11/28/2007

Misión Imposible

Ás veces cando temos metas, obxectivos ou nos plantexamos retos a nós mesmos, tamén precisamos contarllos aos demais coa fin de afianzarnos na nosa decisión e darnos ánimos, posto que canto máis xente coñeza o que queremos facer, con máis ilusión traballaremos para lograr iso que desexamos acadar.

Tenteino cando quixen deixar de fumar e o fixen público e fracasei estrepitosamente, agora volvo a ter outro obxectivo (moi distinto a ese vicio) e antóxaseme misión imposible, pero se o digo aquí igual me obrigo a facer todo o posible para acadalo. De momento deixo escrita esta anotación para lembrarme a min mesma aquelo que quero facer. Pode que non sexa tan imposible se me esforzo.




20 comentários:

Anónimo disse...

Sexa o que sexa, ánimo arqueira, non temos ningunha dúbida de que ti podes darling e o conseguirás (be sure dear).
A Madriña trust in you

Elianinha disse...

Pois ánimo e adiante

A pirámide disse...

Ai, Besbe. Temos nós no choio misións imposibles todos os días e non vas poder ti con esta? Veña por ela! Coma se foses funcionaria.

Ra disse...

Avanti, compañeira.

Anónimo disse...

Sae do meio da escada!!! Que nom sabes que esses inventos do demo existem pra ir algures?

Vamos vamos que já remata este ano e logo virá outro ;)

Con dios!

Zerovacas disse...

animo, ti podes!!

Nuca disse...

son especialista en misións imposibles de min mesmo. Lévame un número incerto de intentos, pero ao final consigoo.

Por exemplo, deixar de fumar costoume 6 intentos, 3 anos, 10 kilos (de máis) e case que o divorcio. Pero...a levo 7 anos sen fumar.

O Breogán de Gáidil disse...

Ánimo, Besbe. Sabes que confiamos en ti. Cremos en ti. Todos temos a nosa fe depositada en que o consigas. Lembra que non es infalible, que podes meter a pata e caer. Pero lembra tamén que alí estaremos para erguerte, para empurrarte cara o teu obxectivo e para darche todos os folgos que precises.

Ti tan só non nos defraudes, non nos falles. Ánimo, Besbe.

PS: Veña, rapaces: presión, presión!

Roi Buligan disse...

Que será, será...pois ánimo. Non che vira a remodelación do blog, quedou moi ben!!!

Veloso disse...

Adiante con ese obxectivo! Se sae, saíu, e se non sae, xa sairá outro mellor. Bicos.

Anónimo disse...

Fortuna audaces iuvat.
A occam, nin caso: fuma (e Ducados) e leva sete anos divorciado.

Anónimo disse...

xD ¡Pobre Occam!

Aquí nos blós vén un calquera e déixache a vida en bolas!

besbe disse...

Moitas gracias a todos, aos que sospeitan do que se trata e aos que non, que agardo poder darlles novas nun tempo. Agradecida especialmente a breogán que me rematou de convencer(sen menospreciar os azos de ninguén que non sabedes canto volo agradezo :*)

Occam, vas ter que dar explicacións :D

torredebabel disse...

o que sexa (non importa tanto iso), como dixo O Breogan, o importante é saber que pode ser dificil pero imposible non. E para lembralo, estamos aqui. Animo!!!!

TXARI disse...

tudo é tentalo...ánimos

Anónimo disse...

De que se trata? Así, sen rede.

Ghanito disse...

Pouca xente mais curiosa ca min hai por aí solta.
Canta cervexa precisarei para que confeses o obxectivo?

Cando o acades, avisa (douno por feito)

besbe disse...

arumes, cando o acade aviso, en serio.

Ghanito, xa veremos canto aguante teño (pouco :D, vémonos esta noite)

paideleo disse...

Eu penso que ti podes. Animo.

O´Fartura disse...

En relación ao comentario que tes feito en Singradura da Relinga,...

Estupendo Besbe:
Invítoche a participar nunha entrevista que temos concertada con Rafa Villar para publicar en SINGRADURA DA RELINGA e en HOMESDEPEDRAENBARCOSDEPAU.
Estamos a preparar entre Manuel e máis eu un cuestionario de non máis de dez preguntas ao autor de Memoria de Ahab. Se queres colaborar aportando algunha pregunta e publicando a entrevista en BELISCOS PEQUENOS, estamos abertos a túa participación.
Veña anímate¡¡¡