Un.
Seguindo coas calesas sevillanas, historia real dun médico gordo abondo de Badajoz. O señor da calesa cando ve que se vai montar vai e dille:"Haga usted el favor de ir por detrás que no lo vea el caballo"
Dous.
Na City do Sir, un can ladrando a rabiar e o dono sentado nun banco mirando para os que pasan e dando explicacións: "É que acaba de pasar un neghro e non os aghuanta."
Tres.
(Chaman ao teléfono)- Torre a caballo y mate.(Colgan)
(Devolvendo chamada)-D4 tocado y hundido.(Colgamos)
1 comentário:
Con dicirche que a min o teléfono non che me gusta nadiña xa suporás que fago que rematen pronto, é un querer e non poder.
Cara a cara podes mirar, interaccionar co outro, sentir o momento...e por carta aínda te podes expresar mellor se cabe. Por teléfono ten que ser todo instantáneo, non hai tempo para pausas, non hai lugar para facer mil enrugas coa cara que poden significar mil cousas.
E acabas de lembrarme a correspondencia dun verán cunha amiga, no trance de pasar da E.X.B. ao B.U.P., cando Esteiro e a miña casa ficaban tan lonxe.
Un saúdo profano nestas datas.
Enviar um comentário