5/24/2006

Intercalando pensamentos


" -Collemos aire e ao soltar levamos unha rodilla ao peito colléndoa cos
brazos. Estiramos e repetimos coa outra. Imos alternando as pernas.
- Intercalando non?
-Non rapaz, alternándoas.-pensamento interno."


Acabo de cruzarme cun militar. Un rapaz, bótolle 20 anos ou un máis ou un menos. Ía cargadiño cunha mochila enorme, coa bandeiriña de España na manga esquerda que a dereita non lla vin.
(Esto non é vida, esto é un vidón.) Non é que coñecese eu moitos militares pero ata o de agora todos me caeron moi ben, todos xente nova e que cando o contaban miraban con recelo a ver que expresión surxía da cara do intelocutor. Este rapaz, camiñando sosiño pola city adiante tamén me caeu ben, levaba os auriculares postos. Os uniformes sempre quedan ben e a min o militar gústame.

Lembro dun rapaz ao que destinaran daquela a Irak, 2003, verán nada tórrido en comparanza co deserto.(Nun velatorio, un mirando para o morto: Ai, e non somos nada. Outro: Nós tampouco, pero dixeron que daban pastas e café...!) Tamén me gustara a equipación que lle deran, sobre todo as gafas. E de deserto a proximidades de deserto quédome coas bonecas lexionarias que meu padriño me mandara cando estivo en Melilla, bonecas que non sei onde están pero que penso buscar no faiado da casa.( Un negro atopa unha lámpada marabillosa e pide un desexo: quero ser branco e que as mulleres se senten riba de min. E convertiuse nun bidé.)

Despois ben pensado o exército non está tan ben, non ten nada que ver con esas batallas medievais, nin esas cargas míticas que rematan en victorias lendarias e os soldados so se convirten en números. (Hai poucos Hanorinos e Edonis eh?). O único que estaría ben sería facer a mili sabendo que nunca vas ter que utilizar eses coñecementos, ir de maniobras, manexar tanques e compartir cuartel por saber o que é eso.

Cousas que acuden á cabeza: Tigerland, La delgada línea roja, Apocalipsis now, El húsar, Al fondo Eger, El señor de los Anillos.
Hai outras que tamén acoden...

3 comentários:

Anónimo disse...

Algo parecido á mili, pero sen tanque é un internado. E dígocho por experiencia, que estiven en dous e tiñamos a obriga de facer a lo menos unha hora diaria de deporte, ademáis das clases e das horas de estudo tamén obrigadas. Se a iso súmaslle que estás lonxe da casa, xa tes un destino :D

Outra cousa eu só coñecín a un militar profesional, un bo tipo, e, ademáis, orgulloso de seren militar. Sempre quixo se-lo e, cando o acadou, dicía que era militar profesional con verdadeiro orgullo.

acedre disse...

Mui bo o chiste do negro e boa tormenta de ideas que tiveches hoxe.
Un saudo.

Veloso disse...

Estou seguro de que a maioría dos militares son boas persoas, con moita vocación e todo iso. Aínda así, ninguén me vai quitar da cabeza que os exércitos son organizacións criminais profesionais. Por iso creo que é tan necesario que cada vez se traballe máis no seu aspecto de ONG e menos no de grupo armado. Xa sei que soa moi idealista, pero sigo pensando que estaría moi ben un mundo sen patrias nin exércitos. Un saúdo.