempo.
Outra aperta grande para ti.
Miña madriña ten fibromialxia e pódovos asegurar que é un mal que non lle desexo a ninguén. Doelle todo o corpo, non sabe como poñerse, por enriba o noso clima de humidade é unha merda para os osos...
apretas
Eu teño unha coñecida que a padece. E coido que o que máis lle doe é a incomprensión da xente diante da súa doenza.
Enviar um comentário