
Fomos ver a exposición sobre Man Ray "Despreocupado mais non indiferente" na Fundación Caixa Galicia enmarcada dentro de PhotoGalicia 2007. As fotografías de Man Ray gústanme, non sei exactamente que é o que me fascina, pode ser unha asociación de sentementos e conversas sobre el con algunha persoa e algunha das súas fotografías o que me provoque este interés. Tanto ten, Man Ray fixo de todo: pintou, fotografiou, esculpiu, debuxou...pouco lle quedou por facer e un pouco de todo é o que se expón en "Despreocupado mais non indiferente".
Man Ray, dadaísta confeso, é coñecido sobre todo polas raiografías, as copias en negativo e positivo do seu traballo Noire et Blanche e fotografías como Le Violon d´Ingres, Le Baiser, Prayer, Glass Tears, Erotique voilée ou Observatory Time, The lovers, entre outras.
Da exposición conto o que me interesa, centrándome no que me interesa: a cantidade de corpos nús que Man Ray fotografiou ao longo da súa vida e entre eles inclúense a fotografía que abre esta anotación, reseñada na documentación que entregan ao inicio da exposición:
Man Ray, dadaísta confeso, é coñecido sobre todo polas raiografías, as copias en negativo e positivo do seu traballo Noire et Blanche e fotografías como Le Violon d´Ingres, Le Baiser, Prayer, Glass Tears, Erotique voilée ou Observatory Time, The lovers, entre outras.
Da exposición conto o que me interesa, centrándome no que me interesa: a cantidade de corpos nús que Man Ray fotografiou ao longo da súa vida e entre eles inclúense a fotografía que abre esta anotación, reseñada na documentación que entregan ao inicio da exposición:
"No 1929, nunha reunión do surrealistas, os directores da revista Variétés, con sede en Bruxelas, anunciaron que non podían pagar o que adebedaba a publicación polas fotografías. O poeta Louis Aragon propuxo que se fixese un número especial de poesía erótica e máis tarde pediulle a Man Ray que achegase as ilustracións. Este abriu un caixón cheo de fotografías para lle amosar a Aragon que xa tiña o que precisaba: unha abundante colección de imaxes sexuais explícitas entre Man Ray e Kiki de Montparnasse. André Breton encargouse da producción do número, cunha tiraxe de cincocentos exeplares, pero as autoridades aduaneiras francesas secuestraron a revista e destruírona."
Ademáis diso a obra fotográfica de Man Ray vai amosando as distintas mulleres que pasaron pola súa vida, dende Kiki de Montparnasse, Lee Miller ou a súa muller Juliet Browner e a moitos persoeiros da época cos que tivo contacto: Marcel Duchamp, Henri Matisse, James Joyce, Jean Cocteau, Juan Gris, Picasso, Hemingway, Stravinsky, Vicente Escudero, Dalí, Coco Chanel ou Henri Cartier Bresson entre outros.
Días despois de ver a exposición, da que saín máis ou menos satisfeita, a conclusión á que cheguei é que a obra de Man Ray (filias, fobias ou despreocupacións aparte) interésame en canto amosa as distintas variantes e posibilidades de creación e experimentación sen alonxarse de temas tan terrenais como son a súa vida amorosa-sexual e o seu grupo de amigos e coñecidos que tanta influencia tiveron os uns nos outros. Vamos, que sen sabelo estaba facendo unha especie de blogue ou fotologue da súa vida e iso sempre é interesante.
Man Ray Trust
7 comentários:
Oye, pues es verdad...
Abrazo, linda Besbe.
Eu tamén a fun ver, e era moi graciosa a cara dalgunha señora escandalizada que en pleno outono baixaba as escaleiras despois de ver a particular versión de Man Ray das catro estacións.
A min o que me gusta é o que sexa capaz de sorprenderme. Pero confeso que a exposición da Coruña non foi o que agardaba. Teño lido algo sobre Man Ray, e as súas xenialidades, de experimentación coa técnica e así non había case nada. Saín un pouco defraudada.
Xa quería ir vela, pero agora con máis razón...
Unha apreta para a nova reporteira da Liga de Billarda!!!
Unha das miticas imaxes de man ray acompanhame dende hai 4 anos alo onde vou. Dende cativa me encantaran as suas imaxes. Papei unha enchenta dos videos seus (a meirande parte reunions entre amigos) nunha exposicion que fixeran del en Girona e polo que contas algunhas das fotos han de ser as mesmas que vin eu. Asi e todo, non sabia eu destas catro estacions tan xenuinas ;)
hahaha, pensei que me confundira de blog!!
Virás hoje ao concerto de franc3s e TAB em Ferrol? :)
beijinhos!
A miña incultura so é superada pola osadía que me invade. Non tiña nin idea de quen era o tal Man Ray ese.
Graciñas por despertarme a curiosidade.
Bicos
a min fascíname, a verdade... teño que achegarme vela, non se me vaia pasar
os pre-blogs, os artistas que se compartían antes de que todos puideramos, boa observación
apertas!
Enviar um comentário