
Onte chegoume ao correo da casa unha carta de Médicos Sen Fronteiras cun Muac destes (Mid Upper Arm Circunference) que mide o grao de desnutrición dos nenos. O que teño eu ten catro cores: vermella, laranxa, marela e verde. Na zona que abarca a circunferencia vermella so me entran dous dedos...pois un braciño que abultase coma os meus dedos índice e corazón sería o de un neno moi desnutrido e con moito risco de morrer.
Non sei como chegou esta carta a min, pero pensando no post anterior, misioneira non serei pero tampouco mala persoa.
Despois sobre o que moitos pensamos, se a axuda chega ou non chega...ten que chegar!
3 comentários:
"Que quem já é pecador
Sofra tormentos, enfim!
Mas as crianças Senhor,
Porque lhes dais tanta dor?!...
Porque padecem assim?!...
Augusto Gil
A verdade e que ver sufrir aos debiles sempre me cabreou...e logo imos coa escusa de que non vai chegar a axuda que mandemos.
Escusas hai moitas pero ningunha ten que valer, ou eso penso.
Sr pito, xa lle dixen que me intrigaba nonsí?
Saúdos e non pasar fame.
Enviar um comentário