9/27/2006

Landras en Madrid ou "E ti de onde es?"


De todo o que podía contar da estancia madrileira so vou dicir que se me esqueceron uns pantalóns no sitio no que me hospedei (trato impagable, por certo) e non foron os que tiña postos este día:


O Retiro está cheo de castañas de Indias, pero xa levaba unha no bolso da fin de semana pasada e, como sempre dixen, que viva o producto nacional. De feito, na horta que teñen no Real Xardín Botánico hai "coles gallegas" e "grelos de Santiago"(estes últimos mellor pillalos en Ordes)...eu collín unha landra do chan.

O conto é que iamos a un congreso e aí van unhas cantas ligazóns:

MS Madrid 06

AEDEM-COCENFE

FELEM

ms-network

Saúdos xa dende a casa y que bien nos lo pasamos.

2 comentários:

Veloso disse...

Iso de que esqueciches os pantalóns hai que aclaralo máis. En que circunstancias ocorreu esa perda?
Por outra banda, vexo que o pasaches ben en Madrid. Debe de ser horroroso vivir alí, pero é unha cidade fermosísima para pasar uns días e dar uns bos paseos.
Que pases boa finde.

besbe disse...

Sigo crendo que hai historias que non valen para ser contadas por aquí pero non se preocupar: aínda teño que vestir. Boa finde igualmente :) que eu tentarei pasalo igual de ben que a pasada.