9/27/2006

Landras en Madrid ou "E ti de onde es?"


De todo o que podía contar da estancia madrileira so vou dicir que se me esqueceron uns pantalóns no sitio no que me hospedei (trato impagable, por certo) e non foron os que tiña postos este día:


O Retiro está cheo de castañas de Indias, pero xa levaba unha no bolso da fin de semana pasada e, como sempre dixen, que viva o producto nacional. De feito, na horta que teñen no Real Xardín Botánico hai "coles gallegas" e "grelos de Santiago"(estes últimos mellor pillalos en Ordes)...eu collín unha landra do chan.

O conto é que iamos a un congreso e aí van unhas cantas ligazóns:

MS Madrid 06

AEDEM-COCENFE

FELEM

ms-network

Saúdos xa dende a casa y que bien nos lo pasamos.

9/18/2006

Un domingo calquera



Como o sábado nin fun ver a Fanfare Ciocarlia no Reperkusión, nin a The Homens en Desarmando Teo en vez de amargarme de mala maneira, o domingo arrancamos uns cantos cara Monforte de Lemos, máis que nada, para dicir que non somos dalí.






Despois de andar un pouco pola cidade, collemos cara o embalse de Belesar onde paramos na praia de Cobas. Despois veu o rallie do día, en Chantada vimos que por alí preto había unha fervenza (da que agora non me lembro o nome) pero non demos con ela, chegamos a Os Peares e fomos dar a volta a Coles, á beiriña de Ourense xa. Pasar, pasámolo ben, que é o que conta.



Así por contar algo máis, déixovos cun resumo de "La novia cadáver" escoitado na mesa do lado nunha cafetería onde estaban dous matrimonios con nenas de 3 a 5 anos. A máis pequena quería ver un pouco da película ao volver a casa e cando lle preguntan de que vai, non sabe ben que dicir, entón o pai explícallo á outra mamá que preguntou:

" Va de un hombre que se casa con la misma mujer que es cadáver, pero en el futuro, sólo que el no lo sabe."-ante isto, a muller acude na súa axuda- " Se casan porque no pronunció las palabras que tenía que decir en la boda."- e o pai volve á carga- " Como ves es algo complicada, no creo que Alicia la entienda bien."

E a foto dentro da foto de arriba é do Wildlife Photographer of the Year exposición que vai estar en Pontevedra e que xa estivo na Casa dos Peixes da Coruña que resulta que tamén ten flickr.

9/15/2006

Momentos

Dez meses sen estar as catro xuntas son moitos meses e é bonito ver como se mantén a amistade, como nos seguimos coñecendo igual de ben e como se conserva a complicidade entre nós.

A noite rematou sendo unha especie de pseudofestapixama entre a que todo o analiza, a que fai as cousas sen pensalas, a responsable irresponsable e a irresponsable responsable.

Momentos coma os de hoxe fan que desprazamentos nocturnos e horas de sono que non se durmen sexan moi agradables.

Recordos sonoros que traio na cabeza son o CD co audioconto de Jean Giono "O home que plataba árbores" que escoitamos nun descanso de risos e palabras e a canción "Ay, Rocío" de Joaquín Sabina que inundaba a rúa cando cheguei a casa, non sei de que ventá saía pero fixo que me parase, con nocturnidade e alevosía, a escoitala. Cando rematou, decidín escribir isto.

Hai momentos que aledan a vida.

9/10/2006

Conclusións do día

1. O décimo

Ela acabou traendo moitos cartos a casa, que andaba con homes por aí. Un día díxolle ao home que quería ir a Mallorca e como el xa lle comentara que non lle apetecía moito, convenceuno de que estaría ben se ía ela soa...e foise co querido. Cando voltou aínda viña con máis cartos e a explicación foi moi simple:
- Merquei un décimo en Mallorca e tocoume, e despois volvín a xogar a metade do décimo e volveume a tocar!!
- Pois mira que tiveches sorte eh?
Chegou un momento en que a muller xa tiña moitos cartos e decidiron facer unha viaxe xuntos a Canarias. Unha vez na praia foron para a auga, e ela ía aló diante e seguía meténdose máis e máis e dille el:

- Ou María, non vaias tan lonxe que se che molla o décimo!!!

2. Infidelidades que non infelicidades

Non me gusta nada o tratamento que lle dan á infidelidade nalgúns filmes que andiven vendo ultimamente. Non todo ten que ser tan terrible, de feito, todo é tan trivial que non se debería mesturar nunca o que é sexo co que é amor. E nunca se debería xulgar a ninguén sen saber que tipo de relación ten coa súa parella/s, hai cousas que so interesan aos que lles teñen que interesar.
As que non me gustaron:
Infiel
Match Point
Último tango en París
Lo que la verdad esconde

Terei que ver para opinar:
La habitación azul
Closer
Eyes wide shut (a ver se non a remato durmindo outra vez)

3. Cada cousa no seu tempo e a malla en agosto. Claro que tamén podemos deixar de facela.

Vive La Fête. Maladie D'un Fou.

Tu es la
tu es comme dans mes reves de soi
perdu dans les fantasies de nuit plus
que jamais je n'ai pens de cette vie
oui mes reves sont plus fort que ca
mettes ta joie dans la femme de ta jeunesse
c'est la maladie, maladie d'un fou
c'est l'enfaible qui ce marie par amour
maladie, maladie d'un fou
tout les nuits tu es comme ca
je suis la frois dans tes bras
est-ce qu'il y a une vie si je reste ici
l'amour est nul mais masqu
c'est ok ca je le sais
tant fois tu m'as dit c'est une autre vie
c'est l'enfaible qui ce marie par amour
maladie, maladie d'un fou

9/06/2006

Julio en Setembro



Xa voltamos ao traballo e o que se supoñía un reencontro feliz e cun montón de historias que contarnos quedou a un lado, ante a nova da morte dun compañeiro de traballo. Sempre tiña algo que dicirnos e comigo conseguía que me parase no medio do pasillo a pensar a ver que lle respostaba. O rapaz do mes de agosto (Roberto, sen non me engano) tróuxonos un día 6 almanaques dos bombeiros da Coruña, seica lle dixera que había unhas rapazas onde traballaba, tolas por coñecelos a todos, sempre nos tiña sorpresiñas.

No tanatorio e no funeral houbo algo que me chamou moito a atención e que poida que non teña máis importancia porque non teño ido a moitos enterros. Puido ser cousa do sitio, pero aquelo non parecía un velatorio: había mesmo risos entre a xente e unha tranquilidade enorme.
Quero pensar que cada un de nós deixará unhas sensacións nos que queden e que cadrarán, máis ou menos, coas que lles faciamos sentir en vida. Este home deixa moitos risos e no traballo botaremos de menos ese cheiro a tabaco que faciamos que non sabiamos de onde viña: metíase nos aseos e fumaba alí o seu cigarro...esa era a actitude, nin lei nin nada.

Tiña idea de falar da deshumanización da morte, do sinxelo que resulta asumila cando se negan as emocións e se esquiva a dor, do rápido que parece que nos esquecemos da xente, do asépticos que nos volvemos...pero non quero, cada momento, cada persoa e cada circunstancia é única.

E para que vexades que este non é un post triste e que cada un ten que ser lembrado como se merece, aí vai unha das últimas cousas que lle escoitei:

O outro día atoparon no aparcamento da Torre de Hércules as tantas da noite a unha parella de policías nacionais. Excuso dicir o que estaban facendo, xa sabedes, triquitraque, non? O conto é que a el metéronlle 3 anos...
E a ela?
A ela entre 15 e 20 centímetros.