12/06/2007

Blade Runner e a empatía

Roy Batty: Eu vin cousas que vos non creriades: atacar naves en chamas máis alá de Orión. Vin Raios-C brillar na escuridade preto da Porta de Tannhäuser. Todos eses momentos perderanse no tempo como bágoas na chuvia. É hora de morrer.

[Roy morre. A pomba sae voando cara o ceo. Aparece Gaff ]

Deckard (voice-over): Non sei por que me salvou a vida. Pode que neses últimos momentos amaba a vida máis do que a amou nunca. Non so a súa vida: a vida de todos. A miña vida. Todo o que el quería eran as mesmas respostas que todos buscamos: de onde veño, a onde vou, canto tempo me queda...Todo o que eu podía facer era sentarme alí e velo morrer.

Gaff: Fixo un bo traballo, señor. Supoño que xa está rematado.

Deckard: Rematei.

Gaff: Mágoa que ela non poida vivir. Pero, quen vive?

[ Corte. Apartamento de Deckard. A porta está aberta ]

Deckard: ¿Rachael? ¿Rachael? ¿Rachael?

[ Deckard atopa a Rachael durmindo ]

Deckard: Quéresme?

Rachael: Quérote.

Deckard: Confías en min?

Rachael: Confío.

[ Deckard e Rachael saen do apartamento. Camiñan cara o ascensor ]

Deckard: Rachael.

[ Rachael roza co seu pé unha pequena figura de papel. Deckard recóllea e obsérvaa detidamente. É un unicornio de origami ]

Gaff (recuerdo): Mágoa que ela non poida vivir. Pero, quen vive?

[ Deckard e Rachael abandoan a cidade en coche ]

Deckard (voice-over): Gaff estivera alí e deixáraa vivir. Catro anos, cría el. Estaba enganado. Tyrell dixérame que Rachael era especial: non tiña data de remate. Non sabía canto tempo estariamos xuntos. Quen o sabe?


Guión de Blade Runner en castelán


___________________________________


Rutger Hauer (aka Roy Batty): "Esquece o final feliz. Nin sequera me gusta o que Deckard se vaia con Rachael ao final. Para min non tiña sentido que Deckard se enamorase dun replicante. A verdade, Deckard sempre me pareceu algo enfermizo, porque o que estaba facendo era fugarse cun vibrador que parecía unha muller.

Hai xente que se enfada comigo cando lles digo iso. Sempre me din: "Non o entendeches, Rutger. Deberías ler a novela de Philip K. Dick." E o que eles non saben é que si lin o libro. E creo que a súa moralexa se reduce ao seguinte: "Pode amarte un ordenador? Non, un ordenador non pode amarte." Fin da historia."


"Como se hizo Blade Runner. Futuro en negro." Paul M. Sammon



13 comentários:

Raposo disse...

Unha das mellores pelis de ciencia-ficción de tódolos tempos. E cunha carga filosófica e poética asombrosa.

Raposo disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Anónimo disse...

Gústame (descoñecíao) o comentario de Rutger Hauer. Pouco lírico, por certo, pero quizais por iso ten máis valor. Rompe ben coa película, gaña un en distancia, o que sempre está ben.

Son Unha Xoaniña disse...

Tamén eu penso que é unha das millores pelis de ficción.
saúdos.

O Breogán de Gáidil disse...

Eu penso que a estas alturas xa non é unha peli, se non varias. Ver as diferentes versións danos ideas e conclusións algo diferentes. Sobre todo a versión sen voz "en off" (non ten enteras de nada)... Eu incluso vira unha onde non había o soño co Unicornio (logo nunca máis a puiden localizar, e mesmo cheguei a pensar se me durmira nese cacho e por iso non o vira), e xa non podes sacar a conclusión de que Deckard é en realidade un replicante.

En fin, grande película/s á fin e ao cabo.

Ana Bande disse...

Benvidos ao deserto do real, desto falou moito e ben Slavoj Zizek. Blade Runner avisaba do que xa temos, unha Second Life coma esta na que estamos agora mesmos que se disfraza de realidade para atoparlle sentido a anguria de non entender absolutamente nada de nada. Temos o presente, as nosas miserias e un pouco de pracer de cando en vez para que a festa se anime un pouco...xa todos somos replicantes, ou avatares, ou nicks ou como queiramos chamarlle a esoutro que tódolos días modelamos un pouco antes de saír da casa.

Unknown disse...

Realmente baixo o filtro da ciencia ficción, servese unha historia atemporal e real, con humanos y replicantes sin papeles que hay que perseguir, ainda que ninguen está libre por muy clasista que sexa de namorarse da sua Xulieta, xa se sabe que os amores imposibles son os que millor enraizan. Y namorarse dun vibrador pode ser cando menos ciberpoetico....

Roi Buligan disse...

Hai outra teoría besbe...un ordenador (moi especial) pode amar a outro ordenador? porque non, se o vento ama as follas por axitalas simplemente, e Rachael síntese especial por ser axitada por Deckard que non é máis que unha ovella eléctrica (teoría de Rick replicante)

Urizen disse...

O propio Roy Batty é máis humano que o resto de personaxes cando lle perdoa a vida a Deckard xusto antes de comezar o coñecido monólogo baixo a chuvia... Rutger Hauer entra nunha contradicción...

Eu lín libro e vin película e son mundos completamente diferentes ...supoño que como dixo Godard dalgún tipo de cine : ten máis valor polo que está máis aló do celuloide que polo que vemos físicamente na metraxe do filme

An disse...

unha pelicula que non tiven oportunidade de ver no cine...pero que dende que a vin na televisión pasou a ser unha das miñas favoritas...noutro orde decir que non sei se o de sargadelos o sinto por Diaz pardo ( a fin de contas e millonario) ou por o que supon perder ese balaustre da cultura galega :) SAludos apertas e milleiros de bicos

besbe disse...

Gustoume ver cantas lecturas, interpretacións e demais se poden dar do tema. Non hai que pecharse a ningunha :)

Anónimo disse...

Blade R. e Farenheit 451, 2 (con maiúsculas) películas de Ciencia Ficción dignas de ver...
A Madriña desperta, tamen soña con ovellas eléctricas

Anónimo disse...

Non é unha peli, é un fito...e a escena que aquí pos é do máis fermoso da peli. Nunca me plantexara dese xeito o que de Rutger Hauer, e probablemente teña razón...Aïnda non leín o libro, pero quero pensar que tanto Deckard como Rachel son capaces de amarse...