2/18/2007

O quentamento global do planeta e a extinción dos dinosaurios: as respostas

A primeira resposta ven da man de Dana Rohrabacher, membro da Cámara de Representantes dos EEUU (o Congreso segundo entendo eu). Este home, do partido republicano, enorgullécese que o seu distrito fose case cuna da polémica proposta 187 de California do ano 94, que pretendía negarlle aos inmigrantes indocumentados servicios sociais, médicos e educación pública. A proposta aprovouse anque logo foi declarada anticonstitucional polas Cortes.

Pois este home tan ilustre pensa que o quentamento global do planeta non ten que ver coa acción contaminante do home nin nada deso. De feito xa houbo outros ciclos de quentamento anteriores e el ten a súa propia teoría: "Non sabemos a que foron debidos eses ciclos no pasado. Puido ser a flatulencia dos dinosaurios, ti sábelo, ou quen o sabe?"

Non dixen que Rohrabacher, ao contrario que á maioría dos membros do Partido Republicano no Congreso, é partidario do uso terapéutico da marihuana. Vai ti a saber se foi eso o que lle inspirou a teoría dos peidos dos dinosaurios. Textualmente o home dixo o seguinte:

"ROHRABACHER: So, whether or not how dramatic this change will be, or is, what it’s caused by, are things that honest people, I think, can disagree with, and I really personally, having been a journalist, the first thing I was always cautioned by when someone was claiming, well, everybody is on my side, or everybody says this, or there is a total consensus, almost always when people said that to me over my years as a journalist, it wasn’t true. It was that there were honest people who disagreed and significant disagreement on such issues. We don’t know what those other cycles were caused by in the past. Could be dinosaur flatulence, you know, or who knows? We do know the CO2 in the past had its time when it was greater as well. And what happened when the CO2 was greater since then and now? There have been many cycles of up and down warming. So with that said, I think that we’ve had a great discussion today."

O video onde este señor expón a súa teoría está en www.thinkprogress.org, aquí.

E a seguinte cuestión a tratar é por que se extinguiron os dinosaurios, que neste vídeo se clarifica totalmente:

Extinción dos dinosaurios



E vendo isto e xuntándoo coa teoría de Rohrabacher, definitivamente e polo ben da saúde do planeta, adiante coa apocalipse do porco. Treme ghanito!

5 comentários:

Anónimo disse...

hahahahaha

¡medooo!

moucho branco disse...

Creo que os noconservadores poden demostrar que o quentamento global non é culpa das actividades contaminantes da grande idustria nin nada polo estilo, senón do incremento da pornografía... o que demostra que unha vez mais é culpa dos liberais.

Por certo, o outro día non vin o teu correo até chegar pola noite, por iso dinche un toque cando quedáramos, desculpa.

Basho disse...

Concordo com Moucho Branco. Eles querem mais é que a malta tenha dúvidas do perigoso que é seguir a emitir CO2 tal e como o estamos a fazer. Já esquecimos o que conta Al Gore no seu documentário?

En quanto o vídeo que mostras. Haveria que considerar a extinção do dinosaurio pequeno como um "efeito colateral" da extinção do grande? Como diriam os Tonechos: Minha nai querida!

Anónimo disse...

Sabedes que en Nova Zelanda sancionan ós gandeiros polo peidos das súas vacas??? Pagan un canon por cabeza de gando, xa que, hai varias veces máis vacas que persoas e contaminan co metano dos séus peidos. Este país pasa por ser a vangarda do ecoloxismo. Vai tí a saber se o dos dinosaurios ten algo de certo... Xa non sei qué pensar.

besbe disse...

Ai madre, entre o da pornografía, os efectos colaterais e as vacas de Nova Zelanda eu tampouco sei xa que pensar. Definitivamente vivimos tempos estraños.

Un saúdo a todos e a ver se non se lles ocurre aquí por canon tamén.