O libro é "Digital Diaries", de Natacha Merrit, unha rapaza que comezou a sacar fotos da súa intimidade e da dos seus amigos coa cámara dixital. Eric Kroll, fotografo fetichista, atopouna polas fotos que colgaba na rede.
Os de Taschen din que, vendo estas fotos, un pode reflexionar sobre a intimidade, a publicidade e o narcisismo nestes tempos da idade dixital, mesmo chegar a algún tipo de autoexploración coa axuda da cámara. A Merritt di que ela atopou un xeito de masturbarse a súa maneira no novo milenio.
De momento no flickr non teño fotos desas e mañá agasallareille a alguén "Tres segundos de memoria" de Diego Ameixeiras ... pero quero ter Digital Diaries e unha cámara dixital na man xa!!
Ah, deixáronme carbón, pero como non teño cámara non poido demostralo.
12 comentários:
¿e logo, queres a cámara e o libro para imitar a esta rapaza?
Se os reis levaron carbón é túa casa igual non foches boa abondo este ano. ;-)
E ti vesme ensinando cacha ghanito? E no caso de que a tivese que imitar, tería que tirar fotos de amigos/as tamén e entón non te ías librar de ser inmortalizado.
Boa sempre son, sábelo de sobra :)
Que casualidade !. Eu recibín o libro ese de Diego Ameixeiras.
Un saúdo e a ver se os Reis che traen esa cámara.
Parece moi interesante o libro, este nadal, a min regaláronme un da mesma editorial Taschen, o título, por se che interesa é: The Christy report. É sobre a fotografía erótica do último século, a min gustoume bastante :P
Na camara de fotos, podo dicirte que debido a que a miña morreu definitivamente, puiden autoregalarme unha moi chusquiña.
Un biquiño e sorte!
Pois que che traigan a cámara canto antes logo.
Unha aperta.
:)
Creo que o da súa cámara xa é cuestión de interese nacional, se fai falta falamos co goberno ;)
entendo que estar sen cámara pode ser un suplicio. Resignación mentres non chega a nova. Saúdos.
Non te sintas mal, a miña cámara está no centro de reparacións "Olympus" en Madrid, pobriña... viaxe directo con Seur.
Interesante o poder que a era dixital lle concedeu ao "narcisismo".
Feliz Ano!
É unha mágoa. Voando unha cámara para besbellinha pero xa!
E mentres... como se che dá o debuxo?
¿E se facemos unha colecta para a cámara esa? Admítese efectivo ou con tarxeta.
Admítese de todo raposo :) e mentres tanto sígome resignando como di X.
E pensando no narcisismo, eu penso máis na espionaxe ou no voyeurismo, de meterte na vida dos demais sen que sexan de todo conscientes anque nos dean permiso.
Gracias pola recomenda natyara e agardo que che guste o libro paideleo (acedre sígueme gustando máis :P)
Eu mentres mirarei para as fotos de marinha :D
Ah, por certo, a pirámide doume unha idea, anque as miñas dotes no que a pintura se refire deixan abondo que desexar...pero vouno tentar, xa veremos que sae, un bico!
Vaia! É a primeira vez que un comentario noso xenera algún tipo de impulso artístico. Agardamos impacientes os resultados. Por ánimos que non sexa.
Outro bico.
Enviar um comentário