2/26/2007

Sobre da violencia e as mulleres

Creo que esto é o que andan a buscar os que veñen de aquí.

6 comentários:

paideleo disse...

E hoxe houbo un caso destes no Porriño. Eu sigo sen entendelo.

besbe disse...

Eu tampouco, é a cousa máis noxenta de moitas que se me ocorren.

Anónimo disse...

Non podo soportar ver máis casos de violencia de xénero nos medios de comunicación. Cada vez que vexo un bótome a chorar e dígome a min mesma con rabia "Quero facer algo por elas, preciso facer algo", pero non podo facer nada. O único que sei é que puiden ser unha máis da longa lista e agora, despois de algo máis de dous anos dende que escapei desa cárcere psicolóxica e de ameazas, o medo segue aí, e non sei se algún día se irá.

Gracias polo teu artigo e pola túa boa conciencia, oxalá algún día todo o mundo se conciencie e acabemos con esa lacra.

besbe disse...

Alédome por ti e de que poideses recuperar a túa vida de novo, anque supoño que unha nunca se poderá esquecer do que pasou. Eu penso que dando ese paso xa estás axudando a moita xente co teu exemplo.

As gracias a ti, porque estás aí e podes axudar dese xeito: estando. E eu tamén agardo que remate esta lacra.

Unha aperta grandísima.

Anónimo disse...

Link...

www.womenlobby.org

...do Pito

besbe disse...

Para o pito:

Non máis bágoas de sal
si aos risos sen fin
na túa compaña ao bailar
alá onde moras ti.

da Besbe (gracias pola ligazón)