9/10/2006

Conclusións do día

1. O décimo

Ela acabou traendo moitos cartos a casa, que andaba con homes por aí. Un día díxolle ao home que quería ir a Mallorca e como el xa lle comentara que non lle apetecía moito, convenceuno de que estaría ben se ía ela soa...e foise co querido. Cando voltou aínda viña con máis cartos e a explicación foi moi simple:
- Merquei un décimo en Mallorca e tocoume, e despois volvín a xogar a metade do décimo e volveume a tocar!!
- Pois mira que tiveches sorte eh?
Chegou un momento en que a muller xa tiña moitos cartos e decidiron facer unha viaxe xuntos a Canarias. Unha vez na praia foron para a auga, e ela ía aló diante e seguía meténdose máis e máis e dille el:

- Ou María, non vaias tan lonxe que se che molla o décimo!!!

2. Infidelidades que non infelicidades

Non me gusta nada o tratamento que lle dan á infidelidade nalgúns filmes que andiven vendo ultimamente. Non todo ten que ser tan terrible, de feito, todo é tan trivial que non se debería mesturar nunca o que é sexo co que é amor. E nunca se debería xulgar a ninguén sen saber que tipo de relación ten coa súa parella/s, hai cousas que so interesan aos que lles teñen que interesar.
As que non me gustaron:
Infiel
Match Point
Último tango en París
Lo que la verdad esconde

Terei que ver para opinar:
La habitación azul
Closer
Eyes wide shut (a ver se non a remato durmindo outra vez)

3. Cada cousa no seu tempo e a malla en agosto. Claro que tamén podemos deixar de facela.

Vive La Fête. Maladie D'un Fou.

Tu es la
tu es comme dans mes reves de soi
perdu dans les fantasies de nuit plus
que jamais je n'ai pens de cette vie
oui mes reves sont plus fort que ca
mettes ta joie dans la femme de ta jeunesse
c'est la maladie, maladie d'un fou
c'est l'enfaible qui ce marie par amour
maladie, maladie d'un fou
tout les nuits tu es comme ca
je suis la frois dans tes bras
est-ce qu'il y a une vie si je reste ici
l'amour est nul mais masqu
c'est ok ca je le sais
tant fois tu m'as dit c'est une autre vie
c'est l'enfaible qui ce marie par amour
maladie, maladie d'un fou

8 comentários:

Asimè Triko disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Asimè Triko disse...

Pensei que a Infiel que viras era a de Liv Ullman, que por certo, recoméndocha, aínda que cun aviso: é sueca ;)

Bo chiste o do décimo e tamén o do outro día dos polis nacionais. Conteino hoxe na taberna e riron.

X disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
X disse...

Perdón, confundírame.

besbe disse...

Pois xa quero saber eu cal foi a confusión :)
Sr nohara, agardo que teña máis gracia ca min contando chistes (e arriba ese ánimo ou o que sexa que estivese baixo... que xa que falamos de suecas...)

torredebabel disse...

a pior infidelidade é a que cada quen ten cun mesmo. O resto, xa importa menos...

Anónimo disse...

Respecto da infidelidades fílmicas dicir que coincido contigo en 'Infiel' e 'O que a verdade esconde'; 'O ultimo tango' hai tanto que non o vexo que nin podo comentalo, mais 'Match Point' pareceume fantástica, a aínda que me encanta Woody Allen sorprendeume moito este tipo de película. Das que tes que ver só vin Eyes Wide Shut e persoalemte me parece pésima, pero xa se sabe, "sobre gustos.."


Respecto das infidelidades reais concordo con Torredebabel, en que a peor é a que un se fai a si mesmo, e como ti dis Besbelliña ninguén debería xulgar a ninguén desde fóra, sen saber o tipo de relación que mantén esa parella.

Co que non coincido é co de non mesturar amor e sexo, non teñen que estar necesariamente unidos, mais tampouco necesariamente separados...todo depende do que lle pidas a cada un deles.

Anónimo disse...

Hola a todos logo dunha longa ausencia.
Con respecto ás infidelidades eu penso que o máis feo que hai niso é o que ten de traizón, de deslealdade. Se eliminas esa compoñente, todo se atenua moitísimo. Se existise un acordo mutuo no cal os dous aceptan darse certa marxe de liberdade mutua, seguramente a cousa non resultaría tan traumática. E con frecuencia, ao caer “a prohibición”, tamén cae grande parte do interese. En fin, sómoche así de rariños.