
Como o sábado nin fun ver a Fanfare Ciocarlia no Reperkusión, nin a The Homens en Desarmando Teo en vez de amargarme de mala maneira, o domingo arrancamos uns cantos cara Monforte de Lemos, máis que nada, para dicir que non somos dalí.

Despois de andar un pouco pola cidade, collemos cara o embalse de Belesar onde paramos na praia de Cobas. Despois veu o rallie do día, en Chantada vimos que por alí preto había unha fervenza (da que agora non me lembro o nome) pero non demos con ela, chegamos a Os Peares e fomos dar a volta a Coles, á beiriña de Ourense xa. Pasar, pasámolo ben, que é o que conta.
Así por contar algo máis, déixovos cun resumo de "La novia cadáver" escoitado na mesa do lado nunha cafetería onde estaban dous matrimonios con nenas de 3 a 5 anos. A máis pequena quería ver un pouco da película ao volver a casa e cando lle preguntan de que vai, non sabe ben que dicir, entón o pai explícallo á outra mamá que preguntou:
" Va de un hombre que se casa con la misma mujer que es cadáver, pero en el futuro, sólo que el no lo sabe."-ante isto, a muller acude na súa axuda- " Se casan porque no pronunció las palabras que tenía que decir en la boda."- e o pai volve á carga- " Como ves es algo complicada, no creo que Alicia la entienda bien."
E a foto dentro da foto de arriba é do Wildlife Photographer of the Year exposición que vai estar en Pontevedra e que xa estivo na Casa dos Peixes da Coruña que resulta que tamén ten flickr.
13 comentários:
Muitas grazas pola ligazón, descubrina no Technorati.
Gostoume o teu bló e fago o propio.
Saudos.
Fai só dous dias que cheguei e a túa excursión xa me produce morriña...
Coñezo todos eses lugares e son un encanto.
Muitos bicos.
Con permiso copiopego o da noivacadáver. Absolutamente xenial!!! encantoume.
Beixiños
Pois ainda pasaches ben perto de Acedre.
Un saudo.
Menuda viaxe, que linda!!.
Unha aperta.
:)
Un bo paseo, sen dúbida. Por certo, como é que pasaches de Besbellinha a Besbella?
Pois sigo sen saber onde queda Acedre...e veloso, seica teño que medrar algún día, pero non estou convencida de todo.
Apertas a todos.
O COLECTIVO LITERARIO SACOU estrea web.
Depois de 8 anos de existência, traslada agora a sua laboura mais efémera à rede.
www.sacou.blogspot.com
Desde onde se poderam lêr textos dos seus membros, opinións e actividades deste grupo literario pioneiro em Galiza.
Take a break and get away from it all. Take a Alaskan Glacier Cruise to rid the stress!
Acedre é unha parroquia de Ferreira de Pantón e está entre Os Peares, o Sil e o río Cabe.
que fermosa zoa escollichedes...
bicos
Mira que non asistir ao Desarmando...bos grupos,bo licor café...saudos dende Teo
Curiosa sinopsis, acongojante cuanto menos. Chispitas de chiste que nos da la vida diaria de a pie!Saludo!
Enviar um comentário