Hello, my friends! Na búsqueda está a felicidade e no achádego tamén. Recibín hoxe un correo de alguén que non coñezo e que veu de visita esta fin de semana á cidade onde moro lembrándose de min (hai unha ponte entre Vigo e A Coruña, está claro). Deixaba claras instruccións do que tiña que recoller e das coordenadas do sitio a onde tiña que ir. Pasei todo o día expectante e agardando saír pronto do traballo, e veño de recoller o presente. Música!!
Servando e contradança que escoitarei máis adiante e unha escolla propia de moitas cancións das que ando a escoitar "As sete mulheres do Minho" cantada por Dulce Pontes (e que xa escoitara nas mozas de Faltriqueira, regalo doutro tempo)
O mellor de todo é que tiña moitas ganas de contárvolo.
Ains, fly me to the moon, and let me play among the stars...andívome esta canción todo o día na cabeza.
6 comentários:
alédame verte tan pletórica. Que foi, unha clas de music-crossing no canto de bookcrossing?
unha aperta
Que sorte tes. Aledome por ti... ou sera que o mereces ?.
Un saudo.
Transmites boa enerxía... e contaxiáchasme a canción, aínda que, por unha cuestión de asimilación sinátrica, agora mesmo me dea por cantaruxar aquela de "come fly with me, let´s fly, let´s fly away..."
Saúdos.
A música é o que ten... máis axiña que ningunha outra cousa é quen de evocar imaxes e sentimentos que temos dentro.
é unha maravilla cando escoitas unha canción e logo soa continuamente na túa testa, e até vas para casa desexando por ese CD e escoitalo.
Eu hai tempo que cando iso acontece raciono as audicións. Se a escoitas moitas veces rematas por te acostumar. E mellor racionala. Oila unha vez ao día nada máis. Así ese agradábel efecto pode durarche meses...
Pois estame gustando a idea do music-crossing, o dos libros non me convenceu nunca moito porque sempre tiña a mala idea de que non ían caer en boas mans, en cambio a música éche outra historia.
Veloso, esa canción substituiu a un vals na voda dunha compañeira (e agardo como di larvós que o feito de oíla unha vez namais nese día faga que o efecto perdure moito tempo)
Acedre, o breogan, vos si que evocades cousas boas :), e eu ao que viña: a agradecer o detalle que me fixeron e os detalles que vos facedes.
Enviar um comentário