2/11/2007

Elisete

Elisete-Gaauga (Saudade)



Que alegrías se poden chegar a recibir no correo, e desta vez son alegrías musicais da man de Elisete. Elisete é unha moza brasileira que vive en Tel-Aviv e diredes vos, que pinta unha brasileira en Israel? Pois o mesmiño que pintou un galego nos EEUU ou o que pinta agora outro en terras teutonas: o amor que todo o pode. Elisete leva xa 15 anos en Israel e o ano pasado editou o seu segundo disco "Gaauga" con letras en hebreo e portugués pero, como di ela, de ritmos ben brasileiros.

A verdade é que, a min polo menos, chámame a atención recibir de Israel música de aires brasileiros, pero a día de hoxe, con tanto trafego de xente dun lado para outro e onde cada día as distancias se fan máis pequenas e se convirten en ínfimas gracias a internet, tampouco é de extrañar tanto. De tódolos xeitos sempre queda un pouco de "Gaauga": esa morriña por Brasil é a que lle da nome a este disco.

Elisete-Capoeira



Elisete di que a música israelí precisa dunha mensaxe optimista por parte dos artistas e que ela so ten intención de aledar un pouquiño a vida da xente que alí vive dadas as dificultades que se lle presentan no día a día e que ten a esperanza que algún día os conflictos en Oriente Medio se solucionen. E aquí conto eu a historia dun dos seus temas "Lifaamin" do anterior disco "Luar e Cafe", as súas cancións contan cousas alegres pero "Lifaamin" ten unha historia triste, fala sobre a perda dun amigo, sobre a xente que se vai nos ataques terroristas (piguim) etc...ao día seguinte de compoñela recibiu a noticia da morte dun amigo no Brasil e comprendeu por que a canción era tan triste. Esta é:

Lifaamin-Elisete


E se non recibistes este agasallo musical no correo hoxe e tedes curiosidade por saber máis desta rapaza aí van unhas ligazóns:

Elisete.com onde podedes baixar algúns dos seus temas.
Luar e Café, 2004
Gaagua, 2006
Elisete Retter no myspace

Xa a maiores, dicir que este último disco adícallo a Ehud Manor, que faleceu no 2005 e que a apoiou moito. Para quen non saiba quen é Ehud Manor (aquí, unha entrevista), resulta que foi un grande compositor israelí e, ademais, autor de "Abanibi", esa canción que gañou no 78 Eurovisión.

E creo que non me quedou máis nada por dicir, so os mellores desexos para Elisete!

3 comentários:

Anónimo disse...

Que grande cançom essa do Abanibi, foi a primeira vez que cantei hebreu Abanibi aboebe patacas fritas com bisté... o amor todo o pode sempre que haja amor! (tinha-o que dizer). Por certo a verificaçom de palavras deixa-nos este neologismo isuzbma que em idioma wachuwachu quer dizer bom rolho!

paideleo disse...

Graciñas pola referencia.
Agora teño a conexión básica e non podo mirar eses vídeos e é unha mágoa.
Un saúdo e que topes un bo choio o antes posible ( polo menos para pagar copas nocturnas ).
Un saúdo.

besbe disse...

Paideleo, choio teño abondo, a miña tristeza era por outras causas, pero como ben di o Gustavo Harvey isuzbma, isuzbma con copas e sen elas.

E tamén é certo, o amor todo o pode sempre que haxa amor e nos casos mencionados creo que hai abondo :)