Como está de dios que as reunións de Beers&Blogs do Corublogs se me resisten por circunstancias varias, voume integrar no grupo doutro xeito (porque nos foros como que tamén participo pouco). Lordmax manda un meme bastante sinxelo:
-Facer un listado de 8 cousas, as que sexan.
-Escribir esas 8 cousas no blogue e explicar como vai o meme.
-Seleccionar a 8 persoas para que o sigan e poñelos no blogue.
-Deixar un comentario no blogue conforme foron convidados a xogar e facendo referencia ao propio post "O meme das 8 cousas"
Pois aí vai, o que saia.
1. A eterna búsqueda da felicidade. Pode chegar a ser algo tan imposible que fai de calquera persoa unha amargada. Ás veces pásame, que non sei disfrutar o momento e que ando pensando nas posibles cousas que poden ir mal, en vez de centrarme no momento e decatarme de que, realmente, nunca fun tan feliz na vida.
2. Meu pai, miña nai e meu irmán. Cada día valoro máis ter familia, ter esta familia. A pesar de todo, que non é pouco.
3. A xente que me quere e que quero. Persoas ás que non coido e que me coidan, ás que nunca lle estarei o suficientemente agradecida. O apoio que recibo penso que nunca é ben pagado e haberá que aprender a facer sentir aos demais todo o que me fan sentir a min.
4. Empatía. Unha cualidade que se debería valorar moito máis.
5. A música, que me uniu a moita xente e me descubre moita máis.
6. A noite. Porque fai que todo se vexa doutro xeito e sempre é preciso outro ambiente no que gastar toda a enerxía que dá a claridade do día.
7. A capacidade de crear. É marabilloso ter ideas, ter proxectos e ser capaz de levalos a cabo.
8. Todo aquelo que conte unha historia, que mereza ser visto, lido e escoitado.
E se queren participar: Gustavo Harvey, Mario, A Raiña Vermella, A rapaza do arco, Zerovacas, Ghanito, Elianinha e Arume dos Piñeiros. Entenderei que non queiran porque, todo teño que dicilo, ás veces os memes non apetecen, pero aí queda.

9 comentários:
me perdi.... podes-mo volver a explicar?
Feito (son tan ben mandado ás veces...)
OS MEUS OITO COMENTARIOS SOBRE AS TÚAS OITO COUSAS
1. A felicidade, coma o sufrimento son eternos. Non hai que buscalos, só saber valoralos na medida xusta.
2. A familia tócache a que che toca, e quéreslle porque é a túa e entre todos bótaselle leña ó lume á hora de cocer.
3. E tamén aquelas que desde lonxe te queren e non cho din.
4. Empatizar non é sinxelo, poñerse no lugar do outro, imposible.
5. A motivación que estaba por chegar.
6. O tempo e espazo no que sempre fuches outra ti.
7. Todos temos esa capacidade dentro pero poucos se atreven a botala fóra. Espirse en público pódeche dar coraxe.
8. E sentido, porque hai experiencias que morren ó poñelas en palabras, imaxes ou sons.
Pois xa está, listo :)
chamoume a atención que falases da empatía, porque é algo que normalmente ninguén pon na caixa das "cousas grandes" e que resulta fundametal no trato cos demais, a pesar de que pouca xente a cultiva.
Fareino, que facía tempo que non andaba eu cavilando nestas cousas. Escribo tanto e de tantas cousas e tan mal que nin siquera teño tempo para pararme a pensar. Pero por Besbelliña iría eu ata a mesmísima Coruña.
Non só cumprín: gustei. E moitas gracias por lembrarme. Bicos de nait.
Tu propuesta trasciende :-))
Bicos, Andrea
http://cobis.blogspot.com/2007/11/no-sin-asombro-esta-maana-me-descubr.html
cobiñas, non pensei que fose a espallarse así un meme, ademais alédame moito ver a cantidade de cousas interesantes que saíron daí.
Harvey, estás tardando.
Ghanito, sempre o es.
Arqueira, unha vez máis estou de acordo contigo, a min paréceme algo moi fundamental para todo tipo de relacións e, sobre todo, á hora de emitir opinións. Hai que poñerse no sitio do outro.
Arume, saiba vostede que nunca me esquezo de vostede :)
Anónimo, gustaríame que foses quen eu penso que es. E todo aquelo que mereza ser sentido...ás veces téntase non esquecelo e mesmo voltar a recuperalo, anque sexa doutro xeito, plasmándoo nalgo tanxible.
feito, moza. Por certo, que xa teño ganas de parolar unha miga contigo.
Enviar um comentário