4/05/2006

Tres historias, tres.

Unha.

Dous norteamericanos chegan a Sevilla a visitala, a muller de 150 kilos e o home un pouco máis, e como facía unha calor que tumbaba, montáronse nunha calesa, o cabalo a pouco cae do susto. Dinlle ao señor:"Hello...tú enseñar...enseñar Sevilla nosotros", "Si, hombre, como no!". E alá van os dous norteamericanos, o sevillano e o cabalo de percorrido turístico, que se aquí esto que se aquí o outro e pasan por tódolos sitios habidos e por haber e cando rematan o itinerario o sevillano vai e dilles:" Son siencuatromil peseta". O norteamericano que tonto non era di: "Excuse me, tú enseñar...enseñar tarifa" ao cal o retranqueiro do sevillano vai e dille:"¿Tarifa?¡¡Tú lo que quieres es que se me muera el caballo!!".

Dúas.

Había un canciño palleirán pola rúa arriba de enfrente da Giralda ao que lle gustaban as cadelas grandes e el era pequeniño, pequeniño...e o único que lle gustaba eran as cadelazas así de bo ver. Como non lles daba feito sempre as camelaba, ladraba aquí, ladraba alá, trababa amodiño noutro lado e íaas levando para a porta dunha casa de alí. Nesa porta había un escalón (un chanzo grande, vamos) e cando tiña a cadela en posición subíase a el e alí a montaba, poñía as patas de diante cruzadiñas por riba das mesmas da cadela e apretábaa forte e daquela xa a tiña onde a quería ter. E canto máis pelexaba a cadela, máis lle gustaba ao canciño e anque a cadela correse cabreada o canciño sempre ía anoado a ela. E o canciño sempre pasaba tantos traballos ladrando e mordendo porque a el so lle gustaban as cadelas grandes.

Tres.

A versión oficial e a que me contaron: Susana era unha moza moi fermosa, das que nunca se viron, e de tan fermosa que era ao pé do seu balcón houbo pelexas e pelexas de pretendentes, vertiuse moito sangue no nome da beleza de Susona e a ela mesmo lle gustaban esas loitas polo seu amor, sabíase bonita. Pasou o tempo e Susona envelleceu e a súa cara encheuse de arrugas e a beleza esvaíase por momentos, daquela douse de conta de que a fermosura exterior era algo enganoso, que o único que importaba era a cara que non todos poden ver a cal perduraba para sempre. Arrepentida dos crimes amorosos e ciumentos cometidos no seu nome dixo que cando morrera quería que o seu cranio fose pinchado debaixo do seu balcón para que ninguén esquecese iso.

Anotacións a pé de páxina:
1. Esta cidade alcolízame.
2. O de que as casas non sobrepasen os 3 pisos (na zona máis antiga) para que poidas ver a Giralda é moi boa idea, a ver eses plans urbanísticos dalgún sitio.
3. Quedoume a curiosidade do "a pesares de..."

5 comentários:

eue disse...

Á catedral engadíronlle a Berenguela porque non podía ser que estivese máis baixa ca San Martiño Pinario.
Adoro San Martiño Pinario.

Nemeth disse...

Que historias máis bonitas...
Agardo cargar as pilas tan bn baixo da Berenguela (ou San Martiño) coma o fixeches ti en Sevilla :D

acedre disse...

Mui bo o dos americanos. E o cancinho ese non sei se o miraria polo Porrinho adiante que mirei un facer a mesma xogada.
A min Sevilla gustoume pero desilusionoume a Torre del Oro.
Un saudo.

besbe disse...

Ola, si que veño cargadiña de todo. Gracias a todos polos vosos comentarios e a verdade é que Compostela non desmerece nadiña. Estaba pensando en ir un día para turistear aí tamén, que a pesares de tela percorrido mil veces, pouco tempo adiquei a mirala con ollos alleos.
O certo é que me gusta máis o noso. A chaira provócame angustia, anque todo será cuestión de costumes.
Acedre, compañeiras de traballo tamén dixeron o mesmo, pero máis bastamente. Mesmo a Giralda as decepcionou, ían dicindo que agardaban algo coma o castelo de San Antón e a Torre cando falaban da catedral e o seu campanario.
Por certo, oín que o señor Losada igual quitaba as cutreterrazas de María Pita. Alguén mo confirma?

Bicos para todos/as.

Anónimo disse...

Isso das tuas companheiras é súper-típico dos galegos quando andamos polo mundo. Diante da pirámide de Gizah, ou da torre Eiffel, ou do Taj Mahal, sempre haverá um galego comentando:

- Boh, onde se ponha o hórreo de Carnota.