Vivimos nunha nación, comunidade autónoma, país...o que lle queirades chamar a Galiza, que é como é. Está inzada de aldeas, de pobos dispersos nos que sigue vivindo xente a pesar do abandono do medio rural, cada vez máis notable. Con todo, a aldea máis grande do mundo é a súa capital e, á súa vez, case o centro de todo o movemento cultural (e se non, a que viría facer unha megalítica Cidade da Cultura alí?).
A cultura tende a centralizarse nos grandes núcleos de poboación, por lóxica, xa que é aí onde máis xente vai poder ter acceso a ela, pero hai que considerar a peculiaridade do lugar onde vivimos...hai mundo, hai persoas, hai aínda mozos fora das grandes vilas e é a eles a quen hai que chegar, posto que se chegan os móviles de última xeración, a cultura deste país, tan rica e ultimamente tan integradora, non ía ser menos.
Por iso, Aldeas modernas.

1 comentário:
Ola Besbe:
Escríboche para informarche de que seis blogueiros e blogueiras( tres galegos e tres portugueses) estamos a desenvolver o SORTEO CULTURA MARIÑEIRA DA AMIZADE GALEGO-PORTUGUESA. As bases do sorteo están publicadas nos nosos blogues e participando entrarás no sorteo de libros de temática marítima.
Por comentar en cada un dos blogues promotores recibes un boleto de participación ata un máximo de 6. Ademáis se publicas as bases no BELISCOS PEQUENOS recibirás 7 boletos de participación suplementarios.
Amigho, un saúdo mariñeiro.
Sorte¡¡¡¡¡
Enviar um comentário