Mira que eu non son fan de Miguel Bosé pero teño que dicir que o concerto en Pontevedra estivo xenial: puntual e case dúas horas cantando que los chicos no lloran, contando as diabluras de don diablo, berrando seré tú amante bandido e dicir bien, bien, bien, nadie como tú me sabe hacer un café. Paseino pipa entre o abarrote da xente.
O mellor do concerto foi poder ver e escoitar a Mili Vizcaíno, a rapaza da dereita, que o acompaña nesta xira. E se algún día queredes escoitar bossa-nova ben cantada (ou calquera outra cousa), chamádea a ela.
Eu sigo con Nena na cabeza.
5 comentários:
Ostras, cantou Don Diablo? X'D
E ben cantado, por certo :P
E a de "Morena mía" tamen?
Tú sí que sabes, Besbe!
Bicos
a nova mistura con julieta venegas de morena mía é sen dúbida unha das cancións do ano, espectacular!!
Enviar um comentário