8/25/2006

Isto non é un problema


Esta noite tiven insomnio. Este mes, bruxismo e non estou facendo nada por evitalo: cafeína, alcol, tabaco, voltar a morder as unllas... Pásame de día e cando me decato, xa estou apretando os dentes. Vai ser que as vacacións me estresan(vouno dubidar)

polo de pronto hoxe lisco de viaxe e si, ao final vai ser eso, porque non sei xa que uso darlle.

8 comentários:

Xosé Manuel Carreira disse...

Eu tamén levo fatal o do insomnio, pero no meu caso é provocado polo meu traballo e o exceso de café. O de non ter vacacións é unha chungada.

Anónimo disse...

O teu sorriso no ar
É o espelho da tua alma
Podes também cantar
Alivia a tua alma

Refrão
Trá-lá-lá-lá-lá
Trá-lá-lá
Trá-lá-lá

Pitiño

Veloso disse...

Vaia, eu tamén levo unha tempada bruxista. O máis lamentable é que non bebo nin fumo nin como as unllas. Mesmo creo que a miña vida é tranquila e ordenada. Haberá que desordenala un pouco. Boa fin de semana.

Nemeth disse...

eu tamén paso as noites branco, dáme o sono contra a mañá, xusto cando teño que traballar :)

o uso que lle queira dar, ben dado estará :)

boa viaxe

Anónimo disse...

UM SORRISO TEU

Guardarei o teu sorriso,
Como quem chora por mim.
Terei eu algum juízo?
Teus olhos não choram assim.

De Pitiño
Para quem chora e quem ri

O Breogán de Gáidil disse...

Hai que tomalo con calma. A min o do bruxismo chégame de noite.

Entre os exércitos que dirixo (e non é coña, pregúntalle a Jan) e os dentes paso unhas noites de carallo.

Pero iso, hai que tomalo con calma.

paideleo disse...

Eu teño soños raros co Acedriño pero supoño que será normal.
Encantoume o escudo de Abegondo.

TXARI disse...

contra o insomnio, lectura, escritura e máis lectura...contra as unlhas...tapalas con esparadrapo....que durmas ben