pifiaflautista.WAV
Powered by Castpost
O Caneco
Miña nai a min berroume
por botar un ferrancholo
se o botei feixen ben
tamén o botou Manolo.
Tamén o botou Manolo, tamén o botou Manolo.
Miña nai a min berroume
por botar un ferrancholo.
E súmballe o caneco e o caneco sumba
e súmballe o caneco e o caneco sumba sumba.
E súmballe o caneco e o caneco sumba
e súmballe o caneco e o caneco sumba sumba.
Vindo dos polbos da illa
parei no medio do mar
agora dime rapaza
cantos polbos che hei botar.
Cantos polbos che hei botar, cantos polbos che hei botar.
Vindo dos polbos da illa
parei no medio do mar.
E súmballe o caneco...
Boteiche un polbo na saia
túa nai ben me mirou
agora vaite queixar
ó cono que te botou.
Ó cono que te botou, ó cono que te botou.
Boteiche un polbo na saia
túa nai ben me mirou.
E súmballe o caneco...
Pois iso, que a tocaron os de Muxicas (No colo do vento) e ben, iremos zumbarlle tamén ao caneco.Pi-pí!
8 comentários:
Encantoume sobre todo o final da peza. Vese que aí hai futuro. Practica moito e fai exercicios de respiración: déitate cun dicionario Xerais sobre a barriga e trata de erguelo e baixalo, que seica é bo para os pulmóns. E non te preocupes se a cousa non funciona. Eu quería ser unha mestura de Frank Sinatra e Pucho Boedo e xa ves, acabei de funcionario.
Caneco co significado de recipiente para bebida ?.
Besbellinha, já que tanto queres ser gaiteira, podes tocar na minha gaita. C'um caneco.
Acedre creo que si, ou ese é o que lle coñezo.
E agora meu pitiño querido, ti deixarás que che fure a gaita??? Que con caneco ou sen el, soplar teño que soplar e cos consellos do veloso...(eso de que hai futuro, ai mi má). Algo mala si que son.
:)
A GAITA ENCANTADA
Minha gaita está furada
É gaita d'um furo só
É uma gaita encantada
Quando toca o sol e dó
Pitiño
Pito voute mandar aquí directamente:
http://aranheira.net/2006/05/02/to-pee-or-not-to-pee/
Besbellinha, esta é uma quadra que te dedico para que a completes a teu gosto.
BAILANDO COM A GAITA
Quando toca o sol e dó
É lindo ver-te bailar
E para baixar o pó
Pões-me a gaita a mi...
Pitiño
*X*a ve
*A*migo pito,
*R*egueifar non é o meu
*.*
Enviar um comentário