
A noite rematou sendo unha especie de pseudofestapixama entre a que todo o analiza, a que fai as cousas sen pensalas, a responsable irresponsable e a irresponsable responsable.
Momentos coma os de hoxe fan que desprazamentos nocturnos e horas de sono que non se durmen sexan moi agradables.
Recordos sonoros que traio na cabeza son o CD co audioconto de Jean Giono "O home que plataba árbores" que escoitamos nun descanso de risos e palabras e a canción "Ay, Rocío" de Joaquín Sabina que inundaba a rúa cando cheguei a casa, non sei de que ventá saía pero fixo que me parase, con nocturnidade e alevosía, a escoitala. Cando rematou, decidín escribir isto.
Hai momentos que aledan a vida.
3 comentários:
...tinhas que terlle botado unha peza... [dorfun]
a amizade cando se pon a proba é cando non hai un contacto de cote, se non é costume. Se cando se volve a ver a un amigo, semella non ter pasado o tempo... é que esa amizade é algo moi forte, un xeito de amor. Non sei se me explico moi ben, pero a min xa me ten pasado o que contas neste post
unha aperta
di que si nemeth, por cousas coma esa deberiamos sentirnos todos afortunados.
Dorfun, non se me da nada ben bailar.
Enviar um comentário