2/14/2007

Conclusións do día (II)

As miñas conclusións sempre son sobre o mesmo tema, e tanto me gustaron os comentarios de hoxe que os deixo aquí para non esquecerme deles nunca:

1. "O amor de hoxe é máis falso ca un euro coa cara de Franco" (Sak dixit)

2. A amistade vai ser sempre mellor que o amor: "Vivan os amigos pra chingar!" "Viva!" by os xemelgos Harvey e Sobchack.

3. A mellor declaración de intencións: "Non che prometo amor, para que mentir, pero heiche prometer unha visita de cando en vez" (an sincerándose)

4. A sabedoría de a pirámide:"Un día libre ao ano non fai mal"


E para celebrar a amistade, el amor e a vida voulle tomar algo cuns amigos e a miña Estrella querida. E si, vos quiero.

E unha visita ao fodemillo nunca vai mal.

12 comentários:

Anónimo disse...

o amor é incerto ou non é, que non é unha praza de funcionario no concello. Cousa distinta é o sexo, ainda que sexa parte fundamnetal tamén no amor.

E a amizade é inmutable ou non é amizade, será outra cousa.

Se non hai amor que haxa sexo e amizade, e se hai amor tamén, claro.

Páseo ben, eu tamén prometo visitas.

besbe disse...

Un lío, vamos, ti visita e punto, que farei o propio :)

A pirámide disse...

Amor por un lado. Sexo por outro. Non pode ser todo no mesmo día (quero dicir día de celebración, embalados).
O 14 de febreiro é día dos namorados e punto. Para o sexo buscamos outro día (outro día de celebración se entende). Eu propoño o 6 de setembro. Dou por feito que sabedes por que. ;)

Anónimo disse...

Un pouco lío o argumento de Ghanito. Para o caso: amor, sexo e amizade poden vir xuntos ou revoltos. Pero o 14 de febreiro NON é o día dos namorados. Como di un amigo, é o día dos floristas e do Corte Inglés. Calquer parella de namorados ten o seu día, e é practicamente imposible que coincida cun 14-F.
Besbe, non lin o blog en toda a semana, felicítote con atraso. Moi Lewis-Carroll: feliz día de non-aniversario!

paideleo disse...

O amor existe, igual que existen os raios verdes. Pero tanto estes como aquel son dificiles de topar.
Un saudo e gracinhas pola visita.

besbe disse...

Redios, que o meu aniversario é por San Andrés, que o anterior era parte da pseudonovelaplaxiadora (que ninguén le, polo que ando a ver :D) pero de tódolos xeitos a culpa é miña por dar pé a equívocos.
Paideleo, como caprichosa que son: quero o meu raio verde. E gracias aos dous por pasarvos por aquí :)

Zerovacas disse...

Eu quedo coa segunda conclusión: A amistade vai ser sempre mellor que o amor: "Vivan os amigos pra chingar!"

Pois iso, viva!

Zerovacas disse...

Ah, e non te perdeches moito no concerto de Dorian. Estivo un pouco frouxo, estou seguro que moito peor que o de 6PM

besbe disse...

Pois se se vai aos sitios hai que avisar aos amigos zerovacas, máis ca nada para facer montón e comentar a noite (anque eu desa noite so poida comentar a soneca que botei). Así que para outro evento a poñerse todos en contacto y tal, se che parece, claro.

E vivan os amigos!

lourixe disse...

Vaia, que burriña son! Confundo a realidade coa ficción! :-P
Con todo a miña felicitación é válida para todos os días do ano... agás a San Andrés! (É o bon de ter 364 días de non-aniversario no ano!)
E únome ao vítor: "Vivan os amigos para chingar!" XD

mariademallou disse...

o de foder cos amigos ten cousas boas, como que evita a típica charla pre-rollo. como xa vos coñecedes, non ha lugar a estar unha horiña ou dúas quedando de ghuai diante do outro.
agora ben, as charlas post-rollo cun colegha son bastante longas.
e iso só falando de sexo. se nos metemos no do amor a cousa complícase arreo...
de calquera maneira...para que vale o amor? os amighos fanche compaña igual e non esixen nada a cambio. o amor é todo dar. mimá. quei cansa.
;)

besbe disse...

Convencidísima, que eso de quedar guai da moito que facer e as charlas post-rollo sempre son máis interesantes. Bicos marisyde e todos a facer amigos.